Localización

Localización

Tagged:  

 

O concello de Cualedro está situado nunha estreita franxa de terreo elevado, enmarcado pola depresión de A Limia ó oeste, e o val de Monterrei ó este, pódense distinguir dúas grandes unidades: unha zona montañosa vertebra o territorio de N a S, e ós seus pés, a penichaira, que se extende cara o este. A zona montañosa está formada polo bloque granítico da Serra do Larouco.

Cunha superficie de 117,5 km2 é unha poboación de aproximadamente 2745 habitantes está formado polas seguintes parroquias: Atás (Santa María), Baldriz (San Bartolomé), Carzoá (San Roque), Cualedro (Santa María), Lucenza (Santa María), Montes (Santa Baia), Rebordondo (San Martiño), San Millao (Santa María), Vilela (Santiago), A Xironda (San Salvador).

O CEIP " Vicente Risco" está situado ao lado do concello e do centro de saúde, na estrada que une Cualedro con Xinzo e Verín. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013