arquivo
PROPOSTAS PARA O 24 DE ABRIL E FIN DE SEMANA
Apetece un fin de semana de cine? Pois aquí tedes un enlace dende o que poderedes ver algunhas pelis que recibiron Óscar neste 2020 hainas para maiores e pequenos. Aproveitade!
Picade AQUÍ.
HISTORIAS CON LIBROS PARTE I
Chegaron algunhas historias de profes do cole a partir dos títulos dos libros. Aquí vos deixamos a de... A ver se a coñecedes pola voz!
HISTORIAS CON LIBROS II
Sabedes quen era a profe de onte? Pois si, a compañeira Ana Bouzas de 6º! Agora a ver se adiviñades a de hoxe... Aquí vos deixamos unha nova entrega de historias con libros.
VID-20200426-WA0006 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
HISTORIAS CON LIBROS III
Unha nova entrega de historias con libros doutra das nosas mestras, a de onte era a profe Mónica de Infantil! E esta? Quen será?
HISTORIAS CON LIBROS IV
Deixámosvos unha nova entrega das historias con libros que fixeron os mestres do cole, a de onte era a profe Patricia, recoñecéstedela? Pois hoxe tócalle a quenda a Emilio. Para a semana máis sorpresas... Bueno, ímosvos contar un pequeno adianto: tamén temos historias de rapaces e rapazas do cole que se animaron e están feitos uns narradores fantásticos!