CARREIRA SOLIDARIA
O noso agradecemento a:
·todos os nenos e nenas do colexio, pola súa participación solidaria na carreira e ás familias e patrocinadores, que farán posible que moitos nenos e nenas dos campamentos de refuxiados saharauis, gocen da súa estancia entre nós.
·ao profesorado implicado na organización da mesma, polo seu esforzo e ilusión por conseguir un bonito obxectivo, manter vivo o programa
“Vacacións en Paz”.
·ao cooperante da ONG, Solidariedade Galega co Pobo Saharahui (SOGAPS), Xosé Henrique Porto Varela, o verdadeiro artífice desta campaña de concienciación co problema dos refuxiados no Sahara Occidental.
CONSEGUÍMOLO
Fai clic nos enlaces en azul para ver a noticia.
Extraída das seguintes fontes
https://valminortv.com
https://www.facebook.com
PROXIMAMENTE CARREIRA SOLIDARIA
BUSCA XA OS TEUS PATROCINADORES!
ÁNIMO E... A CORRER!!!
NOTA INFORMATIVA
Estimadas familias:
Atendendo unha petición da ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui” imos realizar unhas carreiras solidarias o martes 5 de xuño, ás 12:35 horas, co fin de recadar unha axuda económica para colaborar no programa “Vacacións en paz”. Dito programa permite que nenos e nenas que viven nos Campamentos de Refuxiados Saharauis (no deserto de Tinduf en Arxelia) veñan no verán a Galicia a casas de familias que os acollen.
A carreira solidaria consiste nunha carreira non competitiva, onde o importante é participar, non chegar primeiro. Vaise celebrar nuns circuítos marcados dentro do recinto escolar (un pequeno para alumnado de 1º, 2º e 3º nivel e outro máis grande para alumnado de 4º, 5º e 6º nivel). Cada alumno participante busca patrocinadores entre os familiares, amigos, veciños… que se comprometen a darlle unha cantidade por cada volta que dea ao circuíto.
A participación é voluntaria. A cantidade por cada volta debe ser pequena, aínda que iso depende da vontade da familia e dos patrocinadores que teña cada nena/o. (A modo indicativo podería ser de 30, 40, 50 céntimos ou 1 euro por volta, sempre en función de que o/a alumno/a non vaia dar moitas).
O alumnado que queira participar ten que devolver autorizado o carné que se xunta. O día da carreira deberán traer a cantidade exacta do seu compromiso persoal. O obxectivo é colaborar, tampouco dar voltas ata rebentar.
O profesorado
Fai clic na imaxe de abaixo para acceder á anterior nota informativa e ao carné que terás que cumprimentar.