Digicraft

DESPEDIDA DIGICRAFT CURSO 2019/2020

Tagged:  

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo recopilatorio das actividades que realizamos no programa Digicraft durante o curso 2019-2020. Foi unha pena non poder acabar os itinerarios pola situación de estado de alarma.

Para o ano máis e mellor...

ARTISTAS DIGITALES

Tagged:  

     Con esta actividade imos poñer en práctica unha técnica fotográfica chamada light painting, que consiste en pintar con luz.

Para iso, empregaremos unha app de fotografía de longa exposición (app Light Trace Artist e Artistas Digitales), e o noso lapis será a luz dunha lanterna.

      Queredes saber como se fai? Preme no enlace onde nos explica paso a paso a  actividade:

ARTISTAS DIGITALES

    Ademais podedes visionar o seguinte vídeo que tamén nos axudará a levala a cabo:

 

Poderemos precisar da axuda dun adulto para: 

    • Descargar e instalar as aplicacións Light Trace Artist e Artistas Digitales na tablet ou smartphone (Dispoñible en Android en Play Store).
    • Abrir a aplicación e dar os permisos necesarios para a cámara.

3, 2, 1… ¡RODAMOS BAIXO O MAR!

Tagged:  

     Con esta actividade imos crear unha historia con varios persoaxes sobre un tema de interés social: O efecto da contaminación por plásticos no mar.

Para iso, empregaremos Toontastic, unha aplicación sinxela para a creación de animación 3D.

      Queredes saber como se fai? Preme no enlace onde nos explica paso a paso a  actividade:

RODAMOS BAIXO O MAR!

    Ademais podedes visionar o seguinte vídeo que tamén nos axudará a levala a cabo:

Poderemos precisar da axuda dun adulto para: 

    • Descargar e instalar a aplicación Toontastic na tablet ou smartphone (Dispoñible en Android en Play Store).
    • Abrir a aplicación e dar os permisos necesarios para a cámara e o micro.

¡IMOS DISEÑAR EN 3D!

Tagged:  

Con esta actividade imos diseñar en 3D a muralla dun castillo utilizando o programa de diseño 3D Tinkercad. 

Convertémonos en arquitectos!

      Queredes saber como se fai? Preme no enlace onde nos explica paso a paso a  actividade:

DISEÑA UNHA MURALLA EN 3D

    Ademais podedes visionar o seguinte vídeo que tamén nos axudará a levala a cabo:

Poderemos precisar da axuda dun adulto para: 

    • Crear e validar unha conta de usuario en Tinkercad.

XOGAMOS EN 3D COS NOSOS DEBUXOS

Tagged:  

 

Con esta actividade imos colorear varios debuxos da web de Quiver, despois escanearemolos coa app na tablet ou móbil e transformaránolos en 3D.

      Queredes saber como se fai? Preme no enlace onde nos explica paso a paso a  actividade:

XOGA EN 3D COS TEUS DEBUXOS

    Ademais podedes visionar o seguinte vídeo que tamén nos axudará a levala a cabo:

 

 

Poderemos precisar da axuda dun adulto para: 

    • Descargar e imprimir os documentos ou fichas que máis os gusten dende ia web de Quiver para poder colorearlos (as gratuitas están marcadas co texto FREE).
    • Descargar e instalar a aplicación Quiver  na tablet ou smartphone.

DAMOS VIDA AOS NOSOS PERSOAXES!!

Tagged:  

Con esta actividade imos convertir os nosos debuxos en persoaxes de cómic.

    Primeiro debuxaremos nun papel os persoaxes e a través de diferentes aplicacións, podémolos converter nos protagonistas dunha historia fantástica.

      Queredes saber como se fai? Preme no enlace onde nos explica paso a paso a  actividade:

DAMOS VIDA AOS NOSOS PERSOAXES

    Ademais podedes visionar o seguinte vídeo que tamén nos axudará a levala a cabo:

É posible que precisemos da axuda dun adulto para: 

COÑECEMOS AS PLANTAS DA CONTORNA

Tagged:  

Esta semana podemos comezar a saír da casa durante 1h ao día. Por isto,

A ACTIVIDADE QUE VOS PROPOÑEMOS CONSISTE EN:

     A Academia de Maxia proponos unha serie de retos para comprobar que somos capaces de atopar os ingredientes necesarios para a clase de Pócimas, alimento e outros recursos para a clase de Monstruos e materiales para a clase de Artiluxios. Para isto, coa axuda dunha aplicación de recoñecemento e o noso inxenio, termos que atopar no parque ou zoa verde máis preta algunhas especies de vexetación e animais necesarios para resolver os retos.

Preme no ENLACE para ver toda a información:

Coñecemos as plantas da contorna

Ademais podedes visionar o seguinte vídeo que tamén nos axudará a levala a cabo:


 

Poderemos precisar da axuda dun adulto para: 

    • Descargar e imprimir os documentos.
    • Descargar e instalar a aplicación Seek  na tablet ou smartphone.

QUEN QUERE SER DIGICRAFTER?

Tagged:  

Con esta actividade imos convertémonos en concursantes dun xogo cuxo obxectivo é responder ao maior número de preguntas nun tempo determinado.

Para responder a estas preguntas imos buscar en internet e resolver pequenos experimentos. Cantas preguntas conseguirás?

Convertémonos en concursantes!

      Queredes saber como se fai? Preme no enlace onde nos explica paso a paso a  actividade:

QUEN QUERE SER DIGICRAFTER?

    Ademais podedes visionar o seguinte vídeo que tamén nos axudará a levala a cabo:

Precisaremos da axuda dun adulto para: 

    • Abrir os enlaces de Scratch e Google.

APRENDEMOS A PROGRAMAR

Tagged:  

      Ante a situación nova e imprevista que se nos presenta e nos obriga a estar 15 días metidos na casa...

 

Aquí tes + de 20 aplicaciones de móbiles e tablets para aprender a programar e activar a mente dos nen@ mentras xogan.

¿Por que beneficia aos nenos xogar coas apps para aprender a programar?

  • Desenvolven o pensamento computacional xa que os retos de moitas aplicacións inclúen buscar solucións e resolver problemas aos retos plantexados.
  • Traballan as emocións: a paciencia, a perseverancia e a frustración. É moi habitual que non atopen a solución á primeira.
  • Fomentan a creatividade na resolución de problemas e retos.
  • Os xogos e retos a resolver son progresivos, o que lles motiva a continuar e non abandonarlo.
  • Ábrelles un novo mundo, aprenderán coñecementos imprescindibles do século XXI ainda que os pais/nais non sepan nada de programación. 
  • Están xogando e relacionan a programación cunha actividade divertida aprendendo sen darse conta.
  • Fan un uso activo do tempo que están con pantallas na casa.
  • Son económicas ou gratuitas. Esto beneficia aos pais. O que si é fundamental ter acceso a unha tablet e/ou móbil.

 

    Accede aos 2 enlaces, escolle a app que máis che guste e comeza a programar

5 APLICACIÓNS MÁIS PARA PROGRAMAR

20 APLICACIÓNS PARA PROGRAMAR

"DIGICRAFT NO NOSO CENTRO"

A Xunta e Vodafone poñen en marcha en Galicia o programa Digicraft no teu cole para reforzar as competencias dixitais dos xóvenes.

Ata 50 centros poderán beneficiarse desta iniciativa dirixida a alumnos de 6 a 12 anos

 

Preme na imaxe para ir a Digicraft. 

     A Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Fundación Vodafone España acaban de firmar un convenio para reforzar as competencias dixitales nas aulas co programa “DigiCraft en tu cole”, dirixido a nenos/as de 6 a12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha esta iniciativa.

     Dito programa será levado por 50 centros escolares, terá unha duración de dous anos e enmarcarase   no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia “DigiTalent” impulsado pola Amtega.

     Os centros adheridos terán acceso á formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiales descargables para o desenvolvemento das actividades e dotación de material para cada centro, que permitirá aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas: tabletas e kits tecnolóxicos.

    O programa articúlase arredor da metodoloxía DigiCraft, unha metodoloxía de aprendizaxe específico baseada no xogo e a experimentación, diseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España para axudar aos nenos e neneas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece.

Plan Digitalent

     “DigiCraft no teu cole” está encuadrado nas iniciativas do Plan de Promoción del Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfiles dixitais. O Plan, que se puxo en marcha este curso está desenvolvendo 15 iniciativas en colaboración cos axentes do ecosistema dixital.

     Toda a información sobre as novas actividades e as que están en curso están dispoñibles no portal do Plan DigiTalent digitalent.xunta.gal.

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013