Calendario para a admisión do alumnado para o curso 2020-2021
ADMISIÓN DE ALUMNADO
Curso 2020-2021
Para o presente mes de marzo o calendario de aplicación do procedemento de admisión do alumnado procedente doutros centros docentes é o seguinte:1-23 MARZO | Presentación Solicitudes |
23 MARZO -13 ABRIL | Presentación Documentación Baremo |
24 ABRIL | Publicación Lista Provisisonal |
25 ABRIL -2 MAIO | Presentación Reclamacións |
14 MAIO | Publicación Lista Definitiva Admitidas |
20-30 XUÑO | Formalización Matrícula |
DO 1 AO 20 DE MARZO Presentación de Solicitudes As solicitudes que se vaian presentar en sede electrónica unicamente poderán realzarse ata o día 20. Como no noso centro o día 19 e 20 son festivos, aquelas que se presenten con posterioridade, unicamente se poderán entregar en formato papel e entregadas no centro. As persoas solicitantes teñen que entregar a seguinte documentación: · Impreso ED550B Pódese coller no centro e cubrir a man ou facelo online desde a Sede Electrónica da Xunta.
- Libro de familia
- Fotocopia de DNI no caso de que non autoricen a consulta de datos de identidade
- Certificado de empadroamento
- Certificado de familia numerosa. En caso de que o alumno/a conviva con persoas alleas aos proxenitores traer o certificado de convivencia.
- No caso de familias en situación de separación necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que sexa en caso de violencia de xénero, será preciso presentar a resolución xudicial.