arquivo

CONCURSO DE LOGOS "COLE ANIMAL"

     Convocamos o concurso de logos para representar o noso proxecto de centro "Cole animal". Descargade o formato do logo adxunto nesta publicación (tamén o podedes facer vós, é un círculo sinxelo), deseñade e despois entregádello ao voso mestre/a. Todos serán publicados na web e expostos e, ademais,  o elexido será o selo identificativo de todas as actividades que se fagan dende a biblio do proxecto. Animádevos a participar! Non olvidedes poñer o voso nome e curso e entregalo antes do 22 de decembro.

 

AUGA POTABLE

Un novo podcast de difusión cinetífica do alumnado de 5ºA neste caso sobre a auga potable e a súa importancia. 

2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Nesta 2ª reunión do club de lectura puxémoslle o nome "Faragullas de papel", falamos sobre o libro "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz e elaboramos chapas identificativas que inclúen o compromiso co galego. Velaí unhas imaxes! 

3ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Nesta 3ª quedada do noso club de lectura fixemos un faladoiro onde compartimos as nosas lecturas e realizamos unha actividade en inglés. Nesta actividade falamos sobre Derdrín (o noso trasno portagonista) e unha choiva de ideas dos adxectivos cos que o describía autor no libro. Tamén falamos doutros trasnos semellantes que coñecían doutros libros e, por último, descubrimos diferentes "criaturas máxicas" dos bosques arredor do mundo. Para esto tiñan que ler unha descrición en parellas e buscar pola biblioteca a imaxe da criatura que lles tocara. Despois cada parella presentou o seu personaxe ao grupo e situouno no seu país correspondente. 

    

 

NOVOS LIBROS PARA O CLUB DE LECTURA

Como somos moitos no club dividimos os libros en dous grupos. As nosas novas lecturas son "El álbum de Garrincha" de Beatriz Maceda e "Mamá, quero ser Ziggy Stardust"  de Iria Misa.  Aquí vos deixamos as súas guías e ... ata a próxima quedada! Boas lecturas!

 

OBRADOIRO DE ARTE

    O venres 16 de decembro tres alumnos/as de Belas Artes da escola de Pontevedra viñeron facer un taller co alumnado de 5º A, B e C. O taller consistía en pintar animais coñecendo o traballo de  diferentes artistas como: Miró, Dalí... No seguinte vídeo podedes ver todas as imaxes. Esta é unha actividade enmarcada dentro do PDI do noso centro "Cole animal" e tamén na actividade "lectura e familias" (unha das mozas é a irmá dunha alumna do noso centro). Mil grazas, rapaces/as!

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña