Skip to Content

Animación á lectura

BIBLIOTECA ESCOLAR


CURSO 2023/2024


 

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS

"Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época.
 
Eu véxoo cos meus netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo".
 
Francisco Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017.
 
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2023-2024 é obra de Jorge Campos ilutrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van de man en man da comunidade educativa.
 
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación. 

 CURSO 2021/2022


A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade. 

A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.
 
Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia. 
 
Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura. 
 
Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles. 
 
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade. 

 CURSO 2020/2021


 LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

 
 
 
Ao longo desta semana estivemos traballando no colexio a vida e obra de Xela Arias a través de diversas actividades: lectura colectiva de poemas na biblioteca, robótica, elaboracións de murais e marcapáxinas... Hoxe mércores, 19 de maio, publicaron no diario La Región unhas cantas fotos das actividades realizadas. 
 
Se queres ver máis, fai click aquí
 
 

23/04/2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro no CEIP Valle-Inclán coa visita do gran contacontos Fran, que veu ata a nosa biblioteca cunha morea de contos e historias, moita diversión, risas e algunha que outra canción. Grazas Fran!
 
Para ver o álbum completo, click aquí
 

16/04/2021

REALIDADE AUMENTADA 

 


 13/04/2021

MUSEO CIENTÍFICO

 
Hoxe, martes día 13 de abril, tivemos no colexio a Suso e Amparo, membros de Ciencia en Movemento, cos que compartimos unha xornada chea de ciencia e diversión. Comezamos a xornada escolar realizando un experimento de cromatografía e continuamos experimentando cun fluído non Newtoniano, para despois rematar o día aprendendo unha morea de cousas no museo científico que nos trouxeron ata a biblioteca do colexio, coas seccións de electromagnetismo  e movemento de corpos.
Como nos gustou a bola de plasma!
 
Para ver o álbum completo, fai click aquí.
 

 

 MOCHILAS VIAXEIRAS 2021

 


 

 NOVO RECUNCHO NA BIBLIOTECA: LECTURA SORPRESA 

  


 24/02/2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro no colexio, unha das poetas e escritoras máis influíntes do noso país no século XIX e lembramos a importancia que tivo e ten para a nosa lingua.

Para conmemorar esta data tan imporante fixemos un kahoot na biblioteca no que, ademais de pasalo moi ben, demostramos todo o que sabedes sobre esta gran escritora.

 

 


 11/02/2021

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia, unha iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de conseguir o acceso e a participación total e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e tamén para lograr a igualdade de xénero e o seu empoderamento.

Este ano caracterizouse por movementos coma #NoMoreMatildasque vos deixamos enlazado por se queredes botar unha ollada. 

 

 

Ao longo de toda a mañá leváronse a cabo no noso centro diversas actividades para achegar e visibilizar as contribucións das mulleres científicas.

Comezamos cun Genially na biblioteca, con breves biografías, xogos e vídeos sobre mulleres científicas. Descubrimos que son moitas as mulleres populares na historia da ciencia e que moitas delas tiveron que loitar contra o sexismo e traballar en condicións miserables para que, ao final, despois de tanto esforzo, os seus descubrimentos foran atribuídos aos seus colegas masculinos ou incluso aos seus maridos.

 

 

E rematamos elaborando un mural colectivo sobre as mulleres científicas que decorará os corredores do colexio.

 

 


NADAL

 

Chegou o mes de decembro e con el o remate do primeiro trimestre deste curso tan atípico.

Dende a biblioteca, queremos agradecer a colaboración das familias na elaboración do noso "Calendario de Advento de Recomendacións Lectoras". Moitas grazas pola vosa axuda! Que mellor recomendación que a dos nosos compañeiros!

 

 

Tamén festexamos a proximidade do Nadal cuns agasallos moi especiais: “ Agasallos literarios lectores” 

 

Os luns tivemos agasallos literarios poéticos para os alumnos e alumnas que viñeron a visitiarnos; os martes, agasallos científicos; os mércores, agasallos lectores a prol da igualdade; os xoves, instrucións para manualidades; e os venres, cómics.

FELICES FESTAS!


 

03/12/2020

 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

O 3 de decembro é a data elixida para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este día nace co obxecto de axudar a entender as cuestións relacionadas coa discapacidade e defender os dereitos das persoas con discapacidade.

Alba, a nosa mestra de Pedagoxía Terapéutica, impartíu na nosa biblioteca unha charla, na que nos falou dos diferentes tipos de discapacidade e nos fixo ver as dificultades as que se enfrontan diariamente as persoas discapacitadas.

Click aquí, para ver o álbum completo.

 


 

25/11/2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O luns 25 de novembro conmemoramos O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Durante esta xornada volveron a visitarnos  Tania e Sara, da Cruz Vermella de Celanova, para explicarnos o significado desta data e falarnos dos esterotipos sexistas, as diferenzas entre xénero e sexo e analizar  a realidade que nos rodea.

