Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

O colexio

ALUMNADO ADMITIDO NO COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

 

 

Informámosvos que todo o alumnado solicitante do comedor escolar está admitido.

O servizo comezará a funcionar dende o primeiro día de clase.

PLAN DE ACOLLIDA 2022/2023

Boas familias, benvidos ao curso 2022/2023, no seguinte enlace podedes acceder ao Plan de acollida do centro para este curso.

Se tedes algunha dúbida non dubidedes en poñeros en contacto co centro.

 

¡FELIZ INICIO DE CURSO!

Quen somos?

O Colexio Antonio Magariños é un centro educativo de carácter Público que imparte Educación Primaria cunha media de 180 alumnos con dúas unidades por nivel. O alumnado procede principalmente da EEI "A Pastora".

O noso Colexio está adscrito ao IES "Ramón Cabanillas" e é alí a onde se dirixe a maioría dos noso alumnado cando remata a Educación Primaria. A coordinación con estes dous centros é de gran importancia para favorecer a transición entre etapas.

 O CEP "Antonio Magariños Pastoriza" empezou a funcionar no curso 66-67 co nome de Escola Graduada Mixta, despois como Colexio Público Comarcal. Máis tarde púxoselle o nome de Antonio Magariños Pastoriza en memoria dun mestre que impartiu docencia durante moitos anos en Cambados.

A zona de influencia do Colexio abarca o centro de Cambados e unha pequena zona próxima: Corbillón,Vilariño,...

Dende o curso 1998/99 temos xornada continuada de 9 a 14h, a excepción dos últimos dous cursos que modificamos os horarios por mor da pandemia derivada da Covid-19. Podedes consultar os horarios provisionais nesta mesma web.

O profesorado do Centro participa en diferentes cursos de perfeccionamento en colaboración co Plan anual de Formación do Profesorado dende o Cefore (centro de Formación do Profesorado). 

O CEP Antonio Magariños Pastoriza conta con Plan Madruga e Comedor escolar.

As relacións do Centro con organismos públicos e privados son satisfactorias.

Datos do centro

Se queredes contactar co noso centro de 9 a 14h, podedes empregar os seguintes teléfonos: 

Secretaría: 886.151.181

Dirección: 886.151.182

Fax: 886,151,183

 Recordamos que o nº de teléfono para os usuarios do comedor é o 684 338 248. 

 

Outro medio de contacto co centro é a través do correo electrónico cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.gal

 

Como entendemos a educación?

Queremos un Centro aberto, participativo acorde coas normas establecidas e a innovación educativa; un alumnado libre, tolerante, democrático, responsable, formado técnica e culturalmente, con hábitos positivos e habilidades para a vida; un profesorado profesional, libre, plural, motivador, dinamizador de grupos, eficaz;  e unha comunidade educativa colaboradora, resp

Que pretendemos?

  • Acadar o máximo aproveitamento e a mellora dos espacios e materiais do Colexio.
  •  Propiciar un clima de diálogo e respecto entre tódolos membros da Comunidade Educativa.
  • Desenrolar os contidos transversais no marco d

CEP Antonio Magariños Pastoriza

 

CEP Antonio Magariños Pastoriza
Distribuir contido


by Dr. Radut