Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

O día 11 retómase o prazo para solicitar a admisión do alumnado.

Estimadas familias. 
A partir do día 11 de maio e ata o 18 do presente mes de maio, poderedes pasar polo centro a solicitar a admisión para o vindeiro curso escolar 2020/2021, en horario lectivo. Unicamente é un trámite a realizar por aquelas persoas que van cambiar de centro etapa (1º de primaria) e que non fixeran os trámites na Pastora durante o mes de marzo.
Para o resto dos cursos, unicamente se se desexa cambiar de centro académico o vindeiro curso.
 
Recordade que, os de 6º de primaria que non van ir ao IES Cabanillas e que non fixeron o trámite da reserva de praza, tamén deberán pasarse polo instituto de destino a realizar este trámite.  
 
 
O horario exclusivo de Secretaría para tramitar dita documentación será de 10 a 13 horas. 
Un saúdo. 


page | by Dr. Radut