Tamén realizamos unha exposición de libros e materiais bibliográficos coeducativos e a prol da igualdade.

 

 

E elaboramos un boletín de lecturas recomendadas para conmemorar esta data.

 

 


 

20/11/2020

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

O día 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia, co obxectivo principal de recordarlle á cidadanía que os nenos e nenas  son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofren a crises e os problemas do mundo. 

Para conmemorar esta data, contamos coa colaboración e visita na nosa biblioteca de Sara e Tania na, membros da Cruz Vermella de Celanova, que a través de diversos xogos e  actividades nos axudaron a  lembrar que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceron.

Para ver o álbum completo, preme aquí

 


 

 NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

Máis información aquí: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1391

Dende a biblioteca, os alumnos de Educación Primaria do Centro participaron no Concurso Escolar de Debuxo "Poden enfermar a plantas?", organiado  a Sociedade de Ciencias de Galicia, o Liceo Casino de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galicia e a Delegación en Galicia do CSIC, a Estación Fitopatolóxica Areeiro-Diputación de Pontevedra (Unidade Asociada á Misión Biolóxica de Galicia-CSIC), e ENCE-Enerxía e Celulosa, orgnizado  con motivo do Ano Internacional da Sanidade Vexetal, co obxcetivo de concienciar aos estudantes da súa importancia para a sociedade.

A continuación amósanse os debuxos presentados no concurso:

 


18/11/2020 

CONTACONTOS

 

Hoxe, mércores día 18 de novembro, tivemos o pracer de ter na nosa biblioteca a visita da gran contacontos Raquel Queizás. Raquel veu a contarnos varios contos a prol da igualdade, cos que aprendemos que todas as persoas somos iguais e  debemos ter os mesmos dereitos e oportunidades independientemente do sexo co que nacemos.

Moitas grazas Raquel por facernos pasar un intre tan ameno!

Para ver máis fotos sobre esta actividade, click aquí

 


 30/10/2020

O SAMAÍN

O venres 30 de outubro, celebramos na biblioteca do CEIP Valle-Inclán a festividade do  Samaín, unha festa orixinariamente europea e moi ligada a Galicia.

O Samaín, que sempre se celebrou na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era a festividade de orixe celta máis importante, e servía como celebración do final da tempada de colleitas. De feito, era o "Aninovo celta", a noite na que se pasaba dun ciclo anual a outro.

Pasamos unha mañá moi amena, chea de  sorpresas e xogos arrepiantes, que comezaron cunha exposición  de libros "montruosos" na entrada da biblioteca.

 

 

Xa na biblioteca,  visionamos  unha película relacionada coa temática do Samaín. E rematamos cunha serie de xogos nos que o pasamos de medo! 

 

 


23/10/2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Hoxe celebramos  o día das bibliotecas, cunha morea de actividades. Comezamos con unha breve explicación de por que se celebra o día 24 de outubro, lembramos as normas de uso da biblioteca e o sistema de empréstitos e devolucións, para rematar coa entrega dos novos "carnés " aos nosos alumnos.

 

 

E rematamos facendo o que máis nos gusta: ler!

 

  


 

19/10/2020

OS BOLECHAS CHAMAN AO 112

 

Hoxe luns, día 19 de outubro, viñeron a nosa biblioteca OS BOLECHAS, co programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable  do  número de teléfono 112 e tomamos boa nota dos consellos dos nosos personaxes favoritos.

 

 

E agasalláronnos cun par de libros!

Para ver o álbum completo, click aquí 

 


 

1/10/2020

CARTA DE BENVIDA

 

Hoxe Dino Letras, a mascota da nosa biblioteca, envioulles aos nenos e nenas do CEIP Valle Inclán unha carta, na que os informaba da apertura da biblioteca e dalgunha novidade máis para este curso escolar.

 


 

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021. O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo". 

- Configurar o itinerario  lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.

- Debuxar o mapa das nosas curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas.  Descubrir as relacións entre identidade e lectura.

- Observar o modo en que cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos hábitos, as nosas lecturas...).

- Saber que somos os nosos propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso "liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da vida).

- Observar o noso corpo como un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en función da temática, os personaxes...).

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...


 

 CURSO 2019-2020


23/04/2020

DÍA DO LIBRO

Aínda na distancia, neste mes de abril, coma xa ven sendo costume, celebramos O Día do Libro e dos Dereitos de Autor.

As circunstancias excepcionais fan que non nos sexa posible ver, escoitar e desfrutar co “Contacontos” que tan ansiosamente esperábamos no noso colexio para esta data, pero eso non fixo posible que perderamos a ilusión por ler e desfrutar do pracer da lectura da man dun bo libro, cunha manchea de historias e aventuras.

