A partires de mañá, día 1 de marzo e ata o día 20, inclusive, poderase realizar a solicitude de admisión de alumnado a través do Anexo II, adxunto ao final, ou ben a través da aplicación informática admisiónalumnado, no seguinte enlace.
A solicitude será única e poderase presentar de xeito presencial no centro educativo que a rexistrará ou de forma electrónica a través da aplicación. Unha vez presentada non é posible modificar os centro relacionados nin a súa orde de prelación. A renuncia á solicitude rexistrada non permitirá presentar unha nova, polo que o/a alumno/a deberá escolarizarse conforme ao procedemento subsidiario do Capítulo IV da Orde de admisión.
A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito legalmentes inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Nos demais casos, requirirase a sinatura dos dous titulares.
De constatarse no expediente a separación ou divorcio dos proxenitores coa patria potestade compartida e a existencia dunha soa sinatura na solicitude, deberase requerir ao proxenitor que o presentou que subsane dita deficiencia ou a xustifique.
A persoa titular da solicitude poderá marcar a casilla "autorizo á consulta" e telematicamente se consultarán os datos precisos. No caso de que a persoa titular da solicitude non autorice expresamente na solicitude a consulta automática por parte da Consellería deberá presentar a seguinte documentación:
- Renda percapita familiar.
- Certificado de familia numerosa.
- Certificado de discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecidas pola Xunta de Galicia.
- Fotocopia do libro de familia.
Os interesados poderán pasar polo centro a recoller o impreso ED550B antes mencionado e traelo en prazo. O centro devolveralle unha copia selada coa data de rexistro de entrada e tramitará dita solicitude.
Agradéceríase a todos as persoas que presenten a solicitude a través da aplicación enriba mencionada, presenten no centro unha copia para poder obter e comparar os códigos creados.
No centro, tal e como aconteceu coa Reserva de praza, colocaranse dous ordenadores na planta alta para axudar ás familias que non posúan internet no seus fogares a realizar a solicitude a través da aplicación, posto que en anos posteriores parece que unicamente se poderá realizar por esta vía. Neste caso, agradeceríase que pasasen en horario de dirección ou secretaría para poder prestarlle asesoramento, no caso de ser preciso.