Educación Física

RETOS DE EDUCACIÓN FÍSICA

Achégase o verán e con el as vacacións. Ainda que xa podemos sair da casa e facer actividade física fóra dela.Propóñovos un reto para que poidades gozar no tempo de lecer que estedes dentro de casa. 


 

QUEN DIXO QUE NA CASA NON PODÍAMOS FACER E.F.?

Aquí vos deixamos máis actividades para que poidades variar e seguir cos vosos días activos. Elixe a opción que máis vos guste.

Preme na imaxe para poder acceder ás actividades.

"UN CORPO PARA TODA A VIDA"

       Esta semana presentámosvos un proxecto que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas adquiran hábitos de vida saudables.

    Ten como fin que o alumnado adquira estes contidos, se conciencie da importancia dos mesmos na súa vida cotiá, e cal é a repercusión que teñen na aparición de futuras enfermidades.

 

     Está estruturado en 4 Unidades didácticas (teoría + práctica):

       1. Alimentación.                          3. A hixiene postural e corporal.

         2. A actividade física.                  4. Os primeiros auxilios.

Preme na imaxe para comezar a túa aprendizaxe.

O CEIP VICENTE RISCO MÓVESE NA CASA!!

     Durante a cuarentena polo Covid 19 é moi importante que os nenos e nenas non deixen de moverse.

 

sedentarismo pode ser un dos grandes enimigos cos que combatir estos días. Para evitar iso na web tedes xogos, táboas de exercicios, vídeos,... Ou se non che gustan sempre podes buscar en google táboas de exercicio, bailes, aproveitando os recursos que teñas na casa, podes  realizalo en familia e  crear un bo hábito.

As recomendacións da OMS son realizar un mínimo de 60 minutos diarios de actividade física, xunto ou dividido ao longo do día en sesións máis cortas de 30 minuto ou 20 minutos, con exercicios activos e aeróbicos.

 

  Neste periodo de confinamiento e sempre a dieta mediterránea e a actividade física son as mellores armas para loitar contra o sedentarismo. Un número excesivo de horas fronte a pantallas de consolas, videoxogos, ordenadores e tablets teñen consecuencias negativas a nivel físico, cognitivo e incluso no ámbito psicolóxico e social.

 

Ante esta situación excepcional, precisamos buscar alternativas para fomentar a actividade física todos os días en pequenos e maiores.

 

COMO XA PODEDES SAÍR DA CASA 1 HORIÑA E

  DENDE O COLE QUEREMOS  EVITAR DITAS CONSECUENCIAS,

 PROPOÑÉMOSVOS A SEGUINTE ACTIVIDADE:

 

Teredes que dende o 1 de maio anotar na táboa que vos deixo ou nun folio, a actividade física que fixestes (saltar a comba, xogar co balón, andar,...) e o tempo que lle adicastes.

Ao final de curso analizaremos todo o que fixemos.

 Preme na imaxe para abrir a táboa de anotacións

MÓVETE CONNOSCO NA CASA!!

Tagged:  

     O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 

    A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

    Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.

     Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.

    Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.

   Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

TRIVIAL E.F.

Tagged:  

      Pode un xogo de mesa clásico traballar contidos de Educación Física e promover a actividade física en nen@s?

                                    A resposta é...¡SI!

      

 

Preme na imaxe e atoparás:

  • Os documentos que che explican como xogar
  • O taboleiro
  • As tarxetas para os xogadores.

QUE CHE PARECE XOGAR Á OCA E FACER E.F.?

        Aquí vos deixo outra proposta para pasar un bo rato na casa coa vosa familia e aproveitar para mover un poco o corpiño.

Preme na imaxen e sabrás que se agocha detrás de cada número.

SEGUIMOS MOVÉNDONOS!!!!

Tagged:  

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 23 AO 29 DE MAZO

 

Preme na imaxe e sigue xogando esta semana.

NA CASA TAMÉN NOS MOVEMOS

Tagged:  

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 16 AO 22 DE MAZO

Nesta ocasión temos que quedarnos na casa. Pero todos sabedes que a actividade física é fundamental para as nosas vidas. 

Propóñovos un xeito divertido para poder movernos dentro da casa.

 

Preme na imaxe e comeza a xogar.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013