Ás 11,00h celebraremos un acto de despedida do alumnado de 6º curso de Educación Primaria e de 6º de Educación Infantil ao que están convidadas as familias.
Nesta data teremos unha charla e prácticas de primeiros auxilios.
Moitas grazas a Elena e Bernabé pola súa disposición.
Hoxe recibimos unha charla motivacional no noso Centro para achegar ao alumnado interesado á práctica do xadrez.
O pasado 15 de marzo de 2012 foi aprobado no Parlamento Europeo o Proxecto Chess in the Schools na cal recoméndase a introdución do xadrez no sistema educativo. Estamos falando de impartir o xadrez en horario lectivo, por expertos docentes. A Concellería de Educación do Concello de Vigo promove este plan de "Xadrez nas Aulas" , coa entidade "Xadrez Galego", onde se tentará traballar: concentración, memoria, razoamento, cálculo, toma de decisións e resolución de problemas.
Unha parella de axentes desenvolverá unha sesión sobre seguridade vial, en inglés, co alumnado de 3º ciclo.
Ás 13,00h celebraremos un acto de despedida do alumnado de 6º curso ao que están convidadas as familias.
Hoxe, guiados por Dona Isabel, recollemos fabas escollendo os tirabeques que degustaremos a vindeira semana cunha saborosa receita.
Tamén trasplantamos as amoras sen espiñas que comezaran sendo unha vara e agora xa teñen un bo cepellón de raíces, follas e incluso algunha floriña.
Por último, aproveitamos para limpar nos setos e deixar a terra preparada.
Nesta xornada, Diana Zúñiga (IIM-CSIC) trouxo mostras de zooplancton. Desenvolvimos actividades por quendas, no laboratorio, que quedou así "oficialmente inaugurado"!
O alumnado do 3º ciclo desenvolverá unha actividade no MARCO.