Libros de texto

Libros de texto (Curso 2020-2021)

Tagged:  

Clicade na imaxe para ver o listado de libros.

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

Tagged:  

     

      A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.

PARTICIPACIÓN   SOLICITANTE REQUISITOS

 

 

AXUDA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

 

 

alumnos/as de

1º e 2º de Ed. Primaria

- Familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, as cales recibirán un vale de 210 euros.

- Familias con renda per cápita superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros, as cales recibirán un vale de 140 euros.

- Resto de familias: non terán dereito a esta axuda.

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

 

 

 

alumnos/as de

3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

    Poderá participar todo o alumnado dos cursos mencionados e asignaranse os libros de texto por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar:

-Familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros recibirán 6 libros.

-Familias con renda per cápita superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros recibirán 4 libros.

-Resto de familias: recibirán libros se quedan sobrantes unha vez asignados ás familias anteriores.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR alumnos/as de toda a etapa de Ed. Primaria

    Para familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, as cales recibirán un vale de 50 euros.

     O alumnado de Educación Especial, o alumnado tutelado pola Xunta de Galicia e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, terá dereito as axudas que lle correspondan con independencia da renda familiar.

   A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas fsicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certfcado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 Orde e instruccións:

Presentación das solicitudes:

  • Realizarase baixo cita previa.
  • O prazo para presentar solicitudes será dende o 20 de maio ao día 19 de xuño de 2020 (incluído).

Documentación:

  • Só un impreso por familia para o alumnado matriculado no noso centro.
  • Impreso de solicitude das axudas. (Entregar cuberto e firmado por un ou ambos proxenitores segundo cada caso)
Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013