Novas
Despedimos á cociñeira
Despois de 20 anos traballando no centro primeiro como axudante de cociña e últimamente como cociñeira, o 22 de marzo xubilouse Carmen. Todo o alumnado do centro quixo facerlle unha pequena homenaxe como gratitude pola súa entrega e coidado. O sentir xeral era: "Carmen, gústannos as túas comidas, gustannos os teus macarróns, os teus zancos de polo, as túas lentellas, ata nos gusta o teu caldo..."; o certo é que Carmen sempre mostrou un interese especial por facer as súas comidas daquela maneira que mais lle gustaba ós nenos e nenas.
A homenxe por parte do profesorado e demais compañeiros e compañeiras moitos deles xa xubilados aplazouse para o día 4 de maio.
Dende este espazo queremos desexarche que desfrutes desta nova vida.
Matrícula
Nova normativa para a admisión do alumnado en centros pùblicos.
No portal educativo poden atopar toda a información:
Orde 12 de marzo do 2013 que regula o procedemento de admisión en centros públicos
Decreto 254/2012 do 13 de decembro polo que se regula a admisión do alumnado
Impreso de solicitude de admisión(Alumnado de novo ingreso)
Impreso para a reserva de praza nos centros adscritos
Calendario proceso de admisión para o curso 2013-2014
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
- Catro forografías.
- Fotocopia do libro de familia (páxina onde figura o neno/a e a dos pais).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia da cartilla das vacinas.