Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

blogue deadmin

Resolución definitiva de admitidos no procedemento de Admisión para o curso 2017/18

Estimadas familias.

No arquivo adxunto poderán atopar a Resolución Definitiva do Alumnado admitido para o curso 2017/18 no proceso de Admisión que tivo lugar durante o pasado mes de marzo.

Menús do mes de Abril

Incorpóranse nos documentos adxuntos os menús para o mes de abril de 2017.

 

Quen desexe visualizalo, so ten que clicar no menu correspondente e se descargará no ordenador.

 

Resolución provisional de admitidos no Procedemento de Admisión para o seguinte curso escolar.

No arquívo adxunto recóllese a resolución provisional de admitidos no "Procedemento de Admisión de alumnado" para o vindeiro curso académico 2017/18

Nun prazo de 5 días hábiles contados a partir do día de mañá ante o Consello Escolar poderase presentar reclamación sobre as persoas admitidas.

Proceso de admisión do alumnado de cara ao curso 2017/18

A partires de mañá, día 1 de marzo e ata o día 20, inclusive, poderase realizar a solicitude de admisión de alumnado a través do Anexo II, adxunto ao final, ou ben a través da aplicación informática admisiónalumnado, no seguinte enlace.

 

A solicitude será única e poderase presentar de xeito presencial no centro educativo que a rexistrará ou de forma electrónica a través da aplicación. Unha vez presentada non é posible modificar os centro relacionados nin a súa orde de prelación. A renuncia á solicitude rexistrada non permitirá presentar unha nova, polo que o/a alumno/a deberá escolarizarse conforme ao procedemento subsidiario do Capítulo IV da Orde de admisión.

A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito legalmentes inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Nos demais casos, requirirase a sinatura dos dous titulares.

De constatarse no expediente a separación ou divorcio dos proxenitores coa patria potestade compartida e a existencia dunha soa sinatura na solicitude, deberase requerir ao proxenitor que o presentou que subsane dita deficiencia ou a xustifique.

A persoa titular da solicitude poderá marcar a casilla "autorizo á consulta" e telematicamente se consultarán os datos precisos. No caso de que a persoa titular da solicitude non autorice expresamente na solicitude a consulta automática por parte da Consellería deberá presentar a seguinte documentación:

  • Renda percapita familiar.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Certificado de discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecidas pola Xunta de Galicia.
  • Fotocopia do libro de familia.

 

Os interesados poderán pasar polo centro a recoller o impreso ED550B antes mencionado e traelo en prazo. O centro devolveralle unha copia selada coa data de rexistro de entrada e tramitará dita solicitude.

Agradéceríase a todos as persoas que presenten a solicitude a través da aplicación enriba mencionada, presenten no centro unha copia para poder obter e comparar os códigos creados.

No centro, tal e como aconteceu coa Reserva de praza, colocaranse dous ordenadores na planta alta para axudar ás familias que non posúan internet no seus fogares a realizar a solicitude a través da aplicación, posto que en anos posteriores parece que unicamente se poderá realizar por esta vía. Neste caso, agradeceríase que pasasen en horario de dirección ou secretaría para poder prestarlle asesoramento, no caso de ser preciso.

 

 

 

 

Menú do mes marzo de 2017

Inclúense no arquivo adxunto o menú do mes de marzo de 2017.

Inclúense ademais os menús sen gluten e sen ovo, que son os casos que temos agora mesmo no comedor. En caso que algún desexe coñecer o menú especial de algunha intoleraciá pode solicitala no centro.

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva para o curso 2017/18

Estimadas familias.

No arquivo adxunto poderán atopar a listaxe definitiva do alumnado que continuará a súa escolarización o vindeiro curso 2017/18 en 1º nivel, no CEP Antonio Magariños, procedente da EEI A Pastora.

 

Visita de Ledicia Costas ao Centro.

O pasado luns 20 de febreiro, visitounos no centro Da. Ledicia Costas,

 Ledicia Costas. nada en Vigo alá polo 1979 e neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribiu desde dende o que ten na memoria cunhas fermosas vivencias e historias que  fixeron rir e desfrutar aos maiores do colexio.

En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014) e en 2016 publicou “Esmeraldina, a pequena defunta”, dous dos libros que están a ler os nosos alumnos e que sen dúbida, foron xunto coas historias vividas, os focos centrais da reunión que tivemos con ela.

