Skip to Content

arquivo

CONCURSO DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

Dende a biblioteca animámosvos a que participedes neste concurso que convoca o MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA, so tedes que recrear algunha das seguintes obras pictóricas famosas, é para todas as idades. Aquí vos deixamos as bases, podedes ver algúns exemplos que xa lles están chegando por se necesitades inspiración na canle de Instagram ou Facebook do museo. 

 

CONDICIÓNS :

1. Selecciona unha das nove obras que o museo propón.

2. Crea e interpreta a obra cos materiais ou técnicas que elixas dando a túa propia versión. Podedes enviarnos tantas obras como queirades elexindo as técnicas que vos gusten: pintura, acuarela, fotografía, deseño gráfico... Deixa voar a túa imaxinación e non o deixes pasar!

3. Envíanola cos teus datos ó correo: mu.belas.artes.difusión@xunta.gal

O prazo remata o 15 de maio . (Apto para todas as idades )

Anunciaremos as obras seleccionadas o día 18 de maio, Día Internacional dos Museos e subiranse a web oficial do Museo Belas Artes da Coruña .

Subiremos algunhas das obras preseleccionadas para que podiades votar as que mais vos gusten !

Moitas grazas e non esquezas etiquetarnos nas túas creacións.

ANIMATE E PARTICIPA !!

#MuseoBelasArtesdaCoruña #Museonacasa #Artenacasa #Aculturasegue

A continuación tedes o vídeo cos 9 cadros: 

CONCURSO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

HISTORIAS CON LIBROS DO ALUMNADO DE 6ºC

Algunhas alumnas de 6ºC animáronse tamén a facer as súas historias con libros, son xeniais, encántannos! Parabéns polo traballo, estades feitas unhas creadoras excepcionais. Canto nos gusta publicar as cousas que nos mandades...

HISTORIAS CON LIBROS V from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

HISTORIAS CON LIBROS VI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

HISTORIAS CON LIBROS VII from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

RESISTIREMOS

Aquí vos deixamos unha mensaxe de ánimo dos nenos e nenas de 5º A e B de Educación Infantil. Son tempos difíciles de dúbidas e incertidumes pero se eles con esa enerxía e con so catro anos nos din que aguantemos, como non imos resistir?

Parabéns polo vídeo pequerrechos e pequerrechas, sodes uns artistas. Pingüi está encantado de vervos aínda que so sexa a través das pantallas. Así é como se constrúen as bibliotecas como viveiros de cidadanía, xuntos dando ánimos e forzas a toda a comunidade educativa, grazas por permitirnos dar esta primicia.

XA QUEDA MENOS...

O alumnado das clases de 4º de EP mándanos estas mensaxes de ánimo a toda a comunidade educativa. Xa queda menos, non vos olvidedes de nós! Coma sempre Pingüi está encantado de recibir estes vídeos tan bonitos que elaborades, é un pingüín un pouco soñador e vervos unidos e xuntos como cidadáns responsables fai que se sinta moi orgulloso de todos e todas. Sodes un exemplo a seguir rapaces! Non cambiedes nunca! 

4º A from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

4ºB from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

FAI O TEU MAIO

Ola a todos e todas!

Propoñémosvos que esta fin de semana vos animedes a CONSTRUIR O VOSO PROPIO MAIO para conmemorar a explosión da primavera e tamén que parece que podemos volver a desfrutar da natureza. Se vivides na aldea podedes recoller flores e plantas como fiuncho ou fentos e construir un, se vivides nun piso facede un debuxo ou recreade un maio con cousiñas que teñades pola casa e mandádenos as fotos ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es. Con todas as recibidas montaremos un vídeo de benvida á primavera e ao mes de maio. Que vos parece? Aquí vos deixamos un vídeo explicativo de como se fai un elaborado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. Despois se queredes poderedes xogar coa ruleta que deseñamos sobre esta temática, dádelle ao botón de comezar. O prazo para a entrega de fotos é de todo o mes, ata o 1 de xuño. 

 

CONCURSO DE DIARIOS

Dende a biblio queremos animarvos a participar no concurso que convocan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES de Carral e do noso cole sobre os diarios de confinamento. Aquí vos deixamos as bases e unha mensaxe do coordinador, o profe Xabi. 

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Durante esta semana e co gallo das Letras Galegas visitade o Blog de Dinamización da Lingua Galega picando AQUÍ, atoparedes un montón de actividades para coñecer ao homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero. 

OS CONTOS DE 5ºB DE EI

Chégannos cousiñas dos nenos e nenas que non podemos deixar de compartir con todos e todas vós, aquí están os pequenos lectores de 5ºB de Educación Infantil ensinándonos os seus libros. 

15 ANOS SENDO UN CENTRO PLAMBE

Fai 15 anos que a Consellería de Educación quixo darlle un pulo ás bibliotecas escolares con este programa a través do cal se aportaron moitas ideas, moita literatura, e porque non decilo, tamén unha inestimable aportación económica que as fixo bibliotecas de referencia en todo o Estado. Moito se fala con orgullo das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA pero detrás de todas elas hai persoas, mestres, que máis alá dos seus traballos nas aulas ordinarias, apostan e traballan en prol da lectura e das bibliotecas creativas como centros de aprendizaxe para achegarlles aos nenos e nenas recursos e espazos variados, actuais e de difícil xeneralización (e polo tanto inclusivos). Fai un tempo preguntáronnos cales era os libros máis lidos da nosa biblio, foi moi difícil escoller so dous, pero aí os tedes. Somos un puntiño no mapa, mirade, mirade a ver se nos atopades...

Para ir ao mapa de centros e os seus libros máis lidos picade AQUÍ. 

Para ir á listas dos libros que tiveron máis presenza nas bibliotecas escritos en galego picade AQUÍ. 

Faivos mercar novas lecturas para este verán? Quedache sen libros? Visita os enlaces e elixe o teu estilo! Xa liches algún deles e quedouche marcado ou marcada por algunha razón? Cóntanolo no mail da biblio, estamos desexando escoitarte... bibliosbardoscarral@gmail.com

A COMPETENCIA DIXITAL E A ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

Moito se leva falado ultimamente deste tema! Ben, imos intentar dende o blog de biblioteca facer un curso intensivo de ferramentas, protocolos de estilo, búsquedas de información... que poden ser interesantes para toda a comunidade educativa.

Aínda que moitos tedes tablets utilizades o ordenador para facer os vosos traballos e, seguramente, non tedes a suficiente destreza para escribir rápido o que fai que vos leve moito máis tempo. Para axudarvos neste novo reto propoñémosvos uns xogos: os primeiros son para Educación Infantil e axudan a aprender a manexar o rato, o segundo son os típicos cursos de mecanografía por se queredes practicar un pouco.  Se para aprender a escribir se fai un montón de caligrafía... porque non se ensina tamén a escribir de forma eficiente no ordenador? Iso si, non botedes todo o día diante das pantallas, fora hai moito que ver e desfrutar...

Pica AQUÍ e AQUÍ para ir aos xogos de EDUCACIÓN INFANTIL

Pica AQUÍ para ver a LECCIÓN DE PROBA e axúdalle aos protagonistas a superar a misión. Ensínanche a colocar os dedos no teclado. É un inicio...

Pica AQUÍ para atrapar as letras que van caendo pola pantalla. 

AQUÍ ao ritmo da música, ándate rápido, esto xa é para profesionais. 

Máis xogos picando AQUÍ.