Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
Avda. Vilariño, 29. 36630 Cambados. Pontevedra.
Tfno: 886151181 /886151182
Fax: 886151183
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepantoniomagarinos
Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es
Biblioteca: http://opacmeiga.rbgalicia.org
PERMISOS
Tipos |
Lexislación |
Documentación |
Resolución |
Duración |
Observacións |
CONCEDIDOS POR DIRECCIÓN |
|||||
Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun/ dunha familiar |
Orde 29/1/2016 Artigo 3 |
Anexo V Documentación a determinar pola dirección. |
Dirección Prazo: 3 días |
1º Grao: 3 ou 5 días hábiles. 2º Grao: 2 ou 4 días hábiles. Se é na mesma localidade ou non. Para os efectos deste artigo non se consideran hábiles os sábados, domingos e festivos. |
Retribuído. As enfermidades graves son as enunciadas no RD 1148/2011. No caso de falecemento, os días deberán ser consecutivos e inmediatamente posteriores. Nos demais casos poden collerse de forma descontinua. Computarase o día do feito causante cando a persoa non preste servizos e lle correspondese prestalos. Considérase hospitalización cando a estadía no hospital inclúa como mínimo unha noite e unha comida principal. Se a hospitalización é inferior ao tempo máximo do permiso, a duración redúcese a eses días, agás que a persoa necesite repouso domiciliario. A localidade de referencia é a de residencia comunicada ao centro. No caso de intervención que requira repouso domiciliario a localidade será aquela na que se produza. Se sobrevén falecemento iníciase o cómputo dun novo permiso. |
Permiso por traslado de domicilio |
Orde 29/1/2016 Artigo 4 |
Anexo V Documentación a determinar pola dirección. |
Dirección Prazo: 3 días |
1 día (2 en familias de 2 ou máis persoas). Se é a outra localidade: 2 ou 4días respectivamente. |
Retribuído. Os cambios de destino non dan dereito a este permiso. |
Permiso para exames finais, probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público |
Orde 29/1/2016 Artigo 6 |
Anexo V Documento acreditativo de asistencia. |
Dirección Prazo: 3 días |
Durante os día de celebración das probas. |
Retribuído. Inclúense probas de ingreso nafunciónpúblicaeexamesparciaisque liberen parte do programa. Teñen que estar convocados por centros oficiais. Inclúese tamén o tempo mínimo para a viaxe de ida e volta. |
Permiso para exames prenataise preparación ao parto |
Orde 29/1/2016 Artigo 9 |
Anexo V Xustificación da necesidade de realización na xornada laboral e documento de asistencia. |
Dirección Prazo: 3 días |
Polo tempo necesario |
Retribuído. Válido tamén para o cónxuxe ou parella acompañante. Precísase xustificar a necesidade de facelo durante a xornada laboral. Nos casos de adopción ou acollemento inclúe a asistencia ás sesións previas de información e preparación e para a declaración deidoneidade. |
Permiso para tratamentos de fecundación asistida |
Orde 29/1/2016 Artigo 10 |
Anexo V Xustificación da necesidade de realización na xornada laboral documento de asistencia. |
Dirección Prazo: 3 días |
Polo tempo necesario |
Retribuído. Precisase aviso previo e xustificación da necesidade de facelodurante axornadalaboral.Encasodedesprazamento opermisoseráde2días.Válidotaménparao cónxuxe ou parellaacompañante. |
Permiso para tratamentos de fecundación asistida |
Orde 29/1/2016 Artigo 10 |
Anexo V Xustificación da necesidade de realización na xornada laboral documento de asistencia. |
Dirección Prazo: 3 días |
Polo tempo necesario |
Retribuído. Precisase aviso previo e xustificación da necesidade de facelodurante axornadalaboral.Encasodedesprazamento opermisoseráde2días.Válidotaménparao cónxuxe ou parellaacompañante. |
Permiso por matrimonio de familiares de até 2º grado de consanguinidade e 1º de afinidade |
Orde 29/1/2016 Artigo 12 |
Anexo V Documentación a determinar pola dirección. |
Dirección Prazo: 3 días |
O día da celebración |
Retribuído. |
Permisos para o cumprimento de deberes inescusábeis de carácter público ou persoal, de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis deasistencia a consultas e revisións médicas |
Orde 29/1/2016 Artigo 14 |
Anexo V Documentación xustificativa |
