Skip to Content

 

Animación á lectura

Día Mundial da Poesía

21/03/2013 12:00
21/03/2013 12:30
Europe/Madrid

Hoxe, no Día Mundial da poesía , todo o alumnado do centro acudíu á Sala de Usos Múltiples. Alí dous alumnos de cada aula, en representación dos seus compañeiros, foron lendo poemas de Rosalía de Castro e de Ramón Cabanillas. Para rematar o acto un alumno de primeiro recitounos un poema que o seu avó compuxo adicado a Ramón Cabanillas e que tiña moi ben memorizado. Antes de irnos de novo ás aulas a Xefa de Estudio recordoulles aos alumnos/as que mañá, 22 de marzo, remata o prazo para presentar poemas do VIII Concurso "O latexo das verbas".

Blogue para o alumnado, nais e pais de segundo

Blogue de 2º. Estamos de parabéns no cole, pois o alumnado de segundo (e as súas nais e pais) poden seguir moi de perto o que acontece na aula e no colexio, buscar, ampliar coñecementos e andar na procura da illa do saber, adentrándose no blogue que para eles crearon os seus profesores Miro e Verónica.

Miguel Anxo Fernández ensínanos a crear historias

26/04/2012 12:00
26/04/2012 14:00
Europe/Madrid

Miguel Anxo Fernández, autor de "O sabre do francés" e da saga da novela detectivesca do seu protagosnista Frank Soutelo volverá estar connosco o mércores 26 a partir das doce. Falaranos da claves que nos levan a sermos escritores e tamén nos lerá o conto que creou para o Manifesto do proxecto de fomento do galego neste curso.

 

Día do libro: Contacontos

23/04/2012 12:20
23/04/2012 14:00
Europe/Madrid

O día do libro temos unha sesión de contacontos, grazas á colaboración de Consorcio Editorial. "Inacio Vilariño", autor da "Fábula galénica" será o encargado de facer que o alumnado de Segundo Ciclo descubra as maravillas que se agachan detras das páxinas dun libro.

Abraham Carreiro no cole

27/02/2012 00:00
27/02/2012 11:00
Europe/Madrid

Hoxe estamos de parabéns. O alumnado de 5º e 6º mergullarase na maxia dos soños e os contos e aprenderán como crear historias fantásticas da man de Abraham Carreiro e do seu libro "Xoeliki".Podedes coñecer máis de Xoeliki na ligazón http://www.xoeliki.com

Ofrenda Floral e Recital poético na Calzada

13/05/2011 12:00
13/05/2011 13:35
Etc/GMT+1

Con motivo da celebración das Letras Galegas, que este ano se adican ao escritor Lois Pereiro, o alumnado e o profesorado do centro participará o venres, día 13, ás 12 da mañá, na Ofrenda Floral e recitado de poemas, diante da estatua a Cabanillas xunto con alumnado e profesorado dos demais centros do Concello.

Mario Tomás

Mario Tomás

Pola vila de Cambados: A Biblioteca Municipal

26/04/2011 00:55
26/04/2011 10:55
Etc/GMT+1

O martes día 26, o alumnado de 5ºB fará un pequeno percorrido pola vila de Cambados, para coñecer a Biblioteca Municipal, ubicada na restaurada Casa dos Fraga.

 

Mestres contacontos

12/04/2011 12:15
12/04/2011 13:10
Etc/GMT+1

Continuando coa experiencia iniciada do curso pasado, podemos disfrutar dunhas estupendas sesións de contacontos grazas a colaboración de mestres, este ano do colexio de Vilariño, que nos agasallan coa maxia das palabras. Desta volta serán os alumnos e alumnas de 1º os que van poder disfrutar destes momentos tan especiais arredor dun libro e da palabra.

Lectura colectiva no Auditorio: Álvaro Cunqueiro

29/04/2011 00:30
29/04/2011 10:56
Etc/GMT+1

Todos os centros educativos do Concello de Cambados imos participar nunha lectura colectiva de textos de Álvaro Cunqueiro neste ano que se conmemora o 100 aniversario do seu nacemento. Vémonos no Auditorio Municipal o venres día 29.

Distribuir contido


by Dr. Radut