« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Pais/Nais

 Taboleiro ANPA
 menú marzo 2017
 
 
 
Taboleiro ANPA 

 

Iniciar sesión

The Sobreira Times

Press / Radio

Poñemos en marcha este espazo na web, para compartir con toda a Comunidade Escolar novas relacionadas con eventos da nosa vida na escola que son importantes para o noso alumnado.

 

Visita do Alcalde á nosa Semana Cultural

O alcalde, Abel Caballero, visitou a nosa "semana cultural"

Neste curso 16/17 o tema común do cole foi

“Con Vigo na Maleta” para investigar sobre a emigración.

 

 

Así foi que investigamos sobre persoeiros relevantes da nosa cidade e a súa pegada ao retornar con proxectos para toda a comunidade.

Toda esta información transformámola en traballos de distintos formatos que están expostos no cole.

Espazo escolar - programa de maio

    CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

 

(CEIP Sobreira no minuto+-0,10)

Os nenos de 1º e 2º do Sobreira viaxaron na máquina do tempo a entrevistar a Policarpo Sanz. Os de 4º entrevistan a algúns avós que tamén foron emigrantes. E cun pé aquí e outro alá, escoitamos ao profe de conversa de inglés do IES Sobreira. Ademáis, os mais cativiños de todo trouxeron os seus pais e as súas nais para que lles leran un conto durante a Feira do Libro.

Cada mes, un novo capítulo deste "Espazo Escolar" achegará as novas dos coles de Valadares aos veciños a través das ondas!!

capítulo nº3 "Espazo Escolar" - marzo

    CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

 

(CEIP Sobreira no minuto+-26,00)

 capítulo 3 do "Espazo Escolar"  Neste programa escoitamos as creacións literarias en forma de poesía dos obradoiros avanzados de lingua, coñecemos mais persoaxes vigueses na emigración (Sanjurjo Badía) e tamén como é vivir en Vigo para un auxiliar de conversa en inglés. Saberemos como foi o Entroido e recibiremos a visita do "Lobo feroz".

Cada mes, un novo capítulo deste "Espazo Escolar" achegará as novas dos coles de Valadares aos veciños a través das ondas!!

capítulo 2 "Espazo Escolar" - Febreiro

    CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

 

(CEIP Sobreira no minuto+-16,00)

 Neste capítulo 2 do "Espazo Escolar" Nesta fiestra ao mundo dos mais cativos, entramos no obradoiro de cociña do Colexio Ándersen e coñecemos o proxecto sobre a emigración "Con Vigo na maleta" do CEIP Sobreira.

Ademáis, os nenos da ludoteca do Centro Veciñal xogaron a ser xornalistas coa escritora xuvenil Ledicia Costas. Todo isto acompañado polos Fíos do Querer da Cooperativa Miudiño.

Cada mes, un novo capítulo deste "Espazo Escolar" achegará as novas dos coles de Valadares aos veciños a través das ondas!!

capítulo 1 "Espazo Escolar" especial Nadal

    CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

 

(CEIP Sobreira no minuto+-24,50)

Cociña con Ciencia na radio do CVC Valadares

 

O informativo nº13 (+-minuto3:40) da radio do CVC (Centro Veciñal e Cultural) de Valadares, fai referencia ao taller de Cociña con Ciencia que se desenvolveu no cole con Pepe Solla, Graciela Ramilo e outros investigadores do CSIC.

PLAMBE na radio do CVC Valadares

O informativo nº10 (+-minuto3:15) da radio do CVC (Centro Veciñal e Cultural) de Valadares, recolle a inclusión do noso cole no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).

Informativo semanal da RADIO do CVC de Valadares

O informativo nº7 da radio do CVC (Centro Veciñal e Cultural) de Valadares, recolle a participación do noso cole no programaEnglish Week 2016 dirixido ao alumnado de 6º de primaria. 

Sobreira nas Ondas

Comezamos unha nova aventura, unha nova experiencia de aprendizaxe... imos facer radio!!

Participaremos na radio do CVC de Valadares: colaborando no programa especial escolar mensual, xunto con outros 5 centros da parroquia, para artellar unha hora mensual de programación.

 E, tamén, participaremos no seu informativo semanal aportando reseñas breves coas novas e sucesos máis salientables que acontezan no CEIP Sobreira!!

 Seguídenos nesta nova andaina!!