XADREZ NA ESCOLA

04/12/2013 10:00
04/12/2013 11:00
Etc/GMT

Hoxe recibimos unha charla motivacional no noso Centro para achegar ao alumnado interesado á práctica do xadrez.

O pasado 15 de marzo de 2012 foi aprobado no Parlamento Europeo o Proxecto Chess in the Schools na cal recoméndase a introdución do xadrez no sistema educativo. Estamos falando de impartir o xadrez en horario lectivo, por expertos docentes. A Concellería de Educación do Concello de Vigo promove este plan de "Xadrez nas Aulas" , coa entidade "Xadrez Galego", onde se tentará traballar: concentración, memoria, razoamento, cálculo, toma de decisións e resolución de problemas.