 

É autora de outros éxitos literarios para os pequenos e non tan pequenos e, séntese poeta, escritora e soñadora. Sen dúbida, demostrounos que ademais de soñadora é unha gran cociñeira de contos e historias que cociñou lentamente e que fixeron as delicias do noso alumnado maior.

Grazas por facernos soñar!

Charla sobre perigos da TICs para as familias

 

 
 

CHARLA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

 

 

 

 

 

 

 

 Hoxe, ás 18:00 horas, a Garda Civil  realizará unha charla sobre os PERIGOS DAS TICspara as familias, para aprender a tratar a problemática do uso e mal uso das Novas Tecnoloxíaspor parte de toda a comunidade educativa.

Agardamos a vosa asistencia.

 

A dirección.

Inícase o período de RESERVA DE PRAZA para o alumnado que continúa escolarización no IES Cabanillas.

RESERVA DE PRAZA  para o curso 2017-18

 

Comunícase ás familias  do CEP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados, de 6º curso de Educación Primaria que abreu o prazo para realizar a reserva de praza para o vindeiro curso 2017/18, segundo a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Para este curso, a Xunta de Galicia elaborou unha aplicación web para poder realizar dita reserva que a poden atopar na seguinte dirección web:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Para aquelas familias que o desexen, ou non teñan acceso á Internet nas súas vivendas, o centro habilitará un espazo no corredor superior con dous ordenadores para facilitar a realización deste trámite.

Ademais, aquelas familias que non desexen realizar este trámite a través da Internet, poderán solicitar o documento ANEXO I: RESERVA DE PRAZA  para que o traian ao cuberto e asinado ao centro, antes do MÉRCORES, 15 DE FEBREIRO.

Para realizar o trámite a través da Web, os pasos son moi sinxelos:

Solicitudes   -–   Solicitudes de reserva  --  Crear solicitude de reserva

 Ao premer no botón, e mentres o prazo está aberto accedemos a unha pantalla na que a través de distintas pestañas navegaremos pola solciitude de reserva de praza. Así:

 

Destacar que mentres non premamos no botón gardar e continuar na pestana de datos persoais a solicitude non terá un código de solicitude. É a partir dese momento que a aplicación xera un código alfanumérico para identificar a solicitude de reserva. Vése aquí como queda a pantalla ao debuxar o código da solicitude

A ter en conta:

  • Non podemos saltar dunha pestana a outra sen antes ter gardado todos os cambios (as disitintas pestanas teñen validacións como letra correcta para dni, xénero, etc).
  • Na pestaña Confirmación Solicitude teremos o borrador da mesma (vemos o documento da solicitude coa palabra borrador no fondo).
  • Unha vez que premamos en confirmar borrador, dito borrador non poderá ser editado por parte das familias.
  • O código da solicitude será fundamentalpara despois poder recuperala.

RECUPERAR UNHA SOLICITUDE:

A través desta funcionalidade poderemos recuperar unha solicitude que esteamos gravando (tanto se estamos rexistrados na aplicación como se non). Para poder recuperar toda solicitude é preciso coñecer o código da mesma, así como o número do documento oficial de identidade de un dos responsables do alumno para o que se formula a reserva.

           

Aquelas nais/pais que precisen solicitar praza noutro centro distinto do IES Ramón Cabanillas deberán comunicar a renuncia por escrito no CEP Antonio Magariños antes do 28 de febreiro. Unha vez presentada a  solucitude de praza no novo centro entregaran no CEP Antonio Magariños unha copia da mesma. (Artigos 9.3 e 11.2  da Orde de 12 de marzo de 2013)

PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS DOS DIFERENTES SECTORES DA COMUNIDADE EDUCATIVA

No pdf adxunto recóllense as persoas que presentaron a súa candidatura para formar parte do Consello Escolar a partires do vindeiro mes de decembro e que poderán ser escollidas nas votacións pertinentes os días 28 e 29 deste mes, segundo se establece na circular que se enviou a todos os membros da comunidade educativa.

A partir de hoxe haberá 2 dias de prazo para facer reclamacións diante da dirección do centro que posteriormente, serán analizadas pola Xunta Electoral.

Distribuir contido


by Dr. Radut