Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Novas

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

ESTIMADAS FAMILIAS: 

LEMBRÁMOSLLES QUE MAÑÁ MARTES 16 REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DOS PAIS/NAIS DO ALUMNADO PARA FORMAR PARTE DO CONSELLO ESCOLAR. 

O CONSELLO ESCOLAR É UN ÓRGANO NO QUE TEREDES VOZ E VOTO E DESTE XEITO PODEREDES FACER AS VOSAS APORTACIÓNS CON RESPECTO Ó FUNCIONAMENTO DO NOSO CENTRO, POLO QUE VOS ANIMAMOS A FORMAR PARTE DO MESMO. UN SAÚDO.

 

Listaxe definitivo de admitidos no comedor escolar para o curso 2016/17

O seguinte alumnado resultou admitido definitivamente como usuario de comedor para o curso escolar 2016/17:

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor escolar no curso 2016/17

Adxúntase no documento a listaxe provisional do alumnado admitido e excuído para o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2016/17.

Dende o martes 26 ábrese un período de reclamación de 7 días para poder adxuntar a documentación oportuna. este período rematará o día 2 de agosto. Posteriormente, sobre mediados de agosto, reunirase de novo o Consello Es colar para dictaminar a resolución definitiva.

Adxudicación definitiva do Fondo de libros para o curso 2016/17

Publícanse as listaxes definitivas, tanto de excluídos como de admitidos, do Fondo de libros para o curso 2016/2017 para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material escolar.

A partir do martes 5 de xullo, os interesados poderán pasarse polo centro para recoller os vales, tanto de axudas de libros e material escolar para o 1º e 2º curso, como para todos os cursos posto que, xunto coa solicitude de fondolibros, realizábase a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar de 50 euros.

Entrega de documentación para baremar as solicitudes do comedor escolar para o vindeiro curso 2016/17

A partir do martes 21 de xuño, os interesados poden acercarse pola Secretaría do centro para recoller o Anexo II e o o documento que a continuación se detalla, para poder realizar a baremación do alumnado que será usuario de comedor escolar para o vindeiro curso 2016/17

 

Blogue para o alumnado, nais e pais de segundo

Blogue de 2º. Estamos de parabéns no cole, pois o alumnado de segundo (e as súas nais e pais) poden seguir moi de perto o que acontece na aula e no colexio, buscar, ampliar coñecementos e andar na procura da illa do saber, adentrándose no blogue que para eles crearon os seus profesores Miro e Verónica.

"Un día de espías", a nova obra do Teatro Caracol

19/04/2012 16:00
19/04/2012 17:15
Europe/Madrid

Un ano máis o alumnado do centro poderá disfrutar da posta en escena dunha nova obra coa que cada ano nos agasalla a Compañía Caracol. Este anoa temos "Un día de espías". Os alumnos que queiran asistir á representación teñen cita o día 19 ás 4 da tarde no IES Francisco Asorey.

Distribuir contido