Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Animación á lectura

Día das Bibliotecas escolares

O 24 de outubro celébrase a nivel internacional o Día das Bibliotecas escolares.

Para poñer en valor a nosa biblioteca realizamos diferentes actividades:

  • Portadas do noso libro favorito.
  • Reseña sobre o noso libro favorito.
  • Descrición da nosa bilioteca.

LECTURAS DIXITAIS PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estimadas familias,

 

A través deste enlace podedes consultar as lecturas dixitais das bibliotecas escolares de Galicia.

Pincha no seguinte enlace e desfruta dunha Semana Santa chea de aventuras de xeito gratuito!

 

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

Receitas coas castañas

Premendo no enlace podedes atopar un interesante recurso elaborado para celebrar o magosto, elaborado polo departamento de Biblioteca e por algunha mestra mais do centro. 

Agardo que vos guste! 

Un recurso no que se traballou o mes da ciencia.

Premendo no enlace podedes visualizar un recurso moi interesante para traballar a Ciencia. 

Agardamos que vos guste!. 

Visita de Ledicia Costas ao Centro.

O pasado luns 20 de febreiro, visitounos no centro Da. Ledicia Costas,

 Ledicia Costas. nada en Vigo alá polo 1979 e neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribiu desde dende o que ten na memoria cunhas fermosas vivencias e historias que  fixeron rir e desfrutar aos maiores do colexio.

En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014) e en 2016 publicou “Esmeraldina, a pequena defunta”, dous dos libros que están a ler os nosos alumnos e que sen dúbida, foron xunto coas historias vividas, os focos centrais da reunión que tivemos con ela.

 

É autora de outros éxitos literarios para os pequenos e non tan pequenos e, séntese poeta, escritora e soñadora. Sen dúbida, demostrounos que ademais de soñadora é unha gran cociñeira de contos e historias que cociñou lentamente e que fixeron as delicias do noso alumnado maior.

Grazas por facernos soñar!

Neira Vilas no colexio

O ilustre escritor galego, Xosé Neira Vilas, estivo onte no colexio acompañado do cantautor Manoele de Felisa, que pon música e voz a algúns dos seus máis profundos poemas: Balbino soñador, tres volvoretas, a avoa Maripepa ... Foi unha vivencia irrepetible que recordaremos con agariamo. 

Contacontos: Anxo Moure

06/06/2013 10:35
06/06/2013 12:35
Etc/GMT+1

Moi perto do Día do Medio Ambiente contaremos no centro con Anxo Moure, que nos contará historias incribles e nos ensinará a respectar o Medio que nos rodea.

Lucía e María: contacontos na Pastora

22/05/2013 12:00
22/05/2013 12:33
Etc/GMT+1

Dúas das nosas alumnas de terceiro, Lucía Blanco e María Fiel, acudiron á EEI "A Pastora" para contarlles un conto aos pequechos de Infantil. Tratábase do libro de Eduardo Bahamonde: "Tanta Miga e a súa barriga". Os libros crean boas amizades sempre, como podedes ver! Noraboa, rapazas.

Contacontos: Paco Paquiño

21/05/2013 10:00
21/05/2013 11:00
Etc/GMT+1

Desta volta son os máis cativos do centro os que van disfrutar dunha sesión de contacontos moi especial. Modesta Padín, profesora de música no Auditorio "A Xuventude", será quen lles conte as aventuras de "Paco Paquiño". A disfrutar!

Día do Libro

23/04/2013 12:23
23/04/2013 13:10
Europe/Madrid

O martes, día 23 de abril celébrase o Día do Libro. Con tal motivo, todo o alumnado do centro acudíu á Sala de Usos Múltiples. Alí dous alumnos de cada aula, en representación dos seus compañeiros, irán lendo capítulos seleccionados da obra máis importante da literatura española: "Don Quijote de la Mancha", do inmortal Miguel de Cervantes Saavedra. Animádevos a coñecela e mergullarvos nas súas aventuras.

Distribuir contido


by Dr. Radut