Para comezar, aquí vos ofrecemos o díptico elaborado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional para conmemorar o Dia do Libro, nesta ocasión cun fermoso texto de Manuel Gago.

https://drive.google.com/open?id=1xPIvqomo7LTNEh_utrFmByhz6DJVyoL2

 

A continuación, recóllense as actividades realizadas  con motivo do Dia do Libro:

 

CONCURSO MARCAPÁXINAS

 

 

 

 

 

 

 

ILUSTRAMOS A PORTADO DO NOSO LIBRO FAVORITO

 

 

 

 

 


 27/3/2020

 

10 CONTOS QUE TRATAN SOBRE O CORONAVIRUS

 

Esta selección de libros dixitais elabora por Orientación, está destinada ás familias para que nas vosas casas podades tratar cos máis pequenos en qué consiste o COVID-19 e o por qué deste confinamento.

E lembrade que os libros axúdannos a viaxar, vivir aventuras, aprender e sobre todo nestes intres, para comprender esta nova realidade. Tamén son bos para expresar emocións, sentimentos,… 

É importante saber que para poder ler os libros debedes clicar en cada unha das imaxes. Moita forza e enerxía familias!

 

Algúns dos recomendados son os seguintes:

 

RECOMENDACIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

Las manos de José: conto que emprega pictogramas e trata sobre a importancia de lavarse as mans. Publicado pola organización Aprendices Visuales

 

Hola! Soy el coronavirus: libro publicado por Manuela Molina. Pretende evocar emocións, comprendelas e facerlles entender que estarán seguros e protexidos grazas á familia.

 

 

Bailaremos bajo una estrella: conto escrito por Fernanda Rodríguez Muguruza e ilustrado por Eva Ramí. Pretende ofrecer información acerca da prevención do COVID-19 e transmitir á vez unha mensaxe de esperanza.

 

Rosa contra el virus: libro editado por Sentir e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid. Nel explícanse que son os virus e promove hábitos adecuados para combatelos. 

 

 

 El virus con corona:  conto publicado polo Centro Pasito a pasito. Nel procúrase que os máis pequenos ententan nunha linguaxe sinxela o motivo das medidas establecidas e da necesidade de cumprilas. 

 

RECOMENDACIÓNS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 Misión: quedar na casa: conto publicado por Dalmau Oliveras. É coloreable e traballa a importancia de non saír á rúa polo COVID-19. Apórtase a versión en galego, traducida por Cristina Delgado.

 

 

¿Qué pasa en el mundo? Un cuento para pequeños (y no tan pequeños) sobre el coronavirus: conto escrito por Nacho Palacios e ilustrado por Leo Nieves. Explica a situación da pandemia do coronavirus e as formas que temos para non contraelo.

 

  

Coroavirus: libro escrito por Víctor Espiga e ilustrado por Josep Giró. Nel trátase de explicar a importancia do confinamento para axudar a controlar o COVID-19. 

 

 

Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa): libro coordinado por María R. Coco, escrito por María Coco e ilustrado por Sara Ramírez que aborda o tema do coronavirus e ofrece pautas para aprender a controlar a propagación do virus.

 

 

El rey del momento: conto escrito por Marisa Alonso. Explica en verso dun xeito divertido que é o coronavirus e como podemos previr o seu contaxio. Tamén inclúe actividades de comprensión.

 

 

 


 4/3/2020 

MALETA VIAXEIRA: FAMILIAS

Onte, día  3 de marzo, chegou ao colexio outra Maleta Viaxeira da Asesoría Sur de Bibliotecas Escolares.

Desta vez tocoulle a quenda á maleta adicada á "Familia" e con ela comezamos un mes no que teremos  unha "Hora de ler diferente"

 

 

 


 2/3/2019

ENIGMAS DA SEMANA 2


 17/02/2020

ENIGMAS NA BIBLIOTECA

Un ano máis poñemos en marcha "Os enigmas da biblioteca".

Cada semana teredes que visitar a biblioteca, resolver tres enigmas e cubrir un impreso coa solución . 

Xa sabedes que o venres poderedes ler as respostas, escaneando o código QR que acompaña a cada enigma. 


SUXERENCIAS PARA LER NO ENTROIDO...


 14/02/2020

CITA A CEGAS COA LITERATURA

Con motivo da celebración do día de San Valentín puxemos en marcha, na nosa biblioteca, unha singular actividade denominada  "Cita a cegas coa literatura"

Cada alumno/a puido elixir un "libro sorpresa"  completamente envolto, para así manter a súa identidade en segredo.

   

Tras escoller un libro anónimo, seguindo os pálpitos do corazón, escaneamos o código QR que acompañaba ao envoltorio, para descubrir o seu título.

E rematamos lendo o libro, emocionándonos, disfrutando e descubrindo novas historias que namoraron a máis de un.

 

E aprendemos que ás veces xuzgamos equivocadamente un libro pola  portada,  tipo de letra, as ilustracións ou as opinións persoais dos nosos/as compañeiros/as.

E quen sabe se ese libro agochado no último andel....  podería ser amor dende a primeira páxina?


5/02/2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

 As novas "Mochilas viaxeiras" xa están en marcha!

Esta actividade promovida dende a Biblioteca pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado, dende unha perspectiva lúdica e novidosa, incluíndo diferentes materiais e soportes segundo as diferentes idades dos alumnos e alumnas.

Esperamos que vos gusten!

 


 31/01/2020

DÍA DA PAZ

Hoxe, 31 de xaneiro, seguindo coa conmemoración do día da Paz, tivemos o pracer de ter no noso colexio ao gran escritor e contacontos Anxo Moure.

 

Chegou montado no seu PAZtinete para contarnos unha manchea de  contos que falan sobre a Paz, a igualdade e a solidariedade

 

Tamén tivemos a ocasión de  elaborar  uns corazóns solidarios e bailar a "Muiñeira da Paz".

Que ben o pasamos!

Moitas grazas, Anxo Moure!


16/01/2020

UNHA HORA DE LER DIFERENTE

Esta semana chegou ao colexio unha Maleta Viaxeira da Asesoría de Bibliotecas Escolares, con unha morea de libros, todos eles  de poesía.

 

 

Coa chegada da maleta de poesía, comezamos unha "Hora de Ler" diferente, na que cambiamos a aula ordinaria pola biblioteca. 

 

A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade.

A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante;

é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo.

Un poema no aire é unha bomba de palabras

(Fran Alonso)

 


RECUNCHO DA CIENCIA

 

 

 


12/2019

AGASALLOS LITERARIOS

Ola a todas e todos!!

Chegou decembro e por tanto o remate deste primeiro trimestre.

Na biblioteca festexamos a proximidade do Nadal cuns agasallos moi especiais: “ Agasallos literarios lectores”

 

 

Os luns tivemos agasallos literarios poéticos para os alumnos e alumnas que viñeron a visitiarnos; os martes, agasallos científicos; os mércores, agasallos lectores a prol da igualdade; os xoves, rimas e xogos de palabras; e os venres, adiviñas e trabalinguas.

 

  

Ao longo deste trimestre tivemos moito tempo para aprender, ler, estudar, xogar, investigar e experimentar no noso club de ciencias… Agora toca descansar e disfrutar coa familia destas festas tan especiais.

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO !!!  

 


3/12/2019

BAIXO UN MESMO PARAUGAS: DISCAPACIDADE E INCLUSIÓN

 

O día 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

O obxectivo desta data é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Baixo o lema "Baixo un mesmo paraugas" deseñamos unha chea de actividades para celebrar este día na biblioteca.

Comezamos cunha charla a cargo de Alba, a mestra de PT, coa que conseguemos comprender que todos somos únicos e diferentes, e que iso é precisamente o que nos fai especiais.

 

A continuación visionamos un par de curtas de animación e reflexionamos sobre o seu contido.

 

Tamén elaboramos un mural colectivo co lema: "Baixo un mesmo paraugas"

 

 


25/11/2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro é a data escollida pola ONU para celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero.

 

Dende a Biblioteca, colaboramos no gran proxecto de desterrar o machismo na nosa sociedade, así como as actitudes de violencia e discriminación contra as nenas e a mulleres, achegándolles ás familias e alumnos/as un boletín con propostas de lecturas a prol da igualdade.

 

 


 

 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

 

 

Unha sociedade ben informada é máis difícil que sexa manipulada. Alicia Estévez Toranzo.

Desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais (Subdirección Xeral de Bibliotecas), da Consellería de Cultura, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  da científica Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018). A científica resalta a importancia das bibliotecas “para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público”.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 

 

 

 

Os alumnos de Educación Primaria participaron no Concurso Escolar de Debuxo “A química na vida cotidiana” organizado pola  Sociedade de Ciencias de Galicia, o Liceo Casino de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, a Estación Fitopatolóxica Areeiro-Deputación de Pontevedra, a Unidade Asociada á Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)] e ENCE-Enerxía e Celulosa. 

O obxectivo deste concurso é a de concienciar aos estudantes da necesidade da conservación na natureza dada a súa importancia para a sociedade.

O xurado do concurso escolleu 10 debuxos finalistas en cada categoría, sendo 7 dos finalistas, alumnos/as do noso centro. Noraboa aos premiados!

 

 

 

 

 

 


30/10/2019

SAMAÍN

O mércores 30 de outubro, celebramos na biblioteca do CEIP Valle-Inclán a festividade do  Samaín.

Pasamos unha mañá moi amena, chea de  sorpresas e xogos arrepiantes que comezaron coa entrada á nosa biblioteca a través  do "Túnel do terror"

 

 

Xa na biblioteca,  visionamos  unha película relacionada coa temática do Samaín. E rematamos cunha serie de xogos nos que o pasamos de medo!

 

 

 

Non faltaron as cancións e os contos terroríficos!

 

 

 

 

 

 

 Se queres ver máis  fotos do Samaín, fai click aquí.

 


 

RETO LECTOR

 

Ler ten premio porque comezamos cos RETOS LECTORES!

Cada alumno e alumna terá un "pasaporte de Lectura" no que irá pegando "cromos de Dinoletras", que recibirá se o libro que leu coincide coa temática do reto lector. O que reúna máis cromos gañará un agasallo ao rematar o curso escolar.

 


25/10/2019

OBRADOIRO DE POESÍA

Continuando coa celebración do Día da Biblioteca, o día 25 de Outubro, realizamos un obradoiro de poesía na que participaron todos os alumnos e alumnas de Educación infantil e Educación Primaria, dirixido polo noso mestre de inglés e gran poeta, Luís Ahijado.

 

A finalidade deste obradoiro foi a de  coñecer os aspectos básicos da poesía (versos, estrofas, rimas, métrica...) e disfrutar xogando coas palabras, as rimas e as creacións literarias.

 

E aprendemos a crear e xogar cos nosos dominós de rimas! 


24/10/2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

Pola súa parteo Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.

As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2019/2020, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA,  que conta cunha imaxe propia creada por Óscar Villán. Os carteis editados con este lema están xa en todos os centros educativos. As bibliotecas escolares están xa en plena celebración do seu día, unha oportunidade para inaugurar novos espazos, abrir as portas á comunidade educativa e  presentar ás familias os recursos e as actividades da biblioteca, programar actos específicos nos que lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca para estimular a formación lectora do alumnado e reforzar a adquisición de todas as competencias e contidos incluídos no currículo. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS. 

 

 

No CEIP Valle-Inclán quixemos celebrar esta xornada dun xeito especial, gozando dunha morea de actividades na nosa biblioteca.

Comezamos con unha breve explicación de por que se celebra o día 24 de outubro, lembramos as normas de uso da biblioteca e o sistema de empréstitos e devolucións, para rematar coa entrega dos novos "carnés " aos nosos alumnos.

 

 

 


 

 

15/10/2019

DÍA DAS ESCRITORAS

día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.

Desde o CEIP Valle-Inclán pretendemos que se visibilice a obra das escritoras galegas, así que fixemos unha pequena exposición de libros na biblioteca e elaboramos uns lapbooks sobre varias escritoras galegas, nos que recollemos brevemente alguns datos biográficos, algunhas  das súas obras e os premios máis destacados de cada unha delas.  

 

 


CARTA DE BENVIDA

 


 

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

 

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 

Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Nada disto é doado nin se consegue nun curso escolar. Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta

 


 

CURSO 2018-2019

 


21/06/2019

PREMIOS AOS MELLORES LECTORES

 

 

 


 

 

MALETA VIAXEIRA: LECTURA E DIVERSIDADE

 

Neste mes de maio, recibimos na nosa biblioteca unha Maleta Viaxeira da Asesoría de Bibliotecas Escolares denominada "Lectura e Diversidade"

Os primeiros en ver os seus libros foron os "maiores" do colexio.

 

 

E despois tocoulle a quenda aos máis pequenos....

 

 


 

MOCHILAS VIAXEIRAS

 

 


16/05/2019

 

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

 

 

Con motivo do Día das Letras Galega 2019,  fixemos unha manchea de actividades no centro, ao longo de toda a semana.

A nosa biblioteca tamén quixo sumarse á homenaxe que a cultura galega fai á figura de Antonio Fraguas, a que se adica este ano o Día das Letras Galegas.

Hoxe, día 16 de maio, antes do "gran día" chegou o momento de poñer en práctica todo o que aprendemos, sobre a vida e obra de Antonio Fraguas, xogando  na biblioteca co noso "Diletrasbot"

 

 

 

 

 


 14/05/2019

                                                                                     

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA 

 

 

Hoxe, venres 14 de maio, veu Sabela, ao noso colexio, a contarnos unha morea de historias que nos encantaron.

Tan ben o pasamos que  non perdemos detalle de todo o que nos contou!

Se queres ver máis sobre esta actividade, fai click aquí!

 


 3/05/2019

ENCONTROS INTERXENERACIONAIS

 

O venres días 3 de maio de 2019, seguindo coa conmemoración do día do libro, fixemos unha visita moi especial á Residencia e Centro de Día de Mugueimes: "Virxe da Clamadoira", na que os alumnos e alumnas de Educación Primaria leron e representaron o conto "O elefante Comellón".

Dende aquí queremos agradecer o gran agarimo co que nos recibiron e o delicioso petisco que nos ofreceron ao rematar. Grazas!

 

 

Tampouco quixemos esquecernos dos nenos e nenas da Galiña Azul ! 

Moitas grazas por escoitarnos con tanta atención, emocionaros con nós  e compartir este rato de lectura!

 

 


 

ENIGMAS NA BIBLIOTECA 6

 


 23/04/2019 

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2019

 

Hoxe, 23 de abril de 2019, conmemoramos o   Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

 

  

Para conmemorar este día realizamos un  "apadriñamento lector".

O  Apadriñamenteo lector é unha actividade sinxela, aínda que moi gratificante, que puxemos en marcha xa hai algúns anos para conmemorar o Día do Libro e o fomento da lectura, pero que conleva outras aprendizaxes moi importantes, que teñen que ver coas emocións que xorden da cooperación entre maiores e pequenos.

Nas fotos que seguen  podedes ver a padriños  e madriñas cos seus afillados e afilladas en plena faena:

 

 

  


  

ENIGMAS NA BIBLIOTECA 5

 

 


2/04/2019

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 

Hoxe, 2 de abril, data na que se conmemora o nacemento do escritor Hans Christian Anderse, celébrase en todo o mundo o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil.

Na biblioteca do  Ceip Valle-Inclán conmemoramos este día  da mellor forma posible: lendo!

 

 

E tamén  libros en lingua estranxeira! Como desfrutamos co conto "The very hungry Caterpillar"!

 

"Os libros son abellas que transportan o pole da sabedoría dunha mente a outra" (James Rusell Lowel)

 


 

 KAHOOT NA BIBLIOTECA

 

Hoxe xogamos a Kahoot na nosa biblioteca, un xogo moi divertido e ameno co que aprendemos xogando.

Consiste en respostar a unha serie de preguntas por medio de dispositivos móbiles e no menor tempo posible.

 

 

 

Foi moi emocionante ver as preguntas na noso encerado dixital e o nome de quen ía gañando!

Repetiremos!

 


 

ENIGMAS NA BIBLIOTECA 4 

  

 

 


 

ENIGMAS NA BIBLIOTECA 3 

 

 


 15/3/2019

 

  REALIDADE AUMENTADA NA BIBLIOTECA

 

 

Canta maxia hai nun sorriso?  Isto foi o  que nos preguntamos hoxe o atopar este libro na biblioteca.

O primeiro que vimos no libro foi unha historia entretida e divertida que nos transmite unha importante mensaxe: Se sorrís, todo vai mellor!

A continuación descubrimos que podíamos xogar, ilusionarnos  e  combinar a información real  que contén o libro, con outra información virtual moi motivadora e divertida.

 

 

Posteriormente, continuamos a traballar coa "Realidade Aumentada" na aula de inglés.

 

Descubrimos que o aplicar a realidade aumentada á materia permítenos mellorar a comprensión dos contidos, promover un comportamento máis activo, aumentar a motivación e enriquecer a experiencia da aprendizaxe en xeral.

 


 

8/03/2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Para recordar a conmemoración do Día Internacional da Muller, como xa o vimos facendo nestes últimos anos, dende a biblioteca aproveitamos esta data para realizar propostas de traballo para a educación en valores, a prol da igualdade de alumnas e alumnos e para o recoñecemento das importantes achegas que as mulleres fan á sociedade e que carencen, en moitos casos, de visibilidade. Tamén analizamos e reflexionamos sobre algúns dos estereotipos sexistas da nosa sociedade.

Despois escribimos as nosas "tarxetas de agradecemento" para algunhas das mulleres máis importantes da nosa vida.

 

 

 

 


 

ENIGMAS NA BIBLIOTECA 2

 

Temos novos desafíos ! Animádevos a participar!

Xa sabedes que o venres poderedes ler as respostas, escaneando o código QR que acompaña a cada xeroglífico. Sorte!

 


25/2/2019

ENTROIDO 

 

Esta semana de Entroido foi moi especial na biblioteca do CEIP Valle Inclán.

Como era de esperar a nosa biblioteca programou actividades relacionadas coa tradición destas datas, recordando ademais que en Muíños, o noso concello, temos un Entroido propio e singular caracterizado pola figura do Cabreiro.

 

 

Entre outras actividades, os alumnos de Educación Primaria buscaron información sobre os diferentes Entroidos de Galicia e os seus traxes típicos. Tamén lle leron “É tempo de Entroido” da Editorial Xerais aos alumnos e alumnas de Educación Infantil e escanearon o codigo QR do libro para escoitar a canción “É tempo de Entroido!” de Isabel Fernández Reviriego.

 

 

Foi tempo para investigar e aprender a usar a información de xeito lúdico e divertido. 

E para rematar, que mellor forma de facelo, que cunha visita programada polo centro ao museo do Entroido de Xinzo de Limia.

 


 22/2/2019

 

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

A nosa biblioteca tamén quixo sumarse á celebración do DÍA DE ROSALÍA, promovendo actividades que intentaron achegar ao alumnado ao significado da súa vida e obra. 

 

 

Entre as actividades que realizamos no centro destacamos a lectura compartida do poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Nova e diversas actividades plásticas.

 


18/2/2018

 

XEROGLÍFICOS MISTERIOSOS NA BIBLIOTECA

 

Vén a xogar connosco á biblioteca! Comezamos a semana cun novo xogo!

Terás que conseguir resolver os diferentes enigmas que atoparás durante varias semanas expostos na biblioteca.

Pide o impreso para escribir o teu nome, apelidos, curso e solución.

 

 

 

Os venres poderás coñecer a solución, de cada enigma, escaneando un código QR.

Ao final haberá unha sorpresa para os mellores!

 

 

 


 30/1/2019

 

 DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 

O  día 30 de xaneiro conmemoramos no CEIP Valle-Inclán o día escolar da non violencia e a paz. 

Ao longo de toda a semana, realizamos diversas actividades no centro.

Os alumnos/as de Educación Primaria, fixeron un encrucillado con palabras que recollen valores e actitudes necesarias para conseguir paz e unha convivencia pacífica.

 

 

 

 


 8/1/2019

RETO LECTOR

 

Cando comeza un novo ano todos nos propoñemos novas metas e obxectivos que desexamos cumprir. A nosa biblioteca tamén persegue conseguir os seus obxectivos e metas, polo que vén chea de novas actividades e novidades. 

Comezamos cos RETOS LECTORES!

Cada alumno e alumna terá un "álbum de Lectura" no que irán pegando "cromos de Dinoletras", que recibirá se o libro que leu coincide coa temática do reto lector. O que reúna máis cromos gañará  un agasallo ao rematar o curso. 

 

Este álbum reflectirá a viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos achegan!  

 

 


 21/12/2018

 NADAL

 

E xa chegamos ao final do 1º trimestre do curso!

A felicitación de Nadal deste ano nace do Concurso "Postais de Nadal" que organizamos dende o centro e no que participaron todos os nosos alumnos e alumnas.

 

 

Dende a biblioteca, queremos agradecer a colaboración das familias na elaboración do noso "Calendario de Advento de Recomendacións Lectoras". Moitas grazas pola vosa axuda!

 

  

 

E xa só nos queda lembrar que, o pasado 7 de novembro, Braulio Bolechas estivo  no noso colexio gravando un capítulo do seu programa Brauliotuber co que anda a percorrer parte dos coles de Galicia.

O tema elixido para o Ceip Valle-Inclán foi O Apalpador.

A gravación do programa fíxose na nosa biblioteca, tras traballar nas aulas o tema e aprender unha cantiga tradicional sobre o  Apalpador.

Estade atentos a web porque comunicaremos o día da emisión do programa na televisión!

 

 

Pasádeo moi ben e lembrade que ler ou que vos lean un bo libro é do máis gratificante.

Felices festas!


 

40 ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

 

A comezos do mes de decembro os alumnos de Educación Primaria, axudados pola profesora Miriam, elaboraron un lapbook sobre A Constitución Española.

Deste xeito quixeron conmemorar o seu 40 Aniversario e lembrar que a Constitución Española é a norma básica do estado, a lei máis importante do noso país, a que recolle as normas esenciais que debemos seguir todas as persoas.

 


 30/11/2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO 

 

Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.

 

 

Ao longo de todo o mes de novembro todos fomos científicos e científicas na Biblioteca do CEIP Valle-Inclán e desenvolvemos experimentos moi divertidos. Aquí tedes unha pequena mostra dalgún dos experimentos realizados:

  


 

0

O obxectivo deste concurso é a de concienciar aos estudantes da necesidade da conservación na natureza dada a súa importancia para a sociedade.

O xurado do concurso escolleu 10 debuxos finalistas en cada categoría, sendo 4 dos finalistas, alumnos/as do noso centro. Noraboa aos premiados!

 

 

 

Miriam, a mestra de Pedagoxía Terapéutica do colexio, realizou varias actividades de neurociencia na biblioteca, tanto cos alumnos de Educación Infantil coma cos de Educación Primaria.

Os alumnos aprenderon que o noso cerebro é o que nos permite percibir, pensar e sentir; xogando un papel crave no modo de facer as cousas.

 

 

 

A través de varios xogos e actividades os nosos alumnos e alumnas descubriron as función do cerebro nun ambiente de diversión e desafío. Grazas profe Miriam! 

 


 30/11/2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

O 3 de decembro é a data elixida para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este día nace co obxecto de axudar a entender as cuestións relacionadas coa discapacidade e defender os dereitos das persoas con discapacidade.

 

  

Miriam, a nosa mestra de Pedagoxía Terapéutica, impartíu unha charla na que nos falou dos diferentes tipos de discapacidade e nos fixo ver as dificultades as que se enfrontan diariamente as persoas discapacitadas.

 

Posteriormente lemos, comentamos e reflexionamos, de forma conxunta, sobre os contos: “O cazo de Lorenzo” e “Por cuatro esquinitas de nada”

 


 23/11/2018

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro é a data escollida pola ONU para celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo, sendo un problema que afecta a familias e comunidades de todas as xeracións e de todos os ámbitos sociais.

 

 

 

Para conmemorar ese día, no CEIP Valle-Inclán, levamos a cabo varias actividades ao longo de toda a semana.

Elaboramos carteis, con lemas e frases, que fan alusión á igualdade de oportunidades e a non violencia de xénero.

 

 

Na biblioteca, limos e conversamos sobre varias lecturas relacionadas co tema.

 

 

Dentro das aulas, analizamos diferentes situacións e accións de maltrato no ámbito escolar, reflexionando sobre cales serían os pasos para resolver un conflito de forma non violenta. Tamén, analizamos a linguaxe sexista en medios de comunicación, libros, música...

 


 20/11/2018

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

 

 

O día 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia, co obxectivo principal de recordarlle á cidadanía que os nenos e nenas  son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, os que máis sofren a crises e os problemas do mundo. 

Neste día quixemos lembrar que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceron.

 


9/11/2018

MAGOSTO

 

Coa chegada do outono, os alumnos de Educación Primaria, elaboraron unha recompilación de adiviñas, cantigas, refráns e ditos sobre o outono e o magosto.

Para a súa elaboración empregaron a información que acharon en internet, pero tamén diversos textos orais de tradición cultural que recolleron nas súas casas.

 

 

Despois, os alumnos de Educación Primaria léronlle o seu libro aos alumnos de Educación Infantil.

 

 

Para rematar a semana, o día 9 de novembro, celebramos o magosto cuns divertidos xogos dentro do colexio, pois este ano as condicións meteorolóxicas nos marcaron como obrigatorios os recantos a empregar.

Unha vez rematados os xogos, recuperamos forzas cun xantar, no pavillón de deportes, a base dun menú cun produtos típicos desta festa: chourizos asados, churrasco, chocolate e castañas asadas.

Se queres ver o ben que o pasamos, preme aquí

 


 31/10/2018

O SAMAÍN

O mércores 31 de outubro, celebramos na biblioteca do CEIP Valle-Inclán a festividade do  Samaín, unha festa orixinariamente europea e moi ligada a Galicia.

O Samaín, que sempre se celebrou na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era a festividade de orixe celta máis importante, e servía como celebración do final da tempada de colleitas. De feito, era o "Aninovo celta", a noite na que se pasaba dun ciclo anual a outro.

Pasamos unha mañá moi amena, chea de  sorpresas e xogos arrepiantes que comezaron coa entrada á nosa biblioteca a través  do "Túnel do terror"

 

 

A continuación visionamos, no noso encerado dixital, unha película relacionada coa temática do Samaín.

 

 

Elaboramos as nosas "Apócemas máxicas" axudados por un xogo de palabras elaborado polas mestras para  esta celebración,  e divertímonos intentando resolver unha serie de  adiviñas arrepiantes.

 

 

  

Escribimos nun papel os nosos medos e pesadelos para despois prenderlle lume e que desaparezan...

 

 

E rematamos cunha serie de xogos nos que o pasamos de medo!

 

 

Se queres ver máis  fotos do Samaín, fai clik aquí


 

 

RECOMENDACIÓNS PARA UN SAMAÍN DE MEDO

 

 


 24/10/2008 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

O día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, unha data que se celebra dende o ano 1997 pola iniciativa da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil para lembrar o incencio da Biblioteca de Saraxevo no ano 1992 durante o conflicto dos Balcáns.

A biblioteca do Ceip Valle-Inclán organizou varias actividades nas que participaron todos os alumnos e mestres do centro.

 

 

Os nenos e nenas de Primaria conversaron sobre as actividades que realizan habitualmente na biblioteca do centro. Tamén falaron sobre o seu  libro favorito, conseguindo deste xeito captar a atención dos seus compañeiros e sacarlles un sorriso ou unha mirada de admiración coa historia que  estaban contando.

Para rematar, debuxaron os protagonistas das súas historias.  

 
 
 
 
 

 11/10/2018
 
ALGUÉN NO MAR
 
 
 
 
 
 
 Aire do noso vento,
auga do noso mar,
vento ben querido,
        vento que has de voltar.
 
Con estes versos comeza a interpretación teatral que fomos a ver  á casa da cultura de Mugueimes o día 11 de outubro.
"Alguén no mar" é unha obra de teatro moi orixinal que aposta pola dinamización social da nosa cultura a través da poesía, da música e o baile.
 
Se queres ver como a poesía se converteu na protagonista do día, fai click aquí
 

28/9/2018

CARTA DE BENVIDA

 

Hoxe Dino Letras, a mascota da nosa biblioteca, envioulles aos nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán unha carta na que os informaba da apertura da biblioteca e dalgunha novidade máis para este curso escolar.

 

 


 

 

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR 

 

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 

Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... 

Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.  

https://drive.google.com/open?

Distribuir contido


by Dr. Radut