Skip to Content

O mar comeza aquí

Con esta frase “O MAR COMEZA AQUÍ” queremos dicir que todo o lixo que se tira polas rúas de Cambados vai acabar finalmente no mar. Se non o deixamos no coletor correspondente, pode chegar aos ríos ou outras vías fluviais e mesmo ao sistema de sumidoiros de zonas urbanas. Unha vez nel, salvo que se extraia con anterioridade, o seu destino final será o mar, por moi lonxe que nos atopemos da costa.

Isto perxudica ao medio ambiente porque a maioría das cousas que tiramos tardan en degradarse; os plásticos poden chegar ao mar; e a fauna mariña corre o risco de facerse dano ou morrer.

Os plásticos non só contaminan as costas, senón que tamén afectan a toda a fauna mariña. Os animais enrédanse neles e confunden os fragmentos máis pequenos con comida, o que pode provocar a súa intoxicación e acabar coa súa vida.

Cada ano, máis dun millón de aves e máis de 100.000 mamíferos mariños morren como consecuencia de todos os plásticos que chegan ao mar.

Algunhas solucións serían:

Cambiar o uso de bolsas de plástico por outras reutilizables de tea ou fibra. Reducir o consumo de vasos, pratos, cubertos ou botellas de plástico. Comprar comida a granel e evitar os produtos que leven envoltorio de plástico. Optar por tappers de metal ou vidro en substitución dos de plástico.

E se non podemos evitar usar algún plástico, unha vez utilizado tiralo no colector amarelo.

Entre todos e todas podemos salvar o planeta.

 

Alumnado de 6º



page | by Dr. Radut