Estimadas familias.
Con motivo da próxima finalización do curso envíovos o calendario para as próximas datas.
1.-Devolución dos libros da biblioteca, libros prestados polos Teacher Carlos e Paula e mochilas viaxeiras.
A) luns, 8 de xuño: devolverán os libros os cursos de 1⁰A, 1⁰ B e 2⁰A.
B) martes, 9 de xuño: devolverán os libros os cursos de 2⁰ B, 3⁰A e 3⁰ B.
C) mércores, 10 de xuño: devolverán os libros os cursos de 4⁰A e 4⁰ B.
D) xoves, 11 de xuño: devolverán os libros os cursos de 5⁰A e 5⁰ B.
E) venres, 12 de xuño devolverán os libros os cursos de 6⁰A e 6⁰ B.
2.- As tarefas escolares que todos os titores están a enviar ás familias, ou ben a través de WhatsApp, correos electrónicos, páxina web do colexio ou aula virtual rematarán o 12 de xuño, posto que o curso acabará o 19 de xuño e esa derradeira semana dedicarémola a avaliacións e a entregar a documentación pertinente.
3.- O día 19 de xuño será o día en que se entregan as notas a través da aplicación Abalar Móbil. Non se entregarán as notas en papel, salvo causas de necesidade debidamente xustificadas, e deixando sempre, desde que se soliciten, un tempo mínimo de catro días lectivos para que evitemos o contaxio do COVID-19
4.- A entrega dos cheques, tanto de material como de libros de texto para o curso 2020/2021 realizarase a partir do 23 de xuño para permitir que os cheques se manteñan sen tocarse os 3 días que marca a normativa, antes da súa entrega.
Tratásese de mantervos informados das novas novidades, así como vaian xurdindo.
Grazas a todos e todas.