Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Entrega de documentación para baremar as solicitudes do comedor escolar para o vindeiro curso 2016/17

A partir do martes 21 de xuño, os interesados poden acercarse pola Secretaría do centro para recoller o Anexo II e o o documento que a continuación se detalla, para poder realizar a baremación do alumnado que será usuario de comedor escolar para o vindeiro curso 2016/17

 

Para a baremación seguirase o seguinte baremo:

a)      Alumnado usuario de comedor no curso escolar anterior, salvo que variara sustancialmente o criterio polo que fora admitido.

b)      Alumnado beneficiario do servizo de transporte escolar.

c)      Alumnado en situación económica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado cun informe da asistenta social do Concello de Cambados ou o que corresponda.

d)      Alumnado membro de familias numerosas, certificado co correspondente título ou carnet expedido.

e)      Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada de horarios laborais co horario de saída do seu fillo ao mediodía, mediante documento expedido a tal efecto polo/s empregador/es, xunto coa copia do contrato de traballo actualizado.

f)       Outro alumnado do centro.

g)      Persoal docente ou non docente que preste servizos no centro.

Aquel alumnado con alerxias ou intolerancias alimenticias deberá ser admitido nas mesmas condicións de igualdade que todos os demais no que se refire aos criterios de preferencia anteriormente descritos.  No caso de ser admitido, é importantísimo que se expecifique a intolerancia ou alerxia para avisar á empresa de Cátering que realice o suministro.

Todas as solicitudes deberán acompañar o Anexo II: Modelo de Autodeclaración e especificacións, que indicará o importe que deberán pagar as familias polo uso do comedor escolar.



blog | by Dr. Radut