Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR

 

Estimadas familias,

Levamos semanas preparando o inicio do novo curso escolar. Para poder informarvos das novidades e o propio Plan de adaptación á situación Covid-19 do noso centro, propoñémosvos tres datas para realizar unha reunión na pista cuberta do colexio, os días 7, 8 ou 9 de setembro.

Acompañarannos Carlos Spuch (neurocientífico) e Edith Uhía (bióloga) para darnos unha visión máis científica da situación e aclarar dúbidas en relación á pandemia.

Para poder controlar o aforo, pregamos nos respondades ó correo do centro (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) indicando os 4 datos seguintes:

  • nome do/a alumno/a
  • a persoa que asistirá á reunión (SÓ UN MEMBRO POR FAMILIA, só persoas adultas)
  • o día (7, 8 ou 9) e
  • se preferides pola mañá (de 10 a 12h) ou pola tarde (de 18 a 20h).

O prazo para respondernos e poder organizar os grupos será ata o vindeiro venres 28 de agosto.

O horario definitivo das reunións será dependendo da dispoñibilidade da maioría e seredes informadas a través de Abalar e da páxina web do centro.


 



page | by Dr. Radut