Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

EXCURSIÓN AO ROSAL

EXCURSIÓN AO ROSAL

O día oito de maio os nenos e nenas de 3º e 4º fomos ao Rosal. Alí visitamos a fábrica Rosaleira onde nos ensinaron como envasaban verduras e hortalizas segundo a tempada.

            Como non  había grelos, o seu produto  máis coñecido, ensináronos como envasaban verza, dixéronos co proceso era o mesmo.

Na fábrica á verza quítanlle a parte que non serve. Teñen que estar verdes e enteiras. Os botes onde as envasan poden ser de 1kg, 1/2kg ou 25mg.

Unha muller escolle a verza, que despois pasa a unha sección de limpeza. Alí unhas mulleres separan a folla do talo, e botan a parte escollida da verza nunha cinta transportadora, os restos colócanos  nunha caixa xigante e serven para darlle de comer aos animais.

As follas métenas nunha especie de lavalouza para limpala e que non quede ningún resto, xa que ás veces teñen algún caracol.

A verza cócese a 90º e cae noutra cinta onde outras mulleres enchen os envases a unha velocidade incrible, as latas pasan por unha cascada pequerrecha de auga con sal pois na cocción non lle botan ningún.

As latas péchanse nunha máquina e despois lle pon a data de envasado un robot. Un imán xigante colle moitas latas e as mete nun tanque autoclave a 116º durante 45min. pra matar calquera bacteria.

Nunha apertura hai un carretillo no que cargan os grelos ou verzas para despois metelos nun camión que os leva a un supermercado.

Un dato que nos deron é que se hai que preparar 1.000kg  collen a verdura os empregados da Rosaleira, pero se son máis veñen os pedidos nuns camións refrixerados.

Os grelos métense nun tarro de cristal ou nunha lata de conservas. Unha muller etiqueta a man as latas que se meten en caixas.Unha máquina ponlle unha numeración e selan as caixas.

Cando están seladas colócanas nun palé que forran con plástico e xa están listas para vender.

Foi unha visita do máis entretida! 

 

                             Carla Corbacho Vicente  

 

 

 

 



page | by Dr. Radut