Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Fondo de libros.

Neste cartafol poderán atopar toda a documentación relativa á solicitude de Fondo de Libros, axudas libros e ou, axudas de material.

RECOLLIDA DE LOTES DE LIBROS PARA O ALUMNADO DE 3º A 6º

Estimadas familias, a partir do 1 de setembro podedes pasar a recoller os lotes de libros do Fondo de Libros dos nenos e as nenas, no seguinte horario:

 

- 01/09/2022 de 12:00 a 14:00h: alumnado de 6º

- 02/09/2022 de 9:00 a 14:00h: alumnado de 4º

- 07/09/2022 de 9:00 a 14:00h: alumnado de 3º e 5º

 

Aquelas familias que non recolleron o vale de material e/ou libros poden pasar polo centro educativo a partir de mañá, de 9:00 a 14:00h.

Fondo de libros e Axudas libros 2023-24

Documentación que se debe presentar para participar no Fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libro e texto e material escolar.

 

PROCEDEMENTO ED330B DA WWW. SEDE/XUNTA.ES

DOCUMENTACIÓN QUE OBRIGATORIAMENTE SE DEBERÁ PRESENTAR COA SOLICITUDE:

□   Copia do libro de familia no que figuren os membros computables da unidade familiar.

           □  Se falta de este, ou se a situación cambiou no 31 de decembro de 2022, o número de membros acreditarase mediante:

o   Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

o   Certificado ou volante de convivencia

o   Informe de servicios sociais ou órgano do concello onde se reside.

□   Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

□   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

CONSULTARANSE TELEMÁTICAMENTE OS SEGUINTES DATOS (en caso de non autorizar, deberase marcar e entregar fisicamente no centro, tanto orixinal como copia.)

□   Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante

□   Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, do certificado tributario de imputación dos membros computables

da familiar distinto da persoa solicitante do ano 2021.

□   Discapacidade dalgún menbro da unidade familiar, incluído o alumno e a persoa solicitante en 31 de decembro de 2022, acreditarase a través de:

o   Discapacidade igual ou superior ao 33%: o certificado do grado de discapacidade.

o   Discapacidade gual ao 33%: Recoñecemento do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento da discapacidade ou

resolución de recoñecemento da pensión

 

     O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

     ESTÁ ABERTO DENDE O 22 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO.

          Os que desexen realizar empregando o impreso poden vir recollelo no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut