Skip to Content

Curso 2018/2019

CEIP Valle-Inclán

 

 

CURSO  2018/2019

 


 

20/06/2019

CHARLA E EXHIBICIÓN SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

 

 

Para ver máis, fai click aquí

 


 

19/06/2019

A ALDEA CAVERNÍCOLA

                        

O mércores 19 todos os alumnos gozamos dun día diferente fóra do colexio. Fomos visitar a Aldea Cavernícola en Leiro, onde os maiores montaron en piragua, as profesoras e nós camiñamos sobre o río no cilindro xigante, xogamos no futbolín humano, démonos cachiporrazos na loita de gladiadores, montamos no toro mecánico, no tiro con arco intentamos dar na diana, dende os máis pequenos  aos maiores percorremos a pista de obstáculos…, e unha chea de cousas máis.

Pasámolo xenial !!!

E de volta no autobús algún que outro votou unha cabezadiña.

 

Se queres ver todo o ben que o pasamos, fai clik aquí.

 


 

 XEADOS SAUDABLES DE AMORODO

 

 


 

18/06/2019

A DISCRIMINACIÓN DA MULLER

Hoxe tivemos unha  actividade, no centro, onde simulamos as difíciles probas que pasa a muller no día a día analizando as situacións de discriminación que sofre, por todo isto pintámonos a cara como heroínas-guerreiras a prol da igualdade. E para rematar xogamos a adiviñar o nome de mulleres importantes as cales emparellamos ca súa fotografía e lemos un resumo da súa biografía.

 

 Se queres ver algunha foto fai  click aquí.

 


 

17/06/2019

PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O luns 17 de maio recibimos como todos os anos a visita da Garda Civil no noso centro para afondar nos valores.  Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º recibiron unha instrutiva charla sobre importancia da igualdade e respecto entre todos independentemente do xénero. Unha vez máis queremos expresar o noso agradecemento á Garda Civil pola súa labor coa mocidade.

 

Para ver o álbum completo, fai click aquí

 


 

14/06/2019                               

VISITA Á PORTA DE MUÍÑOS

 

Hoxe foi unha xornada diferente, coñecemos un pouco máis a nosa contorna. Visitamos o Centro de Interpretación da auga "Porta de Muíños" onde descubrimos a importancia que tivo a auga ao longo dos séculos, a relación entre esta o Parque Natural do Xurés e os seus habitantes, así como os encoros que hai. Despois fomos ao Foxo do Lobo e a Casiña da Moura onde nos contaron a súa historia..., pero tamén houbo tempo para disfrutar dos diferentes xogos que nos tiñan preparados.

 

Se nos queres ver fai click aquí.

 


 

PARTICIPAMOS DO PROGRAMA DO FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA ( FOGGA )                                                                   
                   

                   

                                             1ª SEMANA                                                                  2ª SEMANA

O noso Centro participa no Plan de Consumo de Froitas na Escola polo que dende o 27 de maio ao 7 de xuño na hora do recreo todo o alumnado consumiu cada día unha froita diferente, descubrindo así, o boa que está e o importante que é tomarla.

 


 

4/06/2019                               

VISITA AO COUTO MIXTO

O martes 4 visitamos a Porta de Calvos de Randín, adicado á historia do Couto Mixto; alí fomos a igrexa de Santiago de Rubiás (lugar de reunión do "parlamento" do Couto Mixto) onde nos contaron a súa historia, vimos as súas pinturas e o lugar onde se custodia a arca, acercámonos á estatua de Delfín Modesto o último xuíz, e a pesar do tempo percorremos con entusiasmo parte do camiño privilexiado. A xornada rematamola no Centro de Interpretación.

 

Se queres ver todo o que fixemos fai clik aquí.

 


 

14/05/2019                               

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA 

 

Hoxe, venres 14 de maio, veu Sabela, ao noso colexio, a contarnos unha morea de historias que nos encantaron.Tan ben o pasamos que  non perdemos detalle de todo o que nos contou!

Se queres ver máis sobre esta actividade, fai click aquí!

 


 

06/05/2019 

VISITA DIDÁCTICA Ó SUPERMERCADO 

  

Hoxe fixemos unha visita ó supermercado Eroski de Celanova dentro do programa Escuela de Alimentación "Enerxía para crecer" da fundación Eroski.

Coñecemos as distintas seccións dun supermercado, como facer a compra para elaborar un menú saudable, petiscamos e rematamos a sesión cuns divertidos xogos.

 

Para ver todo o que aprendemos, fai click aquí 

 


30/04/2019

  PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE

 


Este curso participamos no Programa Escolar de Consumo de Leite, por iso o martes 30 visitounos persoal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que a través do vídeo de "Lucy e a pandilla de lácteos"e o seu posterior debate tomaramos conciencia da importancia de consumir lácteos e as racións diarias recomendadas, así como a procedencia, modo de elaboración e variedade de lácteos... Finalmente fixemos e xogamos cos xogos e videoxogos didácticos de Lucy.

 

Se queres ver todo o que aprendemos,  fai clik aquí.    

 


 

8/04/2019

  TEATRO: EU COCIÑO,  ¿TI COCIÑAS?

 

 

O luns 8 de abril fomos ao Auditorio de Ourense para asistir á representación duha divertida obra musical: Eu cociño, ¿ti cociñas?,  da man do grupo musical infantil Mamá Cabra. Nesta representación a cociña e os alimentos saudables foron os protagonistas das diferentes e divertidas cancións, tamén aprendemos que:  "cociñando con amor se cociña mellor". 

Que ben o pasamos cantando e bailando.

 

Se queres ver algunha foto, fai click aquí.

 


 

5/04/2019

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 

 

O domingo 7 de abril celébrase o Día mundial da Saúde e para lembrarnos a súa importancia e como coidarnos visitáronnos pesoal da Cruz Vermella de Celanova para promover hábitos e estilos de vida saudable. A través de diferentes actividades e cancións tomamos conciencia da importancia dunha alimentación sa como base da nosa saúde, forma de disminuír trastornos da alimentación e previr enfermidades ( hipertensión, diabete, obesidade, enfermidades cardiovasculares...)

 

Se queres ver máis, fai click aquí. 

 


 

28/03/2019

 CHARLA:  BODYBOARD

 

Hoxe Marcos, o noso orientador, falounos do Bodyboard, un deporte acuático baseado no deslizamento sobre a superficie ou a parede dunha ola cunha táboa. Ensinounos como son as táboas de bobyboard, os traxes de neopreno e as aletas.  Foi unha xornada moi divertida na que aprendemos, por medio de xogos e videos,  algúns dos movementos e formas básicas de desprazamento que emprega este deporte. Moitas grazas Marcos!

 

Para ver a galería de fotos desta actividades, fai click aquí

 


 

27/03/2019

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

 

 

O mércores 27 de marzo visitáronnos persoal do Servizo Galego de Saúde, e grazas a eles convertímonos por unhas horas en pacientes e médicos. Durante esta xornada aprendemos a recoñecer e actuar en situacións de urxencia máis habituais, desde as máis comúns (golpes, cortes, quemaduras, vómitos, febre...) a outras de maior gravidade (atragantamientos, falta de consciencia, como iniciar as manobras cardiopulmonares...), ensináronnos cando e como se debe alertar aos servizos de urxencias...

Foi unha xornada moi amena e instrutiva.

 

Se queres ver todo o que aprendemos, fai clik aquí.

Tamén vos deixamos o  enlace do Blog de Pupas, Sustos e outros disgustos

 


 

25/03/2019

"COIDANDO A MIÑA BOCA"

 

O luns 25 de marzo estivo no Centro persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense, para ofrecernos unha interesante e instrutiva charla sobre a saúde bucodental. Con esta actividade aprendemos moitas cousas: hábitos de alimentación e de hixiene da boca ( como realizar un bo cepillado dos dentes), así como as funcións básicas da boca e dos dentes, as súas partes, que son as caries, enfermidades da boca e medidas de prevención, a dentición... Grazas Ana por ensinarnos tantas cousas e resolver as nosas dúbidas.

 

Se queres ver máis, fai click aquí.

 


 

20-22/03/2019                                                                          

     SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

 

Durante esta semana no Centro celebramos a Semana Escolar da Árbore e da Auga, e para elo nas aulas fixemos diferentes actividades partindo  do conto “Dama de Auga e o Segredo das Árbores”  achegado pola Deputación de Ourense para cada un de nós. Por outra banda visitáronos persoal de Medio Rural do Distrito Forestal XV – A Limia que nos agasallaron con diferentes árbores que plantamos no patio do colexio aos cales bautizamos con diferentes nomes, ademais fixemos diversos xogos e para rematar a xornada cada un recibiumos unha bolsa con premios e o nomeamento de “Vixilantes dos montes”.

Pasamolo moi ben!!!  e agradecemos a súa visita esperando volvelos a ver pronto.

 

Se queres ver máis destas xornadas, fai click aquí.

 


 

PARTICIPAMOS DO PROGRAMA DO FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA ( FOGGA )

 

     

                                            1º PERÍODO                                                             2º PERÍODO

Este curso é o 2º ano que participamos no Programa do Plan Proxecta "Aliméntate Ben", pero o primeiro no programa (FOGGA) de axudas para el subministro de leite nos centros escolares. Estes días estamos xa no segundo período de 20 días de consumo de leite na hora de lecer.

 


 

8/03/2019 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER  

O venres 8 de marzo conmemoramos, no Centro, O Día Internacional da Muller, este día visitáronnos persoal voluntario da Cruz Vermella de Celanova. A actividade comezou explicandonos o porque e o significado desta data, coñecemos o nome de importantes loitadoras pola igualdade e polos dereitos femininos, resaltamos a importancia do traballo doutras mulleres que nos rodean na nosa vida cotiá, fixemos xogos, realizamos certificados de agradecemento para as mulleres máis importantes da nosa vida... 

Dámoslles as grazas ao persoal de Cruz Vermella pola súa visita.       

 

Se quere ver máis, fai click aquí!

 


 

7/03/2019

MUSEO DO ENTROIDO

O xoves 7 de marzo visitamos o Museo do Entroido en Xinzo de Limia onde nos mostraron obxectos e explicáronnos as tradicións dunha das celebracións máis importantes de Galicia. Ademais vimos de cerca os traxes típicos por excelencia desta festa, entre os que se atopaba o Cabreiro.

 

Se queres saber o que vimos, fai click aquí.

 


 

1 /03/2019

ENTROIDO

O venres 1 de marzo a "Tribu Saudable" do CEIP. VALLE - INCLÁN percorremos as rúas principais de Mugueimes, levando consellos saudables a toda a comunidade. A primeira parada foi na Residencia - Centro de Día "Virxe da Clamadoira" na que nos recibiron con gran ledicia, usuarios e traballadores, todos disfrazados de diferentes froitas e convidáronnos a unha deliciosa merenda. Despois de pasar polo Concello fomos ao parque onde exhibimos os nosos traxes, sacamos fotos, houbo caramelos, confeti... Continuamos polas rúas ata volver ao colexio para repor forzas cun saboroso picoteo, xentileza dos pais.

Dámoslle as grazas a todas as persoas que colaboraron, animaron e acompañaron a nosa pequena tribu.

Ata o próximo ENTROIDO!!!

 

Se quere ver máis, fai click aquí

 


 

21-28 /02/2019

COMPADRES - MECO - COMADRES

Na véspera do gran día tivo lugar o xoves de comadres. Entre as bonecas feitas polo alumnado de primaria elixíronse as comadres que se salvaron da gran batalla. Un ano máis foi moi difícil elixir cales se salvarían.

 

Na semana grande volveu o Meco para anunciar os seus mandados, que cumprimos todos os alumnos e profesores, evitando así sufrir a súa maldición!!!!

 

Achégase o Entroido a Muíños, e para ir abrindo as portas á troula, no CEIP Valle - Inclán comezamos co xoves de compadres, o 21 de febreiro.

 

Que guapos estabamos!! Se queres velo e saber o ben que o pasamos, fai click aquí.

 


 

30/01/2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O  mércores 30 de xaneiro celebramos no Centro o día da PAZ, para conmemorarlo os alumnos de primaria fixeron un mural onde expuxeron os seus desexos, os máis cativos  realizaron manualidades, aprenderon cancións...

Aquí vos deixamos algunhas das actividades que fixemos.

 


 

30/01/2019

POR UNHA MOCIDADE  SAUDABLE !!!

O  mércores 30 de xaneiro volveunos a visitar a nosa amiga Puri do Departamento Territorial de Sanidade de Ourense, para seguir mellorando os nosos hábitos alimenticios e afondar nos coñecementos de saúde. Nesta ocasión con ela aprendeuse a elaborar menús saudables e o máis cativos a saber escoller os alimentos máis apropiados para un adecuado crecemento.

 

Se queres ver todo o que aprendemos, fai click aquí.    

 


 

28/01/2019

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE

A partir de hoxe desfrutaremos do 1º período, durante 20 días, de leite fresco na hora de lecer.   Que bo está!

 


 

11-25/01/2019

XOGOS POPULARES

Os días 11 e 25 de xaneiro visitounos Lito, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo, que unha vez máis fíxonos pasar unhas horas moi divertidas cos diferentes xogos tradicionais que nos trouxo. Este curso tocounos aprender a xogar aos bolos, á birolla, á ra, con peóns e cos aros populares como xogaban os nosos avós. Para rematar fixemos frautas cun material tan cotiá como son as palliñas.

 

Se queres ver os xogos e o ben que o pasamos, fai click aquí.

 


 

21/12/2018

O NADAL

O venres 21 de decembro celebramos no Centro a chegada do Nadal. Foi unha xornada chea de sorpresas, na que nun dos descansos recuperamos as forzas cunha saborosa e moi saudable merenda. Para rematar esta divertida xornada tivemos unha inesperada visita, o Rei Melchor, que fixo unha parada na súa longa viaxe para deixarnos os primeiros agasallos. Ao rematar este día tan especial comezaremos as vacacións de Nadal.   FELICES  FESTAS!

 

Se queres ver máis sobre esta xornada,  fai click aquí. 

 


 

4/12/2018

  TEATRO: "EL MÁGICO PLANETA DE LOS INSTRUMENTOS INSÓLITOS"

O martes 4 de decembro fomos ao Auditorio de Ourense para asistir á representación dun divertido concerto didáctico: "El mágico planeta de los instrumentos insólitos", da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, membros da compañía Fetén Fetén; con eles emprendemos unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular. 

 

Se queres ver máis sobre esta actividade, fai click aquí.

 


 

27/11/2018 

 DEPORTE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS

 

O martes 27 de novembro os deportistas do noso colexio competiron na carreira de campo a través, que se celebrou no Corgo e na participaron, como cada ano, numerosos centros.

 

Se queres ver aos nosos deportistas, fai click aquí.

 


 

23/11/2018 

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

  

 


   

 09/11/2018

 MAGOSTO

 

O venres 9 de novembro celebramos o Magosto no Colexio. Durante este día a biblioteca e todos os corredores do Centro convertéronse en zonas cheas de xogos superdivertidos como foron: o bingo outonal, a oca do magosto, o zampa-castañas, as castañas musicais, caza-castañas, fixemos carreiras de castañas... Para rematar a xornada e recuperar forzas subimos ao pavillón onde degustamos un rico churrasco e de sobremesa castañas asadas.

 

Se queres ver o ben que o pasamos, fai click aquí.

 


 

31/10/2018

 SAMAÍN

O mércores 31 de outubro os corredores do centro enchéronse de morcegos, vampiresas, bruxas, esqueletos, cabazas, demos..., para celebrar a gran festa do medo: O Samaín. Foi unha xornada chea de sorpresas, concursos, xogos..., na que para rematar queimáronse todos os nosos medos. Pasámolo terrorificamente ben!

 

 Se queres ver máis sobre esta xornada, fai click aquí.

 


 

19/10/2018

DÍA DA ALIMENTACIÓN II

 

O venres 19 visitaron o centro persoal da Escola Galega de Consumo (EGC) para impartir a todo o alumnado unha charla participativa na que coa axuda da pirámide nutricional aprendemos as características básicas dos distintos alimentos, os seus nutrientes e de como manter unha dieta saudable.

 

 Se queres ver todo o que aprendemos, fai click aquí.

 


 

16/10/2018

DÍA DA ALIMENTACIÓN I

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O 16 de outubro, na clase de inglés, celebramos o "International Food Day". Durante esta xornada mediante diversas e divertidas actividades profundizamos no problema alimentario do mundo, reflexionamos sobre a importancia de ter unha dieta saudable, de reciclar e de como facer compós.

 

Se queres ver máis sobre esta actividade,  fai click aquí. 

 


 

15/10/2018

CIENCIA EN RUTA

O luns 15 de outubro visitounos un científico do programa Ciencia en Ruta con quen realizamos dous obradoiros. O 1º foi o "Obradoiro de Dixestión", no que o noso compañeiro o robot Robbie ensinounos a importancia e función dos órganos do aparato dixestivo e a importancia dunha alimentación sa e equilibrada. O 2º o "Obradoiro de: Sistema Solar", no que descubrimos, de xeito manipulativo, o tamaño e as distancias dos distintos corpos que poboan noso espazo máis próximo.

 

Se queres ver todo o que apredemos,  fai click aquí.

 


 

11/10/2018

TEATRO "ALGUÉN DO MAR"

IMG_2671.jpg

O venres 11 de outubro acudimos á Casa da Cultura de Muíños, convidados polo Concello, para asistir a unha representación teatral a cargo de Álvaro Muras que nos deleitou ca súa obra "Alguén no Mar".

 

Se queres ver máis sobre esta actividade, fai click aquí.

 


 

  

                 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut