Skip to Content

arquivo

3 DE DECEMBRO

Traballamos a inclusión e a empatía, o poñerse no lugar do outro, a través destes materiais.

LEO POR DEPORTE: PARAOLIMPÍADAS.

Comezamos o Proxecto Documental Integrado do Centro adicado este ano ás OLIMPIADAS e que leva por título "LEO POR DEPORTE" celebrando unhas paraolimpíadas un pouco especiais. A mascota da biblio enviou ás clases libros e películas relacionadas coa atención á diversidade e a inclusión educativa xa que o Día 3 de Decembro se conmemora o Día das Pesoas con Diversidade Funcional. Aquí vos deixamos unhas imaxes destes momentos e as súas cartas:  

 

Mensaxe de Pingüi from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

Convocamos tamén un novo concurso de BANDA DESEÑADA, animádevos a participar! 

O resultado final desta actividade poderédelo ver nunha nova entrada. 

BIBLIOGRAFÍA DE IGUALDADE

Estes son os titulos que mercamos coa partida extraordinaria de bibliografía para a igualdade de xénero que chegou ao centro. En xaneiro poderedes consultar estas novidades na biblio!

LECTURAS DE NADAL

3 DE DECEMBRO E PARAOLIMPIADAS

Este mes de Decembro presentamos o Proxecto Documental Integrado ao alumnado que este ano se titula: LEO POR DEPORTE e que vai unido á celebración dos Xogos Olímpicos de XAPÓN 2020. Aproveitamos o tema para relacionalo co Día das Persoas con Diversidade Funcional e as paraolimpiadas. Dende os diferentes equipos do centro porpuxéronse varias actividades: as visitas de expertos, o concurso de banda deseñada e a celebración das nosas propias paraolimpiadas. Así vivimos este ano o Nadal no centro, poñéndonos na pel das persoas con discapacidade e desenvolvendo a empatía, a solidariedade e a equidade, valores que se magnifican nestas datas. Velaquí unhas imaxes dos diferentes momentos. Moi bo e especial Nadal para todos e todas! 

3 DE DECEMBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Paraolimpiadas parte I from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Paraolimpiadas parte II from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

CONCURSO PARALÍMPICO

Xeniais os traballos dos nenos e nenas do cole en banda deseñada. Foi moi difícil elixir uns gañadores, sodes todos uns artistas, de verdade! Aquí vos deixamos a mostra. 

DÍAS DE NADAL

Para rematar este trimestre: recibimos as notas, comemos chocolate con churros, visitounos o Apalpador, paticipamos no terceiro día de Paralimpíadas e ata desfrutamos dun pequeno concerto. Aquí vos deixamos unhas imaxes.  Boas e merecidas vacacións para todos e todas!

Actividades do último día de curso. from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.