Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

blog de biblio

RECANTOS DE PEITI E EIROS

Todos os días a nosa biblitoeca esta aberta na entrado do centro, permitíndolle o alumnado o desfrute da lectura, a creatividade.

Cun taller de pintura levado a cabo por alumnas de sexto. Diferentes xogos de mesa...

 

POESÍA CON ANXO IGLESIAS

Tivemos a gran sorte de ter conosco a Anxo Iglesias, que nos transmitíu a súa paixón pola poesía.

Ensinounos o seu libro  «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, e a partir del fixemos actividades moi divertidas; trabalinguas, rapeamos, cantamos cancións de corro, inventamos fonemoramas, repasamos os adverbios de lugar cunha adiviña e un poema ...

DÍA DA MULLER E DA PRENSA

 Este ano xuntamos a semana da prensa co día da MULLER, para investigar o seu papel no mundo do cinema, xa que é o noso proxecto, ao longo da historia.Todos os cursos buscaron información e fixeron as súas noticias. Este foi o resultado. 

 A Voz Da Igualdade

Día de Rosalía de Castro 2023

Cada 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes poetisas e novelistas da literatura española do século XIX.

 

Todo o alumando organizouse por ciclo para  renderlle homenaxe, recitando algúns dos seus poemas máis famosos na biblioteca.

 

O alumnado de 2ºA preparou un bonito "Rosalímetro"

A súa pegada queda representada no xardín do noso cole cunha  fermosa camelia, a Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L. (especie híbrida) unha árbore memorable agasallo da Fundación Rosalía. Plantada no ano 1968 na honra de Rosalía.

CARTEIS POLO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Carteis  con mensaxe de PAZ  do alumnado que participou nesta fermosa actividade, con marabillos deseños sobre o que significa  para elas e eles a paz e a non violencia.

    

  

 

 

30 XANEIRO - DÍA DA ILUSTRACIÓN - "LETTERING POLA PAZ"

“Lettering pola PAZ”!!!

Cada 30 de xaneiro (dende 2014) celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura  da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 

O Día da Ilustración 2023 homenaxeará á pintora galega María Antonia Dans

 

 Xa que o día 30 tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia e PAZ), a nosa Peiti quere unir as dúas actividades e animarvos a que deseñedes un cartel con mensaxe de PAZ para colgar e encher a entrada do cole.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut