Skip to Content

arquivo

PROPOSTAS PARA O 2 DE ABRIL

O 2 de Abril é O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, tamén é o do Autismo, debería ser un día para celebrar na biblio pero.... Estamos todos na casiña así que toca celebralo en familia, cos vosos contiños aos que seguro recurrístedes moito estes días, e é que hai contos que nos acompañarán sempre porque nos marcan, nos gustan ou simplemente nos sentimos identificados. Elexiuse este día porque foi o que naceu Hans Christian Andersen autor de obras como "A REINA DAS NEVES" (na que se basea FROZEN) ou "O PARRULO FEO".

Temos unha proposta para vos neste día: 

SACÁDEVOS UNHA FOTO CO VOSO LIBRO FAVORITO E MANDÁDEA AO CORREO DA BIBLIO. ANIMÁDEVOS! 

bibliosbardoscarral@gmail.com

Fagámoslle unha bonita homenaxe a eses amigos que sempre están con nós e que tanto nos acompañan estes días: OS LIBROS!

 

FOTOS! FOTOS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS!

Seguimos celebrando o 2 de Abril e seguimos coa proposta de onte abríndoa a toda a comunidade educativa: nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas, tíos, tías, padriños, madriñas... Xente de Carral! Mandádenos as vosas fotos co voso libro favorito. Celebremos por todo o alto este día dende a distancia! Recordade...

SACÁDEVOS UNHA FOTO CO VOSO LIBRO FAVORITO E MANDÁDEA AO CORREO DA BIBLIO. ANIMÁDEVOS! 

bibliosbardoscarral@gmail.com

Fagámoslle unha bonita homenaxe a eses amigos que sempre están con nós e que tanto nos acompañan estes días: OS LIBROS!

Ademais Alba de 2ºA mandounos este debuxo de agradecemento para as persoas que recollen o lixo. Precioso! Seguro que emocionache hoxe a un/unha traballador/a que está pouco acostumado a que poñan en valor o que fai, un heroe anónimo dos nosos días. 

 

 E por se non chegaban as sorpresas... As profes de Educación Infantil, Adriana e Mónica, déixannos máis contiños! 

Boa SEMANA SANTA! Estes días non publicaremos propostas. Imos descansar un pouco para volver cheos de ideas e forzas renovadas. #UnDíaMáisÉUnDíaMenos

BICOS PINGÜINS!

Bulide sacar as fotos!

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Os mestres e persoal non docente do CEIP Vicente Otero Valcárcel queren ensinarvos os seus libros favoritos e ademais darvos moitos ánimos e mandarvos moitos bicos!

A verdade é que os contos están sendo estes días uns dos nosos mellores amigos, sempre están dispostos a ofrecernos estupendos momentos de diversión, imaxinación e entretemento e en moitos fogares están axudando a moita xente a levar mellor o confinamento. Por iso pensamos en facerlles a súa pequena homenaxe. Queredes participar?  ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS AS FOTOS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS PARA MONTAR UN VÍDEO COMO ESTE, tedes ata o 20 de abril de prazo. Temos unhas pouquiñas pero gustarianos ter moitas máis e é que Pingüi está ansioso por vervos, bótavos moito de menos!  Enviádeas ao correo da biblio: bibliosbardoscarral@gmail.com 

BOAS LECTURAS!

Equipo de Biblioteca. 

2 DE ABRIL from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROPOSTA DO 15 DE ABRIL

Estes días os móbiles están sendo imprescindibles, ademais o domingo foi día de Pascua así que seguro que vos lembrástedes un montón dos vosos padriños e madriñas, incluso dos vosos padriños e madriñas lectores que fai moito tempo que non vedes, co ben que o pasábamos!

Dende o equipo de biblioteca animámosvos a facerlles un agasallo de Pascua, este soporte de móbil feito con pinzas da roupa e pegamento ou silicona, quen se anima? Tamén vos pode servir para expoñer un debuxo bonito, para un libro que queirades destacar, unha foto... Imos logo a crear un pouco! Podedes tamén personalizalo. Se o facedes mandádenos as vosas fotos a bibliosbardoscarral@gmail.com

Onte tamén foi o Día dos Bicos, eses que agora non vos podemos dar, a profe Adriana, membro do Equipo da Biblioteca, déixavos este fermoso conto de parte de Pingüi, desfrutádeo.

PROPOSTAS XOVES 16 DE ABRIL

Os Museos Científicos Coruñeses propoñen unha serie de divertidas actividades, dende experimentos científicos ata visitas ao Planetario, entérate visitando a súa páxina picando AQUÍ. 

ÁNIMO!

O alumnado e profesorado de 6º de EP quere compartir con todos vós este vídeo que fixeron e que pretende dar ánimos para levar mellor esta cuarentena: deporte, xogos, tecnoloxía, familia, cociña e moooitos libros acompáñannos estes días. #undíamáiséundíamenos #euquedonacasa #ánimo #xaquedamenos 

6ºABCQuedanNaCasa from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Hoxe máis que nunca recórdannos estas iniciativas ao lema deste ano de Bibliotecas Esolares "VIVEIROS DE CIDADANÍA". Parabéns rapaces e rapazas! Sodes un orgullo de cidadáns responsables e comprometidos.  Grazas polas vosas palabras de parte de toda a comunidade educativa. 

PROPOSTAS PARA O 20 DE ABRIL

Deixámosvos os audiolibros en aberto que comparte Amazon na súa plataforma AUDIBLE, aquí podedes ver os dos pequenos pero aproveitade os maiores tamén porque hai de todas as idades. Picade AQUÍ para acceder. Ademais hoxe é o último día para sacarse a foto co voso libro favorito! Bulide! 

PROPOSTAS DÍA 21 DE ABRIL

Baía Edicións pon á vosa disposición varios títulos para ler de forma gratuíta e dende os 4 aos 12 anos. Pica AQUÍ e desfruta de títulos como: "Nube Branca quere ser astronauta" de Pablo Nogueira e Manuel Uhia, a "Casa máis animada do mundo" de Cristina Sáez e Almudena Aparicio ou "O tempo do revés" de María Solar, Arturo Iglesias e  Xosé Tomás. 

PROPOSTA PARA O 22 DE ABRIL

Mañá é o DÍA DA TERRRA e o canal DMAX ofrece durante todo o día unha programación especial chea de documentais. Animádevos!

Ademais tamén queriamos compartir esta fermosura de conto feito de libros de lectura, a Pingüi encantoulle! Sabemos que para os nenos e nenas pode ser un pouco difícil facer algo semellante pero se alguén se anima estariamos encantadas de recibilo (maior ou pequeno). Recordade que o correo da biblio é bibliosbardoscarral@gmail.com

Non podemos poñer a súa autoría porque non a sabemos, unha pena porque a autora merecería que aquí aparecera o seu nome. Collémosllo prestado para que o vexades todos e todas cun fin unicamente educativo. Grazas por compartir!

Agora a desfrutar...

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Chegou o Día lo Libro, este ano un pouco especial, como especial son as vosas fotos cos contos que máis vos gustan. Aquí está o resultado final. Búscate e se non te atopas envíanos un correo a bibliosbardoscarral@gmail.com,  rectificamos e subimos un novo vídeo incluíndo a túa foto. Pedímosvos perdón de antemán se se nos pasou, non foi a nosa intención.

DÍA DO LIBRO 2020 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Ademais a profe de 3 anos de EI Jéssica ensínanos este conto que lle fixeron a Pingüi entre todos e todas. Está contentísimo! Fíxolle moitísima ilusión. Grazas!