Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

VALES MATERIAL E FONDOLIBROS

Estimadas familias,

Benvidas ao novo curso escolar!

Informámosvos da organización para a recollida de vales de material e fondo libros (3º e 4ºEP).
O vindeiro venres 3 de setembro, en horario de 11:30h a 13:30h poderán pasar pola secretaría do centro para recoller os vales de libros e material escolar as familias dos cursos de 1º, 2º, 5º e 6ºEP.
O vindeiro martes 7 de setembro, en horario de 10h a 13:30h poderán pasar a recoller os vales e os lotes de libros as familias de 3º e 4ºEP, soamente quen teña concedida a axuda de fondolibros. Unha vez finalizado este proceso, faremos un reconto dos libros que sobran e avisaremos en caso de que se podan adxudicar os sobrantes ás familias que non lle concederon a  axuda.
As familias que non podan acudir no horario proposto, poden asignar a outra persoa, cunha autorización na que consten os nomes e DNI, da persoa titular e a persoa autorizada debidamente firmada. Poden enviar esta autorización a través do correo electrónico cep.neira.vilas@edu.xunta.gal , ou traela en man ese día. NON se entregarán vales nin libro sen dita autorización.

listaxe de material escolar tamén será publicada nos vindeiro días.



page | by Dr. Radut