arquivo

VISITA DOS E DAS POETAS

Durante a última semana, con motivo do premio de poesía convocado polo Concello de Carral e como conmemoración dos seu vixésimoquinto aniversario, algúns dos gañadores do premio de adultos, estiveron dándonos consellos, falando sobre eles e axudándonos a querer un pouco máis este xénero tan pouco coñecido. Emma Pedreira e Eduardo Estévez, moitas grazas pola visita! A Emma Pedreira o alumnado de 5º C fíxolle esta interesante entrevista. Grazas tamén á colaboración do EDLG do centro por facelo posible.

OBRADOIRO DE RADIO

O alumnado de 4º de EP tivo a sorte de participar nun obradoiro de radio con Santi, traballaron con el varios conceptos radiofónicos a través de divertidas dinámicas. Ademais, o grupo de valores de 4ºB, emitiu en directo un programa de radio sobre o xogo na infancia dentro do PDI: "Os súper recreos de Pingüi"

  

XOGAMOS COS PASAPALABRA

 Polo Día do Libro, ademais do programa de radio, tamén fixemos uns pasapalabras, algúns están en papel e podedes atopalos na biblio, outros son on line, feitos na plataforma Educaplay, animádesvos a xogar?

Se queredes xogar ao pasapalabra de 4ºB. Picade AQUÍ

Se queredes facer un sobre Roma picade AQUÍ. 

Para acceder ao pasapalabra de 5ºB picade AQUÍ.

Para ver os de 5ºC picade AQUÍAQUÍAQUÍAQUÍ ou AQUÍ. 

 

 

 

RECREOS XOGUETÓNS

Os nosos recreos estanse volvendo moi xoguetóns con todos os materiais que se mercaron para a biblio. 

 

UN COLE CHEO DE XOGOS!

Despois desta dura pandemia onde tivemos que estar separados e case sen tocarnos o cole vai recuperándose e volve a ter algo de cor. O xogo e o balbordo volven a ser os reis dos patios. Asi quedaron algúns dos xogos que solicitaron os nenos a través do Consello da Infancia: a serpe, os tipis e paus de construción do programa "Aulas Verdes con Corazón", tres en raia, taboleiro de damas, rocódromo, diana... e moitos máis que vos presentaremos nas xornadas de xogo que se están organizando! Grazas á ANPA "Ana Lastra" pola axuda.

 

 

 

 

 

 

XXV PREMIO DE POESÍA DO CONCELLO DE CARRAL

Aquí vos deixamos os fermosos poemas que fixo o alumnado do cole e tamén unhas fotos do acto da recollida do premio do concurso escolar que contou coa actuación de María Lado e Lucía Aldao dentro do ciclo "Elas son artistas". Todos e todas recibiron un pequeno agasallo porque todos e todas son uns poetas. Parabéns aos gañadores!

 

ENQUISAS DA BIBLIO PARA O ALUMNADO

Para mellorar o funcionamento da biblio e saber a vosa opinión pedímosvos que cubrades estas enquisas curtiñas. Milleiros de grazas!

ENQUISA PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PICAR AQUÍ.

ENQUISA PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PICAR AQUÍ. 

Recomendacións lectoras

Como cada ano, aquí tedes as recomendacións lectoras para este verán! Seguide lendo!!!

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña