Skip to Content

Curso 2019/2020

CEIP Valle-Inclán

 

                                                     ÁNIMO !!!!!

 

 


 

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

 

A través deste recopilatorio de recursos pretendoese facer máis fácil a organización das sesións para traballar a

fala, comprensión e expresión oral.

 

    Fai click en:    PROGRAMA  DE  ESTIMULACIÓN.

 


06/05/2020

 

RESTABLÉCESE  O  PRAZO  DE  PRESENTACIÓN  DAS 

 

SOLICITUDES  DE  ADMISIÓN 

 NOVAS:

      REÁRESE O  PRAZO  DE  PRESENTACIÓN  DAS NOVAS  SOLICITUDES  DE ADMISIÓN.

( O alumnado que xa está matriculado no centro non necesitará facer ningunha solicitude, a súa permanencia se realizará de forma automática )

 

 HORARIO  DE  SECRETARÍA:  LUNS, MARTES E MÉRCORES DESDE AS  10:00 h  ata  12:00  h.

 

 NOVO CALENDARIO DO PROCESO

 

PRAZO  DE  SOLICITUDES  DE  ADMISIÓN.

 

11 ao 18 de maio.

ENTREGA  DA  DOCUMENTACIÓN  ACREDITATIVA

DOS CRITERIOS DE BAREMO.

(Só no caso de ter que baremar).

 

 

                Ata  o  26  de  maio  de  2020.

 

LISTAS  PROVISIONAIS  DE  ADMITIDOS  E NON

ADMITIDOS.

 

           

                Antes  do  9  de  xuño  do  2020.

 

PRAZO  DE  RECLAMACIÓNS.

 

No prazo  de  tres  días  hábiles contados  desde

o  seguinte  día  da  súa  publicación.

 

PUBLICACIÓN  DAS  LISTAS  DIFINITIVAS.

( Admitidos  e  non admitidos ).

 

 

Ata  o  26  de  xuño  de 2020.

FORMALIZACIÓN  DA  MATRICULA.

 

Do  1  ao  10  de  xullo.

 


 28/04/2020

INSTRUCIÓN  DO  27  DE  ABRIL  DE  2020,  DA  DIRECCIÓN  XERAL  DE  EDUCACIÓN. 

 

Instrucións  do  27  de  abril  de  2020

 


 17/04/2020

Orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre 

(Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

 

            INFORMACIÓN:

 


 

MEDIDAS A ADOPTAR CO INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Bo día:

A partir de hoxe, 14 de abril de 2020, comeza o terceiro trimestre e ata novas ordes da Consellería o profesorado seguirá achegando propostas e actividades xenéricas para os diferentes cursos polas vías xa establecidas.

Comunicarlles tamén que está previsto que o mércores 15 de abril teña lugar a Xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación,  na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020.  

Informaráselles das instrucións que procedan.

 


 

AXUDAS DE COMEDOR: ORDE DO 27 DE MARZO

O comedor do noso Centro non é de Xestión directa nin indirecta. Está xestionado polo Concello, polo que as axudas serán xestionadas dendo o Concello.

 


 

INSTRUCIÓNS DO 27 DE MARZO SOBRE AS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA

AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE.

 

Na comunidade autónoma de Galicia por Acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo de 2020 adoptáronse medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, que foron seguidas da declaración, por Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020, da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e de activación do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Informamos as familias que hoxe recibimos as seguintes instruccións por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 instrucións:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma (14/03/2020). En consecuencia, aqueles centros que non teñan / formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

O noso Centro realizará as sesións de avaliación antes do venres 3 de abril.

Serán informados das notas ao longo da xornada do 3 de abril polos medios comunicados.  ( Fai click na imaxe )

 

 


 

TAREFAS  DO  TERCEIRO TRIMESTRE

A partir do martes 14 de abril as actividades facilitaráselles ao alumnado polo medio que se estableceu.

 


 

TAREFAS PARA O ALUMNADO DA AULA DE EDUCACIÓN  INFANTIL  E  PRIMARIA.     

  - INFANTIL:  

.   Recomendacións      Contos Infantiles     . Manualidades

        - AULA DE APOIO    

- Traballar o fonema S:  Conto do S I      -Traballar as praxias para Infantil      - Canción do S      - Conto do S II                                         

 -1º DE PRIMARIA

. Actividades ata o luns 30    . Conto: Coronaviros no es...     Conto: Leotolda     . Manualidades    . Actividades dende o 31

 

 -2º DE PRIMARIA

 -4º DE PRIMARIA)

 -5º DE PRIMARIA

 -6º DE PRIMARIA

 PLÁSTICA: deseñar un marcapáxinas para o Día do libro (o mellor será fotocopiado para todos os alumnos do centro).

 

PROGRAMAS  EDUCATIVOS.

 


 


  

MEDIDAS  ADOPTADAS  EN  TODOS  OS  CENTROS

 

Infórmase aos pais/nais/titores que a partir do luns 16 de marzo suspendense todo tipo de

actividades lectivas en todos os Centros de Ensino de Galicia durante 14 días naturais

contados dende o 16 de marzo do 2020.

O venres 13 os Centros educativos permanecerán abertos e a asistencia do alumnado será

voluntaria por decisión  dos seus pais/nais/titores.

Calquera novidade comunicaráselle a través deste medio. Tamén poden realizar calquera

pregunta o dúbida enviandoa ao correo do centro: 

ceip.valle.inclan.muinhos@edu.xunta.es

COVID-19 

  NOVAS:

         - IMPORTANTE:    PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

        -   Medidas a adoptar en todos os Centros de Ensino  ( xoves 12 / 03/2020 )

         -   Instrucións provisionais para os vindeiros 14 días:    ( venres 13/02020 )

         -   Declaración da Situación de Emerxencia Sanitaria en Galicia. (DOG nº 50- Bis

              venres 13/03/2020.

         -    Real Decreto (463/2020 ) de Estado de Alarma de Crise Sanitaria COVID-19

              ( sábado 14 /03/2020 ).

         -  Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal

           nos centros  de ensino non universitario. (Aclaración do artigo 9º do Real Decreto

               de Estado de Alarma. domingo 15/03/2020 ).

               Queda suspendida a actividade educativa presencial nos centros de menos

             de 6 unidades.

 


 09/03/2020

CIENCIA EN RUTA

 

1º OBRADOIRO

Ciencia en Ruta 19/20

O luns 9 gozamos dun día diferente e moi divertido no que aprendemos unha chea de cousas. Este día estivo connosco un monitor de Ciencia en Ruta co que realizamos dous talleres. No primeiro investigamos sobre a densidade da auga, introducímonos no mundo dos submarinos e para poñer en práctica o que aprendemos construímos e comprobamos o funcionamento dos nosos propios submarinos.

Se queres ver o primeiro taller, fai click aquí. 

 

2º OBRADOIRO

Ciencia en Ruta (F) 19/20 

Despois dun descanso comezamos o segundo taller co que nos introducimos no mundo da Astronomía, construímos foguetes e…. chegou o momento máis importante e divertido!!! converternos en astronautas. No patio do colexio comprobamos o funcionamento dos nosos foguetes e constatamos as leis en que se baseaba o seu voo.

Para ver como os nosos foguetes, fai click aquí.

Que ben o pasamos!!!!.

Queremos agradecerlles aos membros de Ciencia en Ruta  ensinarnos tantas cousas e facernos gozar con elo.

 


 

 8 MARZO  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dia da muller 19/20

 


 ENTROIDO

 21/02/2020

O DESFILE

 Desfile 20

E por fin chegou o gran día “ O DESFILE”. O venres 21 todo o centro, acompañados das nosas familias, dos nenos/as e das profesoras da guardería A Galiña Azul, disfrazámosnos de científicos tolos e saímos para percorrer o centro de Mugueimes.  Fomos á Residencia - Centro de Día "Virxe da Clamadoira" onde como cada ano recibíronnos con gran alegría e cunha merienda que nos deu enerxía para seguir o percorrido cara ao Concello, onde nos regalaron caramelos, á praza e alrededores rematando de novo no colexio onde nos esperaban doces, chocolate…, e unha chea de comida máis que nos trouxeran os país.

Foi un día diferente, divertido e especial.

Grazas a todos os que nos acompañastes.

Si querreis ver o ben que o pasamos, fai click aquí.

 

13/02/2020

COMADRES

O día 20 celebramos o xoves de comadres, o día da rebancha, agora serán as rapazas quen intentaran arrebatar as comadres aos compañeiros só unha salvouse.  Descubride cal foi.

Se queredes ver como corremos, fai click aquí.

 

17-20/01/2020

MECOCIENTÍFICO

Mecocientifico

Do 17 ao 20 de febreiro celebramos a Semana do Meco.  Este curso Mecocientífico visitou o Centro para deixarnos os seus mandados, así que cada día  nos achegábamos a descubrir, con gran ilusión e curiosidade,  que nos mandaba. Ao longo da semana fómolos cumprindo todos e chegado o xoves ben guapos e diferentes estábamos. O que máis nos gustou foi pintarnos uns lentes molones e aparecer cos pelos despeiteados ou pintados.

Como  rimos!!!

Para ver como fomos cambiando, fai click aquí

 

13/02/2020

COMPADRES

compadres 19-20

Acércase a festa do Entroido que tanto nos gusta e como cada ano comezamos co primeiro festexo do Entroido: o Xoves de Compadres. Coma sempre un compadre salvouse e cos demais intentamos que non nolos arrebatasen os nosos compañeiros.

Se queres ver o ben que o pasamos, fai click aquí.

 


 31/01/2020

 CONTACONTOS POLA IGUALDADE

Hoxe, 31 de xaneiro, tivemos o pracer de ter no noso colexio ao gran escritor e contacontos Anxo Moure.

Chegou montado no seu PAZtinete para contarnos unha manchea de  contos que falan sobre a Paz, a igualdade e a solidariedade. Tamén tivemos a ocasión de  elaborar  uns corazóns solidarios e bailar a "Muiñeira da Paz".

Que ben o pasamos!

Para ver máis, fai click aquí 

 


 30/01/2020

 DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Día da Paz 2020

 

O xoves 29 de xaneiro celebramos no cole o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Comezamos coñecendo, a través da película “Me llamo Gennet”,  a emotiva historia de Gennet a primeira persoa xordocega que acada unha licenciatura en España. A continuación  elaboramos entre todos un mural baixo o título “Verbas pola Paz” e rematamos a xornada cunha poesía que nos recitaron os alumnos de primeiro.

Para ver o álbum, fai click aquí.

 


22/01/2020

DEPORTE ESCOLAR:  CAMPO A TRAVÉS

 

O mércores 22, o alumnado de 2º a 6 de primaria competiron, xunto a alumnos/as de varios centros da provincia,  na carreira de Campo a Través organizada pola Asociación Deportiva San Rosendo. Esta carreira celebrouse, como anos anteriores, nas pistas do Corgo do noso Concello.

Para ver o álbum completo, click aquí

 


20/01/20

 PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE

 

reparto LEITE 20

A partir de hoxe todo o alumnado do Centro desfrutará do 1º período, durante 20 días, de leite fresco na hora de lecer.

 


 

     FELIZ   2020

calendario 2020

 


9/11/2019

  TEATRO: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

 

O luns 9 de novembro visitamos o auditorio de Ourense para ver o  espectáculo: A nena e o grilo máis aló.  Resultou ser unha obra moi divertida que conta como a través da amizade, a cooperación, a tolerancia e a superación dos medos,  os protagonistas  tratarán de que a súa amiga Xertrude, a Araña, regrese con eles.

Non faltaron ao longo de toda a obra o humor e a boa música!

Se queredes ver que ben o pasamos, fai click aquí

 


3/11/2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 

 

 

O 3 de decembro celébrase en todo o mundo o  Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado pola Organización das Nacións Unidas en 1992. Ademais de loitar pola inclusión das persoas con discapacidade e de que se acaden os seus dereitos plenos como seres humanos e o seu benestar, con este día trátase de concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida social,económica, cultural...

Este ano realizamos varias actividades baixo o lema: "Baixo un mesmo paraugas" e ca idea de que "todos somos diferentes, todos somos iguais"

 


 25/11/2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O luns 25 de novembo conmemoramos, no Centro, O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Durante esta xornada visitáronnos persoal voluntario da Cruz Vermella de Celanova. A actividade comezou explicándonos o significado desta data, cales son esterotipos sexistas, as diferenzas entre xénero e sexo, mantivemos unhas charla coloquio sobre a realidade que nos rodea, realizamos talleres…

 Para rematar recordamos como o ano pasado o noso lema:    “ Loitaremos Unidos polos nosos Dereitos ”

 

 


 20/11/2019

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 

 

O mércores 20 de novembro recordamos no Centro os dereitos que teñen todos os nenos e nenas do mundo, así como os deberes.

Para ver algo máis, fai click aquí.

 


 08/11/2019

MAGOSTO

 


 30/10/2019

SAMAÍN

 

O mércores 30 de outubro foi a xornada do medo, na que todos convertémonos en personaxes terroríficos. Todo comezou no túnel do terror, despois de atravesalo empezaron os xogos, as cancións, os contos arrepiantes..., e unha morea de sorpresas máis.
                                                                                 Pasámolo xenial !!!!

 

Para ver o álbum completo, fai click aquí

Tamén podes ver o ben que cantaron os cativos do colexio ou escoitar algún dos contos que lemos se visitas a páxina da Biblioteca:  " Animación á Lectura".

 


 21-24/10/2019

PLANETA MÓBIL

 

Do luns 21 ao xoves 24 de outubro puidemos gozar dunha experiencia moi especial, dun Planetario no centro, xentileza da fundación Educaixa. No interior dunha impresionante cúpula inchable, os nosos alumnos/as puideron: coñecer algunhas das marabillas do noso universo, saber diferenciar entre estrelas e planetas ou ¿porque hai estacións?, escoitar as fantásticas lendas das constelacións, puideron imaxinar como se vería o mundo si fosen microscópios e para rematar viron o conto "A nena que sabía camiñar ao revés. Todo elo a través de espectaculares proxeccións audiovisuais.

 

Se queres ver o Planetario, fai click aquí.

 


15/10/2019

DÍA DAS ESCRITORAS

día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.

A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.

Desde o CEIP Valle-Inclán pretendemos que se visibilice a obra das escritoras galegas, así  que fixemos unha pequena exposición de libros na biblioteca e elaboramos uns lapbooks sobre varias escritoras galegas, nos que recollemos brevemente alguns datos biográficos, algunhas  das súas obras e os premios máis destacados de cada unha delas. 

 

 

 


 

DÍA  INTERNACIONAL  DA  NENA

 


 

BENVIDOS  A  UN  NOVO  CURSO

 

 

 


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut