LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

       Como xa sabedes de anos anteriores, o próximo 17 de maio, festexamos o Días das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Ricardo Carvalho Calero.

   En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

     Grazas a isto, os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.

 

     Ademais o Equipo de Normalización Lingüística, a través do enlace http://aspitas.gal, pon en marcha unha iniciativa destinada a aproximar aos escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos a figura e a obra de Ricardo Carvalho Calero.

    Dende dito enlace temos acceso ao conto "As pitas baixo a choiva", a 4 pezas musicais inspiradas no conto e a unha unidade didáctica que ten como finalidade dar a coñecer de xeito lúdico a Ricardo Carvalho.

 

 Queredes escoitar o conto???

Pois imos alá ...  preme na imaxe para que comece.

      Ademais, se o que queredes é lelo por vós mesmos e facer unhas actividades, aquí tedes os enlaces:

 conto                     unidade didáctica

       Demostrádenos o que aprendestes!!!

       Entran no seguinte enlace e realizan as actividades destinadas ao nivel escolar no que te atopas:

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/ 

ou ben, atrévete co seguinte rosco:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5768967-o_rosco_de_carvalho_calero.html


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013