Escolares

Facendo pan

O alumnado de 1º ciclo disfrutou facendo pan.

Pincha para ver as imaxes

 

Outono

Cabazas, millo, patacas, mazás, peras, castañas...

Fomos á radio


Flashy Text at FlipMyText



 


Participamos no programa ECOVOZ, un espacio radiofónico emitido por Radiovoz para toda Galicia, patrocinado por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente, a través do cal se intenta educar á poboación nos valores de respecto e compromiso coa protección do entorno, a fin de mellorar a nosa calidade de vida e camiñar cara un desenrolo sostible.
Dentro deste programa hai unha sección, o ECOPREGUNTOIRO, que é un concurso escolar no que colexios de toda Galicia compiten sobre temas de coñecemento do medio e o medio ambiente.
Quedámonos en oitavos de final, o noso contrincante foi o Colexio "Anxo da Garda" de A Coruña. Comezamos con moitos nervios e deixámoslle coller a dianteira, despois logramos empatar con eles e houbo que ir á pregunta de desempate, na que definitivamente nos venceron. Non importa o resultado, estamos contentos con participar porque a experiencia foi positiva. Desexámoslles moita sorte ós colexios q inda están loitando é vémonos en xuño na festa final, que nos ofrecen a todos os participantes e que se fai bo tempo será no parque acuático de Cerceda.
O próximo ano queremos participar de novo, pero con máis tranquilidade, que xa non seremos principiantes.

                                                          Manuela Rguez Nieto


Pincha na foto para ver as imaxes

SEMANA DA PROGRAMACIÓN

Do 13 ó 16 de outubro celebraremos a semana europea da programación con diferentes alctividades.

O alumnado dos diferentes cursos traballarán na tableta con diferentes apps

 Scratch

 Tynker

 The foos 

 Lightbot 

O xoves pola tarde teremos un obradoiro cos escornabots

Nesta páxina pódese consultar toda a información relacionada con este evento a nivel europeo, pódese localizar o noso cole e as actividades que se van levar a cabo

http://events.codeweek.eu/

 

 

Xogamos coa ciencia

Neste trimestre estivemos realizando diferentes experimentos científicos. O alumnado disfrutou moito sogando a ser científicos.

Na galería tedes imaxes e no symbaloo da biblioteca enlaces a algúns dos experimentos que realizamos.

Radio escolar

Neste curso puxemos en marcha a nosa radio. Pouco a pouco iremos subindo as diferentes audicións programadas na mesma. Podedes acceder ás mesmas dende AQUI

Farmacia Natural

En colaboración con Educa Barrie participamos no proxecto Farmacia Natural. A semana pasada chegaron as sementes e xa temos a sementeira feita. Aquí podedes ver as imaxes na Galería.

 

Paz 2012

 


O luns día 30 de xaneiro todo o alumnado e profesorado do centro conmemoramos o día da Paz. Ao longo da anterior semana estivemos traballando nas aulas, analizamos o significado da Paz, indagamos sobre a orixe desta conmemoración, buscamos distintos símbolos, pintamos e ensaiamos cancións sobre o tema.


A través desta conmemoración queremos contribuír á concienciación de toda a comunidade educativa na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano que nos permita ter as mesmas oportunidades dentro dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.


Na seguinte presentación podedes ver o traballo plástico realizado polo alumnado de primeiro ciclo xunto co vídeo correspondente da canción Un Barquito de Papel que tamén representaron para o resto do alumnado e profesorado.









Click to play this Smilebox slideshow
 

 


 

Piscina 2011

O venres 18 comezamos coas actividades na piscina de Xinzo de Limia e que levaremos a cabo durante tres venres máis: 25 de marzo e 1 e 8 de abril

Distribuir contido