Recomendámosche

"A CEBRA CAMILA"

Hoxe propoñémonos un conto moi especial:

"A CEBRA CAMILA"

Esta cebra vive nun país onde o vento dá a volta... e un día ese mesmo vento levoulle as súas raias. Como recuperará Camila as súas raia tan preciadas?

Solidaridade e xenerosidade mestúranse neste conto para dar un resultado xenial. Esperamos que vos guste!!!!

CONTOS PARA A IGUALDADE

   Para conseguir unha igualdade real é importante educar no respecto ás persoas dende as idades temperás. Esta é unha tarefa compartida entre a familia e escola.  

    Esta semana queremos deixarvos contiños novos. ________________________________

ROSA CARAMELO (Adela Turín):

MI FAMILIA Y ALGUNAS OTRAS (Marina Hernández Ávila):

CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO (Raquel Díaz Reguera):

 LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS (Ilan Brenman):

CONTOS EN GALEGO.

    

 

    

ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO

Tagged:  

    Juanra, é o autor das historietas que podedes atopar nesta web. Escribe de xeito desinteresado algúns dos contos que lles conta a seus fillos ao irse a cama e os comparte nesta web coa única intención de propiciar sorisas e soños.

    Virginia Jabón, Máximo Esteban e Mauro Muñiz de Urquiza realizanlle unhas fantásticas gravacións como audiocontos que están dispoñibles en Youtube. 

    Aquí tedes o enlace se queredes gozar dalgún dos seus contos e danos tamén a opción de facer actividades respecto a eles:

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

       Como xa sabedes de anos anteriores, o próximo 17 de maio, festexamos o Días das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Ricardo Carvalho Calero.

   En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

     Grazas a isto, os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.

 

     Ademais o Equipo de Normalización Lingüística, a través do enlace http://aspitas.gal, pon en marcha unha iniciativa destinada a aproximar aos escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos a figura e a obra de Ricardo Carvalho Calero.

    Dende dito enlace temos acceso ao conto "As pitas baixo a choiva", a 4 pezas musicais inspiradas no conto e a unha unidade didáctica que ten como finalidade dar a coñecer de xeito lúdico a Ricardo Carvalho.

 

 Queredes escoitar o conto???

Pois imos alá ...  preme na imaxe para que comece.

      Ademais, se o que queredes é lelo por vós mesmos e facer unhas actividades, aquí tedes os enlaces:

 conto                     unidade didáctica

       Demostrádenos o que aprendestes!!!

       Entran no seguinte enlace e realizan as actividades destinadas ao nivel escolar no que te atopas:

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/ 

ou ben, atrévete co seguinte rosco:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5768967-o_rosco_de_carvalho_calero.html

CONTOS PARA NENOS E NENAS QUE VAN DE PASEO!!!

Tagged:  

   Ola rapaces e rapazas, xa sabedes que dende o domingo 27 de abril xa podedes sair á rúa.

Eso sí, respectando as medidas de seguridade necesarias e a regra do 1x1x1:

  • Durante máximo 1 hora.
  • Acompañados por 1 adulto.
  • A non máis de 1 km da túa casa.

 Aquí tedes algún conto que vos axudará nestas primeiras saídas. Preme nos debuxos para poder leelos.

                               

 

LA MAGIA DE LOS APLAUSOS.

Tagged:  

     Esa que se contaxia dnsde fai semanas de fiestra a fiestra, e que fai posible o que antes parecía imposible: Facer voar moi alto incluso a un pequeno avión de papel.

     "La magia de los aplausos" é un libro solidario para amenizar as tardes dos nosos nenos e nenas na casa, escrito e ilustrado por 24 autores e autoras.

     Son 12 micro-contos que explican as diferentes vivencias ou anécdotas deste momento tan especial: ás 8 da noite, todos aplaudimos para homenaxear aos nosos heroes, a todos aqueles que se expoñen cada día polo ben da comunidade por estar en primeira liña. ¡Grazas!

     Adicado  a todos as nenas e nenos que levan trastexando semanas nas súas casas. O mesmo que fixeron as autoras e ilustradores deste conto.

     O vídeo coas voces de nenas e nenos xunto con narradoras como Paula Mandarina e Amaia del Campo, dá vida a esas historias que escritas e ilustradas polos artistas en tempo record.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

Tamén podedes  descargar o cnto dende este enlace.

23 DE ABRIL ---- FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Tagged:  

¿POR QUÉ LA LECTURA ES TAN IMPORTANTE?

 

HOY OS DEJAMOS UN ENLACE EN EL QUE TENEIS UN MONTÓN DE LIBROS PARA PASAR EL DÍA.

FELIZ DÍA DEL LIBRO!!

Preme en el enlace para la recopilación de cuentos 

 

KALANDRAKA

Tagged:  

    A editorial Kalandraka fai tempo que se puxeron mans á obra coa opción de fomentar a literatura infantil a través do seu canal de televisión. Empezaron a trabajar fai dous años e a emitir fai un.

   Os máis pequenos poden gozar non só dos contacontos, tamén hai vídeos con cancións e outros coas ilustracións animadas, que gustan moito aos nenos. 

 

CONTOS CONTADOS

20 LIBROS INFANTIS PARA LER NA CUARENTENA

Tagged:  

Nestes momentos complicados nos que nos toca ficar na casa, moitos autores como Olga de Dios e editoriais como Salvat , editorial Planeta ou Amazon están cedendo os seus dereitos e permiten descargar varios dos seus libros.  

Preme na imaxen e elixe os libros que máis che gusten.

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013