Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

O colexio

Quen somos?

O Colexio Antonio Magariños é un centro educativo de carácter Público que imparte Educación Primaria cunha media de 180 alumnos con dúas unidades por nivel. O alumnado procede principalmente da EEI "A Pastora".

O noso Colexio está adscrito ao IES "Ramón Cabanillas" e é alí a onde se dirixe a maioría dos noso alumnado cando remata a Educación Primaria. A coordinación con estes dous centros é de gran importancia para favorecer a transición entre etapas.

 O CEP "Antonio Magariños Pastoriza" empezou a funcionar no curso 66-67 co nome de Escola Graduada Mixta, despois como Colexio Público Comarcal. Máis tarde púxoselle o nome de Antonio Magariños Pastoriza en memoria dun mestre que impartiu docencia durante moitos anos en Cambados.

A zona de influencia do Colexio abarca o centro de Cambados e unha pequena zona próxima: Corbillón,Vilariño,...

Dende o curso 1998/99 temos xornada continuada de 9 a 14h, a excepción dos últimos dous cursos que modificamos os horarios por mor da pandemia derivada da Covid-19. Podedes consultar os horarios provisionais nesta mesma web.

O profesorado do Centro participa en diferentes cursos de perfeccionamento en colaboración co Plan anual de Formación do Profesorado dende o Cefore (centro de Formación do Profesorado). 

O CEP Antonio Magariños Pastoriza conta con Plan Madruga e Comedor escolar.

As relacións do Centro con organismos públicos e privados son satisfactorias.

Datos do centro

Se queredes contactar co noso centro de 9 a 14h, podedes empregar os seguintes teléfonos: 

Secretaría: 886.151.181

Dirección: 886.151.182

Fax: 886,151,183

 Recordamos que o nº de teléfono para os usuarios do comedor é o 684 338 248. 

Ademáis fóra do horario lectivo pode empregar o nº de teléfono 684 338 248 para informar ó centro de posibles casos positivos derivados da Covid-19.

Outro medio de contacto co centro é a través do correo electrónico cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.gal

 

Como entendemos a educación?

Queremos un Centro aberto, participativo acorde coas normas establecidas e a innovación educativa; un alumnado libre, tolerante, democrático, responsable, formado técnica e culturalmente, con hábitos positivos e habilidades para a vida; un profesorado profesional, libre, plural, motivador, dinamizador de grupos, eficaz;  e unha comunidade educativa colaboradora, resp

Que pretendemos?

  • Acadar o máximo aproveitamento e a mellora dos espacios e materiais do Colexio.
  •  Propiciar un clima de diálogo e respecto entre tódolos membros da Comunidade Educativa.
  • Desenrolar os contidos transversais no marco d

CEP Antonio Magariños Pastoriza

 

CEP Antonio Magariños Pastoriza
Distribuir contido


by Dr. Radut