Enlaces Galegos, Literatura Galega, Lendas, Actividades

Entroido 08

Neste curso adicamos o Entroido a facer un estudio dos disfraces tradicionais da nosa comarca: os Felos(Maceda), os Peliqueiros(Laza), os Cigarróns(Verín), os Vergalleiros(Sarreaus) e as Pantallas(Xinzo de Limia).

Na Galería xa podes atopar todas as fotos desta celebración.

Juan, o artista do noso cole fixo un debuxo dun felo e da súa careta:

      

Bruno tróuxonos o disfraz de felo coa súa careta:

  

Nerea disfrazouse de Pantalla:

 

André é Nerea trouxeron as súas pantallas:

   

O meco  manda:

Mandados deste ano: "Traer mandil" , "pano na cabeza", "Gafas", "saia por enriba do pantalón".

Comemos cocido, orellas .. etc e a cachola do porco (raíña da cociña nestes días) presidiu o comedor- obra de Clemente- o noso cociñeiro-.

 

Xogos Populares

En colaboración co Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo realizamos un obradoiro de Xogos Populares durante todo o mes de xaneiro no cal o noso alumnado tivo a oportunidade de practicar todos eles.

Pincha no título para acceder o libro electrónico sobre cada un deles.

Na Galería podes atopar as imaxes:

Enlaces Galegos

» Política Lingúística: http://www.xunta.es/linguagalega/

» Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/                        

  Para a búsqueda de léxico: http://www.realacademiagalega.org/galicianvocabulary/FindByWord.do

 Vocabulario ortográfico da Lingua: Galega:http://www.realacademiagalega.org/volga/

» Tradutores: http://www.ieschandomonte.edu.es/traducindote/

» Correctores: http://sli.uvigo.es/corrector/

» Instituto da Lingua Galega: http://www.usc.es/~ilgas/

» Biblioteca virtual galega: http://bvg.udc.es/index.jsp

» Biblioteca virtual de Literatura Universal en Galego: http://www.bivir.com/

» Enciclopedia de Fantasía popular de Galicia: http://www.galiciaencantada.com/

» Galipedia (Wikipedia en galego): http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

» Galilibros: http://gl.wikibooks.org/wiki/Portada dentro da Galipedia

» Instituto Galego de Estadística: http://www.ige.eu/ga/index.htm

» Corrector 2mil. Corrector ortográfico de galego para office. Podes descargalo e actualizalo na seguinte ruta: http://www.edu.xunta.es/portal/  - Centros - Recursos - Correctores

» Centro Ramón Piñeiro: http://www.cirp.es/

» Cultura Galega: http://www.culturagalega.org/

» Biblioteca dixital: http://www.csbg.org/bibliotecadixital/asp/index.asp con cartografía, prensa, autores galegos

» Autores Galegos: http://www.autoresgalegos.org/

» Consello da Cultura Galega: http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/

» Dicionario de Galego da Editorial Ir Indo: http://digalego.com/diccionario/html/index.php

» Eciclopedia Galega Universal: http://www.egu.es/

» Dicionario CLUVI- inglés Galego: http://sli.uvigo.es/dicionario/

» Cantos de Nadal: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/poesia/popular/cantos_do_nadal/home_cantos_nadal.html

» Normativa oficial do galego: http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Normativa_oficial_do_galego

                                           http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego#Normativa_do_galego

» Autores Galegos: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/poesia/seculo_xx/longa_noite_de_pedra/home_longa_noite.html

» Toponimia Galega: http://sli.uvigo.es/toponimia/

» Lendas: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/lendas/lenda_viva/home_lendas.html

» Nomenclator de Galicia: http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp

» Contos: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/home_contos_vellos.html

Exposición Etnográfica

     No curso 2003-2004 a celebración do día das letras galegas adicouse a Xaquín Lorenzo Xocas. Para conmemorar este acontecemento, no CEIP de Vilar de Barrio montamos unha exposición etnográfica. Os nenos e nenas da escola  decidiron coller o testemuño do seu traballo. Sairon do colexio na procura de aparellos propios dos oficios tradicionais da zona. Investigaron os seus nomes e usos, clasificáronos, ordeáronos e preparáronos para a súa exposición. Polo camiño descubriron que moitos deles aínda hoxe son usados e ven como certas tradicións aínda seguen vivas, ás máis das veces por falta de recursos mecánicos que as substitúan. Xocas, sabio, dixo sempre que a ferramenta cotiá estaba ameazada polo esquecemento, corría o risco de non ser valorada como o auténtico tesouro patrimonial que era, que é. Velaquí a resposta no noso traballo.
      Para levar a cabo esta empresa ademáis de contar coa colaboración de toda a Comunidade educativa (alumnado, Profesorado, pais e nais) tamén nos axudaron as cociñeiras, os veciños, o Concello etc. que de forma desinteresada e con moita ilusión aportaron as ferramentas e utensilios que pouco a pouco foron enchendo o ximnasio do cole.

     Este é o noso recoñecemento á figura de Don Xaquín. Multiplicar o seu traballo, facer que perdure, contaxiar a todo o mundo a súa ilusión polos pequenos detalles dos eixos, carros, xugos, casas, castros e capelas.

Na Galería podes ver as fotos deste traballo.

    

Desafíos do Entroido

     Os desafíos eran unha especie disputa entre os veciños de dous pobos durante a época do Entroido. Primeiro xuntábanse os habitantes dun dos pobos, disfrazábanse con  roupas de moitas cores incluso colchas, adornaban un carro e tamén burros e cabalos. Así cheos de colorido marchaban cara un dos pobos veciños, a este tipo de disfraz chamábanlle reinado. Polo camiño  ían tocando e cantando. Os habitantes do pobo veciño ó velos vir corrían a recibilos, ataban unha corda no camiño para atrancárllelo paso e alí comezaba a disputa ou desafío. Sempre se puñan a disputar as persoas do pobo que máis habilidade tiñan para facer versos. Despois de estar un pouco disputando quitaban a corda e cantaban e bailaban todos xuntos. Estes foron recollidos en Penouzos,un pobo do concello de Vilar de Barrio.

 Miña nai e maila túa     Miña nai e maila túa 
 fixeron unha merendiña.     fixeron unha empanada.
 Túa nai como era fina     Túa nai como era fina
 comeulle a merenda á miña.     deixou á miña sen nada.

                                                                                                    

Teño unha albardiña feita   Teño unha albardiña feita 
feita de palla mollada.  feita de mil perindengues
Para botarlle a ese burro  Para botarlle a ese burro
que non sabe dicir nada.  que non rinche tanto os dentes.

          

       

Teño unha herba na horta   Teño unha herba na horta 
que reventa polo pé.  que lle chaman a Luísa
Tamén as e reventar ti  Tamén as de reventar tu
por dicir o que non é.  por non ir nunca á misa.

                                    

Teño unha herba na horta   Teño unha herba na horta
 que lle chaman azafrán.  que lle chaman a teseira
 Para discutir comigo  Para discutir comigo
 cómpreche a lingua dun can  cómpreche a lingua lixeira.

Distribuir contido