COMEDOR
Consulta a Guía de axuda para programar menús escolares saudables editada pola Xunta de Galicia.
Se queredes consultala facede clic na imaxe MENÚS ESCOLARES
O comedor escolar vén funcionando dende o comezo de curso desde as14:30 a 16:00
Horario de recollida dos usuarios
- para o alumnado de Ed. Infantil do CRA Antía Cal é ás 15:15 h (xa que entran ao comedor na primeira quenda).
- para o alumnado de Ed. Primaria é ás 16:00 h.
Coidadoras
As coidadoras son Josefa, Beatriz e Irene
(tfnos. 986369756, 675680059)
Servizo de catering
O servizo de catering está a cargo da empresa Serunion.
Se desexa efectuar o alta para o curso, tanto para a modalidade habitual como para os usuarios esporádicos, deberá remitir a ficha cuberta (que se lles entregará no colexio).
Recordade que o horario para anular os pratos en caso de ausencia segue sendo ata as 10:00h da mañán do mesmo día.
NORMAS DE FUNCIONAMENTO
SERUNION a disposición dos usuarios 630 36 38 44 e teléfono da oficina 986 45 30 40
Correo electónico: info@alimentacionsaludablegallega.com
O horario de atención: de luns a xoves de 9:30h a 14:00h e de 15:00h a 18:00h. Os venres só en horario de mañán.
No verán (do 1/07 ao 31/08) só en horario de mañán.
A petición de alta, baixa ou modificación do servizo deberá comunicárnola antes do 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións nunca poderán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactarnos no teléfono ou e-mail antes mencionados.
Tarifas aplicables dacordo á política de subvencións do Concello de Gondomar
O prezo do MENÚ/DÍA é de 5,14€ hai que descontar 1 euro de subvención polo que as familias pagan 4,14€
Prezo xantar con subvención total por emerxencia Gratuíto
Este curso o prezo sube un pouco xa que polo protocolo COVID hai que facer labores de: limpeza de estancia e vaixela, axustar horarios e vixiancia.
O cobro do recibo é mensual e realizarase entre o día 10 e 15 do mes seguinte ao servizo. O importe mensual do recibo é o resultado de multiplicar o número de días contratados do alumno polo prezo do servizo.
Páxina web de Serunion a disposición dos usuarios
www.serunion-educa.com clic aquí para acceder