Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Admisión do alumnado

Neste cartafol poderán atopar a documentación relativa á admisión do alumnado.

RESERVA DE PRAZA CURSO 2023/2024

INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PLAZA PARA O CURSO 2023/2024

1. A FAMILIA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA MATRICULADO NO C.E.P. ANTONIO MAGARIÑOS DEBERÁ RESERVAR A PRAZA PARA O IES ADSCRITO Ó NOSO COLEXIO (IES RAMÓN CABANILLAS) DO SEGUINTE XEITO:

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (pedindo a solicitude no colexio ou descargala eiquí) ou a través da aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 Solicitudes > Reserva > Crear 

 

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEP Antonio Magariños) ou a través da SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

O alumnado que se matricule nun centro diferente ó IES Ramón Cabanillas terá outro prazo para a presentación da solicitude correspondente.

 

2. A FAMILIA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL MATRICULADO en 6º de E.Infantil NA EEI A PASTORA durante este curso 2021/2022 e quere reservar praza no CEP ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA para o vindeiro curso DEBERÁ RESERVAR A PRAZA na propia Escola de Educación Infantil cubrindo o mesmo impreso

 

 O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro (ámbolos dous incluídos).

O día 11 retómase o prazo para solicitar a admisión do alumnado.

Estimadas familias. 
A partir do día 11 de maio e ata o 18 do presente mes de maio, poderedes pasar polo centro a solicitar a admisión para o vindeiro curso escolar 2020/2021, en horario lectivo. Unicamente é un trámite a realizar por aquelas persoas que van cambiar de centro etapa (1º de primaria) e que non fixeran os trámites na Pastora durante o mes de marzo.
Para o resto dos cursos, unicamente se se desexa cambiar de centro académico o vindeiro curso.
 
Recordade que, os de 6º de primaria que non van ir ao IES Cabanillas e que non fixeron o trámite da reserva de praza, tamén deberán pasarse polo instituto de destino a realizar este trámite.  
 
 
O horario exclusivo de Secretaría para tramitar dita documentación será de 10 a 13 horas. 
Un saúdo. 

Calendario para a admisión do alumnado para o curso 2020-2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Curso 2020-2021

Para o presente mes de marzo o calendario de aplicación do procedemento de admisión do alumnado procedente doutros centros docentes é o seguinte: 
 
1-23 MARZO
Presentación Solicitudes
23 MARZO -13 ABRIL
Presentación Documentación Baremo
24 ABRIL
Publicación Lista Provisisonal
25 ABRIL -2 MAIO
Presentación Reclamacións
14 MAIO
Publicación Lista Definitiva Admitidas
20-30 XUÑO
Formalización Matrícula

 

DO 1 AO 20 DE MARZO
 
Presentación de Solicitudes
 
As solicitudes que se vaian presentar en sede electrónica unicamente poderán realzarse ata o día 20. Como no noso centro o día 19 e 20 son festivos, aquelas que se presenten con posterioridade, unicamente se poderán entregar en formato papel e entregadas no centro. 
 
As persoas solicitantes teñen que entregar a seguinte documentación:
·       Impreso ED550B
 
Pódese coller no centro e cubrir a man ou facelo online desde a Sede Electrónica da Xunta.
  • Libro de familia
  • Fotocopia de DNI no caso de que non autoricen a consulta de datos de identidade
  • Certificado de empadroamento
  • Certificado de familia numerosa. En caso de que o alumno/a conviva con persoas alleas aos proxenitores traer o certificado de convivencia.
  • No caso de familias en situación de separación necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que sexa en caso de violencia de xénero, será preciso presentar a resolución xudicial.
 
Importante: Só se  pode presentar unha única solicitude que se entregará no centro que se pida coma primeira opción. O non cumprimento desta norma invalida a solicitude.

Documento de Admisión de Alumnado.

O impreso que deberán presentar as familias é o documento anexo e deberán ir acompañadas pola seguinte documentación:

  • Certificado de empadroamento da unidade familiar. (non serán válidos os volantes de empadroamento)
  • DNI do alumno.
  • Fotocopia do libro de familia.
    • No caso de separación ou divocio, será precisa a sinatura de ambos os dous proxenitores. e presentar a resolución xudicial.
Distribuir contido


by Dr. Radut