Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Orientación

Composición do departamento no curso 23/24

  • Xefa do Departamento de Orientación
  • Profesor de Pedagoxía Terapéutica
  • Profesora de Audición e Linguaxe
  • Coordinadora do 1º Ciclo de Primaria
  • Coordinador do 2º Ciclo de Primaria
  • Coordinadora do 3º Ciclo de Primaria

PROTOCOLOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Neste enlace pódense ver os protocolos.

PROROGRAMA PROA+

Neste curso 2023/2024 o alumnado do cole (de 3º a 6º curso) está recibindo apoio dunha mestra especialista en PT (Pedagoxía Terapéutica) que se incorporou ao centro dentro do programa PROA+.

Programa PROA+: Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo 2021-2024 cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea no marco do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia.

Lecturas comprensivas

Déixovos material para traballar a lectura comprensiva dende a casa.

 

Clica aquí.

Cuadernos para traballar o cálculo

Deixo uns cadernos para traballar o cálculo.

 

Clica aquí

Obradoiro de Bebidas saudables.

O pasado mércores o alumnado de 5º curso de Educación Primaria, puido disfrutar do obradoiro que, como en anos anteriores, se realiza no centro. E un achegamento do alumnado ao mundo da saúde e das bebidas sudables realizadas con froita fresca e produtos sans e agardando o afastamento deste das bebidas alcohólicas, tan presentes na nosa sociedade.

Polo observado, tanto o alumnado participante como o profesorado e os monitores da Asociación SPAD desfrutaron dunha sesión que durou dúas horas pero que coma sempre merece a pena!

Charla sobre Os Perigos das Novas Tecnoloxías

O alumnado de 3º e de 4º Nivel  recibirán unha “Charla sobre Os Perigos das Novas Tecnoloxías” por parte do SPAD de Vilagarcía.

Terán lugar, o mércores 14 de outubro os de 4º e o venres 16 os de 3º.

"Os perigos das TICS"

Hoxe, 9 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º, tiveron unha charla impartida polo SPAD de Vilagarcía de Arousa, titulada " Os perigos das TICS". Tema que preocupa a toda a sociedade educativa, polo que tentaremos repetila o vindeiro curso.

Visita ao IES

O alumnado de sexto estase a preparar para dar o salto á Educación Secundaria Obrigatoria. E o martes estarán alí no IES " Ramón Cabanillas" para coñecer as instalacións, reencontrarse cos seus compañeiros do curso pasado e escoitar, da man da orientadora, o que vai supoñer esta nova etapa: as materias, horarios, normas e requisitos que implica. Voa viaxe!

Cine co SPAD para o alumnado de 3º Ciclo: "Azur y Asmar"

19/03/2013 12:00
19/03/2013 14:00
Europe/Madrid

O alumnado de 3º Ciclo terá  unha sesión de cine moi especial. Grazas á colaboración do SPAD de Vilagarcía que nos proxectará o film "Azur y Asmar", poderán reflexionar sobre valores e actitudes fundamentais que lles axudarán no crecemento en saúde e na prevención de drogodependencias.

Distribuir contido


by Dr. Radut