Dirección. Prazo: 3 días Cando teñan certa periodicidade será a Xefatura Territorial. Prazo: 10 días |
Polo tempo indispensábel |
Retribuído. Engádense os deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis de asistencia a consultas e revisión médicas propias, para acompañar á parella, aos fillos ou fillas, así como a persoas maiores a cargo do/a solicitante. Se van ser revisións cunha certa periodicidade presentarase unha única solicitude. Pode implicar o nomeamento de persoal substituto. Inclúense as enfermidades leves non superiores a 3 días cando se aporte xustificación documental. |
Permisos para o cumprimento de deberes inescusábeis de carácter público ou persoal, de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis deasistencia a consultas e revisións médicas |
Orde 29/1/2016 Artigo 14 |
Anexo V Documentación xustificativa |
Dirección. Prazo: 3 días Cando teñan certa periodicidade será a Xefatura Territorial. Prazo: 10 días |
Polo tempo indispensábel |
Retribuído. Engádense os deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis de asistencia a consultas e revisión médicas propias, para acompañar á parella, aos fillos ou fillas, así como a persoas maiores a cargo do/a solicitante. Se van ser revisións cunha certa periodicidade presentarase unha única solicitude. Pode implicar o nomeamento de persoal substituto. Inclúense as enfermidades leves non superiores a 3 días cando se aporte xustificación documental. |
Permiso para asuntos persoais |
Orde 29/1/2016 Artigo 15 |
Anexo V Sen xustificación. |
Dirección Prazo: 3 días |
Até 4 días |
Retribuído. Dous días poderán ser en días lectivos. A conceder en función das necesidades doservizo. |
Imprevistos |
Orde 29/1/2016. Artigo 33 |
Anexo V |
Dirección Prazo 3 días |
24 períodos lectivos |
Imprevistos ou enfermidades leves inferiores a 3 días con xustificación non documental. |
CONCEDIDOS POLA XEFATURA TERRITORIAL CORRESPONDENTE |
|||||
Permiso por lactación |
Orde 29/1/2016 Artigo 7 |
Anexo IV Fotocopia cotexada do libro de familia ou inscrición de nacemento no Rexistro civil.
Xustificación documental de que o outro proxenitor non goza do permiso. |
Xefatura Territorial Prazo: 10 días |
1 hora diaria, que pode dividirse en dúas fraccións demedia hora ou a acumulación correspondente (4 semanas por cada fillo/a). |
Retribuído. Concédese con independencia da situación laboral do cónxuxe. Cando os dous proxenitores traballen pode ser exercido indistintamente por calquera deles ou ratearse a súa duración. Pode acumularse total ou parcialmente O persoalsubstitutopoderáacumularahora en proporción aos servizos prestados desde o remate do permiso por parto, adopción ou acollemento até que finalice o curso ou o fillo/a faga doce meses. Tenderase a que a acumulación sexa de dúassemanascontinuadascomomínimo. |
Permiso polo nacemento de fillos/as que deban permanecer hospitalizados/as |
Orde 29/1/2016 Artigo 8 |
Anexo IV Fotocopia cotexada da partida de nacemento.
Documento que acredite a hospitalización. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
2 horas diarias |
Retribuído. Tamén se inclúe o dereito a unha redución de até dúas horas con diminución proporcional das retribucións que pode prolongarse despois da alta hospitalaria mentres o/a fillo/a precise coidados.Encasodeconflitocosdereitos do alumnado as horas serán no horario complementariofixo. |
Permiso por matrimonio ou unión de feito |
Orde 29/1/2016 Artigo 11 |
Anexo IV Fotocopia cotexada do libro de familia ou inscrición nun rexistro oficial de parellas defeito. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
15 días naturais seguidos |
Retribuído. Deberase gozar, con carácter xeral, en datas que comprendan o día do feito causante ou inmediatamente despois. Excepcionalmente e, por causa motivada, pode ser noutras datas dentro do curso académico. |
Permiso por accidente ou enfermidades moi graves |
Orde 29/1/2016 Artigo 13 |
Anexo IV Informe médico e xustificación documental do parentesco |
Xefatura Territorial. Prazo: 10 días |
30 días naturais, que poden gozarse separados ou acumulados. |
Retribuído. Afecta á parella e familiares de 1º grao. Pódese gozar no caso de familiares de 2º grao convívente ou que non teñan familiares de 1º grao. Se houbese máis dun titular poderase ratear. Precísase informe previo da Inspección médica educativa. Non pode ser inferior a 7, nin rematar un venres e reiniciarse o lunsseguinte. |
Permiso por parto |
Orde 29/1/2016 Artigo 17 |
Anexo IV Certificado médico oficial, do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia e no caso de ampliación documentación xustificativa. |
Xefatura Territorial Prazo: 10 días |
18 semanas ininterrompidas (17 no 2016) |
Retribuído. Ampliación de 2 semanas no suposto de discapacidade do fillo/a e por cada fillo/a a partir do 2º en parto múltiple. O permiso ampliarase no caso de hospitalización do fillo/a até un máximo de 13 semanas adicionais. Teranse en conta os internamentos iniciados nos 30 días naturais seguintes ao parto. Pode gozarse de xeito simultáneo ou sucesivo co outro proxenitor e tamén a tempo total ou parcial (1/3 ou 1/2 da xornada). Descanso obrigatorio nas 6 primeiras semanas. |
Permiso por adopción ou acollemento |
Orde 29/1/2016 Artigo 18 |
Anexo IV Resolución administrativa/ xudicial. Para inicialo antes documentación que acredite a tramitación da adopción internacional. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
18 semanas ininterrompidas (17 no 2016) |
Retribuído. Ampliación de 2 semanas no suposto de discapacidade do/a menor así como por cada menor en adopción múltiple. Pode iniciarse 4 semanas antes da adopción oficial. O goce pode ser simultáneo ou sucesivo se ambos proxenitores traballan. Pode gozarse a tempo total ou parcial (1/3 ou 1/2 da xornada).Se fose preciso o desprazamento internacional previo terase dereito a un permiso de até 3 meses, enteiros ou fraccionados, retribuídos só coas retribucións básicas. Para os efectos deste artigo terá a consideración de acollemento simple o que teña a duración dun curso. |
Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo/a |
Orde 29/1/2016 Artigo 19 |
Anexo IV Certificado médico oficial, do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
29 días naturais ininterrompidos |
Retribuído. Ampliación a 36 días en partos ou adopcións múltiples. |
Permiso por violencia de xénero |
Orde 29/1/2016 Artigo 21 |
Anexo IV Acreditación segundo artigo 5 da Lei 11/2007 |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Polo tempo necesario |
Retribuído. As faltas totais ou parciais serán xustificadas cun informe dos servizos sociais ou sanitarios nos sete días seguintes. |
Permiso para asistencia a actividades de formación |
Orde 29/1/2016 Artigo 22 |
Anexo I, II, III. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Polo tempo necesario e até un máximo de catro díaslectivos |
Cursos organizados polos servizos centrais: a admisión xa implica o permiso (previa notificación da Inspección). Cursos dos CFR: só fóra do horario lectivo. Outros(universidades,sindicatos,asociacións profesionais ou similares): solicitude con informe da dirección cun mínimo de 10 días de antelación. |
Graosdeparentesco: 1º grao: cónxuxe, pais, nais, sogro/a,fillos/as.
2º grao: irmáns, irmás, avós, avoas, netos/as.
LICENZAS
Tipos |
Lexislación |
Documentación |
Resolución |
Duración |
Observacións |
Por asuntos propios |
Orde 29/1/2016 Artigo 23 |
Anexo IV |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
3 meses cada 2 anos. Con carácter xeral non-inferior a 5 días. |
Non retribuída. Subordinada ás necesidades do servizo. Durante o seu goce o persoal segue suxeito ao réxime de incompatibilidades. |
Por enfermidade propia (I.T.) |
Lei 2/2015. Artigos 128 e 146 |
Anexo IV Parte de baixa médica oficial (MUFACEou Seguridade Social) |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Persoal funcionario de carreira (MUFACE): até 24 meses (incluíndo 2 prórrogas de 6 meses). Persoal interino (Réxime Xeral): até 18 meses (con unha prórroga de 6 meses). Poderá haber 6 meses máis prórroga sen obriga de cotizar. |
Retribuída 100% en casos de enfermidade laboral ou enfermidade común só nos casos de hospitalización,intervencióncirúrxica ou IT derivada do embarazo. Retribuída con desconto no resto de enfermidades comúns:
Días 1 a 3: cobro do 50% das retribucións. Días 4 a 20: cobro do 75% das retribucións. A partir do día 21: cobro do 100%.
O persoal do Réxime de MUFACE pasa a cobrar as retribucións básicas e o subsidio de MUFACE a partir do 4º mes. |
Por risco durante o embarazo ou o período de lactación natural |
Orde 29/1/2016 Artigo 25 |
Anexo IV |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Polo tempo necesario cando non sexa posíbel a adaptación das condicións ou do posto de traballo. |
Retribuída. |
Por estudos |
Orde 29/1/2016 Artigo 26 |
Anexo IV |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Segundo a convocatoria de licenzas por estudos |
Retribuída. Pódense conceder ao persoal funcionario de carreira e en prácticas. |
Para a participación en proxectos ou programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción humanitaria |
Orde 29/1/2016 Artigo 27 |
Anexo IV |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Por un período non superior a 6 meses |
Poderán ter carácter retribuído no suposto e cos requisitos que, sefose o caso, sedeterminen. |
Para supostos de hospitalización prolongada |
Orde 29/1/2016 Artigo 28 |
Anexo IV |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Até 1 mes |
Non retribuída. Para atender ao cónxuxe, parella de feito ou parentes queresidancoapersoafuncionariano caso de hospitalizaciónprolongada por enfermidade grave ou que implique repouso domiciliario. |
REDUCCIÓNS DE XORNADA:
Tipos |
Lexislación |
Documentación |
Resolución |
Duración |
Observacións |
Por coidado dun/dunha familiar |
Orde 29/1/2016 Artigo 30.1 |
Anexo IV Fotocopia cotexada do libro de familia. Documentomédico que acredite o carácter moi grave. Se o familiar é en 2º grao, documento que que acredite que non existen superviventes de 1º grao ou están incapacitados para o seu coidado. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
1 mes (excepcionalmente 2 meses) Non pode ser inferior a 7 días. |
Retribuída. Para familiares de 1º grao. Excepcionalmente pode outorgarse por familiares de 2º grao. Redución de até o 50% da xornada laboral. Se hai máis dun/dunha titular do dereito poderase ratear. |
Por coidado de fillo/a menor que padeza cancro ou outra enfermidade grave |
Orde 29/1/2016 Artigo 30.2 |
Anexo IV Informe médico do menor. Fotocopia do libro de familia ou equivalente. Acreditación da condición de persoa asalariada do outro proxenitor. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Período inicial dun ano, prorrogable por períodos de seismeses, como máximo, até que o menor faga os 18 anos |
Retribuída. Concédese nos casos nos que os dous proxenitores traballen e mentres dureoingresohospitalariodelongaduración ou a hospitalización a domicilio e requira coidado directo e permanente. A redución será como mínimo da metade da xornada, percibindo as retribucións íntegras a cargo da Consellaría. Precísase informe do Servizo de Saúde e da Inspección médica. Se ambos proxenitores, un deles poderá ter dereito ás retribucións íntegras. |
Por violencia de xénero |
Orde 29/1/2016 Artigo 31 |
Anexo IV: Acreditación segundo artigo 5 da Lei 11/2007 de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. |
Xefatura Territorial Prazo: 10 días |
Polo tempo necesario |
Retribuído coa redución proporcional de haberes. Tamén terán dereito á adaptación e flexibilización do seu horario, neste caso supeditada á organización do centro. |
Por garda legal |
Orde 29/1/2016 Artigo 32.1 |
Anexo IV Fotocopia cotexada do libro defamilia. Copia cotexada da resolución administrativa de garda legal. Xustificación da Axencia Tributaria de que a persoa que xera o dereito non desempeña actividade retribuída. Declaración da solicitante de non realizar ningunha actividade no horario de redución. |
Xefatura Territorial Prazo: 10días |
Redución de 1/3 a 1/2 da xornada laboral. |
Retribuído con redución proporcional de haberes. Este permiso pode solicitarse para coidado de fillos menores de 12 anos, persoas maiores a cargo ou unha persoa con discapacidade sen actividade retribuída. Tamén para o coidado directoda parella ou dun/dunha familiar de 2º grado que non se poidan valer por si mesmos/ as e que non desempeñen actividade retribuída. Incompatíbel co desempeño doutra actividade no horario obxecto da redución. Pode acumularse ao permiso de lactación. Pode eximir da obriga de impartir docencia todos os días da semana. Areduciónseráproporcionalentreohorario lectivo e o complementario fixo e semanal de permanencia nocentro. |
Por interese particular |
Orde 29/1/2016 Artigo 32.2 |
Anexo IV |
Xefatura Territorial Prazo: 10 días |
Redución de 1/2 da xornada laboral |
Retribuído con redución proporcional de haberes. Pode eximir da obriga de impartir docencia todos os días dasemana. Será proporcional entre o horario lectivo e o complementario fixo e semanal de permanencia no centro. |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |