Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Fondo de libros.

Neste cartafol poderán atopar toda a documentación relativa á solicitude de Fondo de Libros, axudas libros e ou, axudas de material.

Listaxe de libros para o curso 2019/2020

No arquivo adxunto poderán atopar a listaxe de libros de texto para o curso 2019/20
 
Un saúdo.

Resolución definitiva do fondo de libros para o curso 2019/2020

Bos dias.
 
Nos documentos adxuntos atoparán as listaxes dos libros que lle corresponde a cada alumno/a no reparto realizado de Fondo Libros.
 
Un saúdo.

Publicación da listaxe provisional do fondo de libros para o curso 2019/2020.

Estimadas familias.
 
Adxúntanse dous documentos coas listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º.
A partires de hoxe comezará un prazo de 10 días hábiles para poder realizar as reclamacións e modificacións oportunas.
 
Un saúdo.
 
A dirección.

Recollida de cheques do fondo de libros.

Bos días.
 
A partir de hoxe poderán pasar a recoller os cheques de material ou libros do fondo de libros.
 
Un saúdo.

Fondo de libros e Axudaslibros 2019

Documentación que se debe presentar para participar no Fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libro e texto e material escolar.

 

PROCEDEMENTO AD330B DA WWW. SEDE/XUNTA.ES

DOCUMENTACIÓN QUE OBRIGATORIAMENTE SE DEBERÁ PRESENTAR COA SOLICITUDE:

□   Copia do libro de familia no que figuren os membros computables da unidade familiar.

           □  Se falta de este, ou se a situación cambiou no 31 de decembro de 2016, o número de membros se acreditará mediante:

o   Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

o   Certificado ou volante de convivencia

o   Informe de servicios sociais ou órgano do concello onde se reside.

□   Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

□   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

CONSULTARÁNSE TELEMÁTICAMENTE OS SEGUINTES DATOS (en caso de non autorizar, deberase marcar e entregar fisicamente no centro, tanto orixinal como copia.)

□   Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante

□   Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, do certificado tributario de imputación dos membros computables

da familiar distinto da persoa solicitante do ano 2017

□   Discapacidade dalgún menbro da unidade familiar, incluído o alumno e a persoa solicitante en 31 de decembro de 2017, acreditarase a través de:

o   Discapacidade igual ou superior ao 33%: o certificado do grado de discapacidade.

o   Discapacidade gual ao 33%: Recoñecemento do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento da discapacidade ou

resolución de recoñecemento da pensión

 

     O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

     ESTÁ ABERTO DENDE MAÑÁ ATA O 21 DE XUÑO.

          Os que desexen realizar empregando o impreso poden vir recollelo no centro.

Resolución definitiva de fondo de libros para o curso 2018-19

Bos días.
 
Debido a un erro informático, volvemos a subir as dúas listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo de libros para o curso 2018/19
Un saúdo.

Recollida de vales de axuda de libros para 1º e 2º curso e de axuda de material para 3º, 4º, 5º e 6º para o vindeiro curso 2018/19

A partir do luns día 2 de xullo, poderán pasar a recoller todo os cheques de axuda de materiais e de libros para o vindeiro curso 2018/19.
 
Un saúdo.

Resolución definitiva de Fondo de Libros para o curso 2017/18

Estimadas familias.
 
Nos arquivos adxuntos poderán atopar os libros que se lle concederán ao alumnado para o curso 2017/18.
 
En caso de que teñan algunha dúbida, estaremos no centro ata o día 15 en horario de Secretaría.
 
Informarlles de que o reparto dos libros de texto se realizará o 4 de setembro.
 
Un saúdo.

Listaxe de admitidos e excluidos provisionais do Fondo Solidario de Libros de texto para o curso 2017/18

Nos arquivos adxuntos, poderán atopar as listaxes, tanto de admitidos como de excluídos, do Fondo Solidario dos LIbros de Texto para o curso 2017/18.
 
En caso de que saíse excluída, deberán pasar polo centro para arranxar os posibles erros nas solicitudes, ou ben por falta de documentación, como ser preciso entregar a Declaración da renda en papel, ou erros cometidos polo equipo directivo do colexio, como ausencia dalgún membro da unidade familiar.
 
As listaxes definiivas, sairán publicadas o día 11 de xullo ao longo da mañá e colocarase na cristaleira do centro.
 
Os libros entregaranse o día 4 do mes de setembro, coas instruccións de uso e manexo.
Distribuir contido


by Dr. Radut