Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

blog de biblio

Día das Letras Galegas

O 17 de maio celebramos o día da nosa lingua, das nosas letras. Este ano a homenaxeda é unha muller, a cuarta muller en 56 anos de celebración, María Victoria Moreno Márquez , despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño.  Ela naceu en Cáceres pero a  pesar de ser estremeña converteuse nunha das pioneiras na narración en galego destinada ao público infantil. 
Na biblioteca podedes gozar da lectura dalgúns dos seus libros.


 
 
 Gracias a Pedro Brandariz  desfrutamos de dúas obras da autora: 
 
" A festa no faiado" e “O Cataventos” 

Semana adicada ao Día do Libro

Non podía faltar polo Día do libro unha representación teatral, tendo como protagonistas principais os libros. Para iso contamos coa gran actuación de Volvoreta e voltereta, gracias a elas pasamos un rato moi agradable, rimos, fixéronos participes da súa actuación e pasámolo moi pero que moi ben. Os libros que representaron son moi coñecidos por todos vós, a que si???
" O monstro de cores", " O chivo, chivóns" e " O crocodilo verde"

Día do Libro

 O 23 de abril celebramos un día moi importante, o Día Internacional do Libro e por iso e porque nos encanta a lectura, imos dedicar esta semana a festexalo cunha actividade cada día. Hoxe tivemos o apadriñamento lector, onde os máis maiores, os padriños e madriñas,  lles len aos seus afillados/as un conto, a cambio os padriños e madriñas recibiron unha taciña literaria feita polos seus afillados/as.
 
  Tamén fixemos un concurso de carteis para festexar este día. Estes foron os tres gañadores/as, parabéns para eles.
 
 

DÍA da POESÍA

Cando falamos de poesía non só nós referimos a lectura dun texto literario, senón a súa dimensión expresiva, a oralidade, musicalidade, a imaxinación, a memoria auditiva e rítmica, a dicción etc, A poesía estimula todos estas dimensións, por iso neste día quixemos facerlle un pequeno recoñecemento lendo no recreo varios poemas. 

Día da Muller

Celebramos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, pero un  día é pouco para celebrar unha loita constante, diaria para recoñecer a importancia das mulleres, avoas, nais, fillas, netas, sobriñas..., todos os días son o día da muller. 
   O alumnado de sexto fixo un mural coa biografía de mulleres españolas que destacaron pola súa labor, como María Teresa León, escritora e intelectual e unha das voces máis activas desde o exilio, María Luz Morales, primeira muller en dirixir un periódico en España, e moitas máis que podedes atopar no mural.
 

Na biblioteca tendes libros moi interesantes, como:

     Resultado de imagen de libro pioneras galegas que abriron o camiño    

1º CLUB DE LECTURA

 DÍA: Martes 13 
 LUGAR: Biblio Anisia Miranda.
 HORA: 12:10h
 PARTICIPANTESOs  membros do club de lectura.
                                               

LIBRO:
 

Día de Rosalía de Castro

Levamos a cabo un reparto de flores para festexar o día de Rosalía de Castro.

As flores foron feitas polos alumnos/as e cada unha levaba escrito un poema da escritora. Por niveis estaban repartidas as cores e os alumnos/as tiñan que regalar a súa flor a outro compañeiro/a e recitarlle o poema que nela levaban escrito.

Desta maneira o alumnado coñecía poemas de Rosalía ao mesmo tempo que gozaba co agasallo dunha flor. Dende o equipo de dinamización da Lingua Galega (EDLG) e o equipo de biblioteca queremos destacar a figura da nosa gran escritora Rosalía de Castro.

Día Escolar da Non Violencia e Paz

Como todos os anos celebramos o día da Paz cunha canción, este ano a elixida é “ Antorchas en la niebla” do cantante El Arrebato, preparada polo mestre de música.  O tema da canción está relacionado co acoso escolar.
Os alumnos/as nesta etapa de primaria no colexio fan amigos-compañeiros, non se fan abusóns. Resolvemos os conflitos coa palabra, non coa violencia, xa sexa física , verbal  ou social, coa xustiza, sendo asertivos, usando a comunicación, a empatía, a tolerancia e expresando a nosas ideas dende o respeto e o acordo. Respetando as nosas diferenzas, xa que todos somos iguais e distintos; aprendendo aceptarnos. 
Dende o equipo de biblioteca recomendámosvos os seguintes libros relacionados coa PAZ: 
 

Un conto de amizade, comprensión e tolerancia. Que fala sobre coñecernos mellor, para poder poñernos no lugar dos demais e escoitar puntos de vista diferentes.




Portada del libro El violín de Pazús
 
 
 
Que podemos facer nós para mellorar o mundo? O violín de Pazlús é unha resposta a esta pregunta en si mesmo, como podemos contribuír nós a construír un mundo en paz, onde poder convivir todas as persoas. Unha oportunidade para reflexionar e para facer.
Portada del libro PodríasA cor da pel, a lingua, a comida, a roupa, os xogos... todo podería ser diferente, se nacésemos noutro lugar. Algunhas cousas poderían ser mellores, outras peores, pero o certo é todos somos seres humanos con sentimentos e necesidades comúns, e que ninguén está a salvo de posibles desgrazas. É por iso que a solidariedade co que sofre a desgraza en calquera das súas formas debería ser o primeiro imperativo de todos e todas.
 
libros infantiles y juveniles para educar en la paz: el enemigo
 
 
Un libro que fala da guerra e os sensentidos desta. Un soldado relátanos a súa terrible experiencia na trincheira. E conta como cre que é o seu inimigo: unha besta salvaxe, causante do inicio da guerra e de todo o seu horror. Pero un día, descubrirá que o inimigo é como el: un ser humano que sofre a guerra e que só quere volver cos seus. Poderán alcanzar a paz?
 
 
Resultado de imagen de el club de los valientes libroUn canto á valentía daqueles que saben que a violencia non é a mellor forma de solucionar os problemas. Como Alan, o protagonista, que demostrará a Samuel, o neno máis alto e máis forte de clase (tamén o máis abusón), que entre todos os compañeiros poden plantarlle cara sen necesidade de facer uso da forza.
Distribuir contenido


by Dr. Radut