22/12/2020
NADAL

Hoxe martes, 22 de decembro, foi o derradeiro día de clases antes das tan esperadas vacacións do Nadal e tamén o último día deste primeiro trimestre de curso tan atípico, por todo elo tivemos unha xornada especial para todos. Comezamos a mañá rindo cunha película na biblioteca; despois recibimos a visita de Papa Noel e o seu paxe, que repartiu agasallos para todos os nosos alumnos; fixemos neve no Club de Ciencias e desgustamos doces navideños.
Feliz Nadal!
Para ver o álbum completo, click aquí.
03/12/2020
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro é a data elixida para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este día nace co obxecto de axudar a entender as cuestións relacionadas coa discapacidade e defender os dereitos das persoas con discapacidade.
Alba, a nosa mestra de Pedagoxía Terapéutica, impartíu na biblioteca do centro unha charla, na que nos falou dos diferentes tipos de discapacidade e nos fixo ver as dificultades as que se enfrontan diariamente as persoas discapacitadas.
Click aquí, para ver o álbum completo.
25/11/2020
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O luns 25 de novembro conmemoramos O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Durante esta xornada volveron a visitarnos Tania e Sara, da Cruz Vermella de Celanova, para explicarnos o significado desta data e falarnos dos esterotipos sexistas, as diferenzas entre xénero e sexo e analizar a realidade que nos rodea.
Podes ver o álbum completo, facendo click aquí.


20/11/2020
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

O día 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia, co obxectivo principal de recordarlle á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofren a crises e os problemas do mundo.
Para conmemorar esta data, contamos coa colaboración e visita de Sara e Tania, membros da Cruz Vermella de Celanova, que a través de diversos xogos e actividades nos axudaron a lembrar que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceron.
Para ver o álbum completo, preme aquí
18/11/2020
CONTACONTOS

Hoxe, mércores día 18 de novembro, tivemos o pracer de ter na nosa biblioteca a visita da gran contacontos Raquel Queizás. Raquel veu a contarnos varios contos a prol da igualdade, cos que aprendemos que todas as persoas somos iguais e debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades independientemente do sexo co que nacemos.
Moitas grazas Raquel por facernos pasar un intre tan ameno!
Para ver máis fotos sobre esta actividade, click aquí
10/11/2020
MAGOSTO

Hoxe, martes día 10 de novembro, celebramos un magosto atípico polos corredores do colexio cunha morea de xogos e actividades. Foi unha celebración moi marcada pola crise sanitaria provocada pola COVID 19, que nos obrigou a suspender o xa tradicional xantar no pavillón de deportes, pero que non impediu que pasáramos unha mañá moi divertida e entretida.
Se queres ver máis sobre esta celebración, preme aquí
30/10/2020
SAMAÍN

O venres, 30 de outubro, celebramos un divertidísimo Samaín no Valle-Inclán. Foi unha mañá moi amena, chea de xogos, sorpresas, concursos e premios. Pasámolo terroríficamente ben!
Para ver o álbum completo, click aquí
19/10/2020
OS BOLECHAS CHAMAN AO 112

Hoxe luns, día 19 de outubro, viñeron ao CEIP Valle-Inclán OS BOLECHAS, co programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número de teléfono 112 e tomamos boa nota dos consellos dos nosos personaxes favoritos.
Para ver o álbum completo, click aquí
APRENDE MAXIA
1/10/2020
HEROES CONTRA O CORONAVIRUS

Hoxe xoves, 1 de outubro, viñeron ao colexio María e Rosa do programa "Heroes contra o Coronavirus" a ensinarnos, de foma moi divertida e participativa, unha morea de cousas sobre a COVID 19. Agora só nos toca poñer en práctica as medidas de prevención aprendidas nas charlas e obradoiros para converternos nuns verdadeiros heroes.
Grazas María e Rosa!
Para ver o moito que aprendemos, fai click aquí
25/09/2020
MAXIA PARA SOÑAR

Hoxe venres, día 25 de setembro, tivemos a primeira saída do curso á Casa da Cultura , convidados polo Concello de Muíños, para ver unha función de máxia. Que ben o pasamos!
Para ver o álbum completo, fai click aquí.

INICIO DE CURSO 2020-2021
O xoves, día 10, alumnado de : 4º de Ed.Infantil (3 anos), 1º, 2º e 3º de Ed.Primaria.
O venres, día 11, alumnado de : 6ª de Ed.Infantil (5 anos), 5º e 6º de Ed.Primaria.
NORMAS DE ENTRADA E SAÍDA E DE HIXIENE BÁSICA A ENTRADA
|
-Antes de saír da casa, a familia do alumnado realizará unha exploración para verificar que o alumno/a non conta con síntomas compatibles COVID-19. ( Anexo I do protocolo da Consellería. Darémoslle unha copia a cada alumno o primeiro día de clases).
-O alumnado deberá traer mascarilla homologada posta e unha de reposto.
-Segundo se chegue ao centro, o alumnado entrará escalonado seguindo as instrucións do profesorado de garda.
-As entradas serán respectando á distancia de 1,5 m.
-O alumnado entrará directamente no centro e unha vez dentro non poderá saír sen autorización.
-As familias non poderán acompañar ao alumnado ao interior do edificio nin deterse para establecer unha conversa co profesorado que está atendendo á recollida do alumnado.
-Evitaranse meter os coches no recinto do colexio para non entorpecer as entradas dos alumnos/as transportados.
-Transitarase polos circuítos sinalados polos corredores.
-Haberá carteleira e sinalética en todo o centro lembrando as normas básicas.
-Manterase á distancia social nos desprazamentos.
-Os grupos, tanto de infantil como en Ed primaria, terán consideración de “grupos burbulla” ou convivencia estable.
-Todos os pupitres colocaranse en liña mirando cara o profesorado.
-O alumnado deberá permanecer no seu sitio durante os cambios de clase ata que os vaia a buscar o mestre/a e seguirán as súas indicacións.
-Nas entradas e saídas da clase botarase á solución hidroalcóholica que estará dispoñible en tódalas aulas.
-Evitarase o contacto físico.
-Evitarase tocarse ollos, nariz ou boca.
-Evitar tocar superficies comúns.
-Ao tusir cubrirse o nariz e boca co antebrazo ou empregar panos desbotables que se tiraran de forma inmediata ás papeleiras con pedal e tapa.
-O alumnado deberá traer unha pequena botella de auga co seu nome que gardarán nas mochilas, dado que non se permite beber directamente da billa.
-O material escolar será de uso individual e non poderá ser compartido.
-Ao centro levarase o material mínimo indispensable.
-Reforzarase o servizo de limpeza e ventilaranse ás clases periodicamente (sempre que a climatoloxía o permita, as fiestras estarán abertas o máximo tempo posible) e ao inicio e remate de cada sesión, polo que o alumnado deberá vir ben abrigado.
-Durante o recreo cada aula terá un espazo asignado no patio.
COMUNICACIÓN FAMILIA-COLEXIO
|
-A comunicación familia-colexio será preferentemente á través do telefono 988456423 e a páxina web do centro.
.As familias deberán informar ao profesorado titor do alumnado con patoloxías previas ou vulnerables.
-Prestarase o servizo de comedor desde o inicio do curso.
-Respectaranse as medidas hixiénico sanitarias segundo establece á normativa.
-Habilitaranse postos fixos para cada alumno e alumna.
COMEZO CURSO ESCOLAR 2020/2021
Segundo informa a Consellería de Educación, o curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado.
Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves, día 10 de setembro, será o alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Educación Infantil (4 anos), 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciará o curso escolar o alumnado de 6º de Educación infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Dende o centro queremos transmitirvos que estamos tomando todas as medidas que están na nosa man para garantir unha volta coas máximas condicións de seguridade.
01/09/2020
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19
Publicada na web da Consellería de Educación, a Resolución conxunta das Consellerías de Educación e de Sanidade, pola que se aproba o protocolo de adaptación ao contexto da Covid para o inicio do desenvolvemento da actividade lectiva no curso académico 2020/2021 nos centros de ensino non universitarios de Galicia, podedes consultalo aquí.
Segundo dispón, cada centro elaborará o seu propio "Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020-2021.
A continuación recóllese o primeiro borrador do Protocolo de Adaptación ao contexto do Covid para o CEIP Valle-Inclán, xa que o definitivo está condicionado polas aportacións do Claustro e resto da Comunidade Educativa:
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID DO CEIP VALLE-INCLÁN
PLAN DE CONTINXENCIA DO CEIP VALLE-INCLÁN
Versións definitivas aprobadas no Consello Escolar:
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 2020/2021
PLAN DE CONTINXENCIA
PLAN DE ACOLLIDA
CALENDARIO ESCOLAR 2020/2021