OLA A TODOS!
TRAS O PASO GRANDIOSO POLO NOSO COLEXIO DA FABULOSA CONTACONTOS BEATRIZ CAMPOS E O SEU ACOMPAÑANTE AO ACORDEÓN, A SÚA SEMENTE DEU FROITO A SEMANA PASADA.
AS NOSAS DÚAS RAPAZAS DE 5º DE PRIMARIA FIXERON O PRIMEIRO CONTO EN DIRECTO DIANTE DO ESIXENTE PÚBLICO DE TRES ANOS DE INFANTIL E TAMÉN DIANTE DA SÚA CLASE COMA TESTEMUÑAS DO FEITO QUE AXUDARON EN TODO MOMENTO COMO SE PODE VER NO VIDEO A SEGUIR.
Aqueles alumnos que queiran colaborar coa viaxe de fin de curso de 5º e 6º, poderán mercar unha porción de biscoito caseiro por 0,50€.
Informamos a todas as familias de que, a partir da próxima semana comezamos co "Día do Biscoito", todos os luns.
Os alumnos de 5º e 6º agradecen a vosa colaboración..."HOXE POR MIN, MAÑÁ POR TI"
Aquí pódese ver como é unha posta de ovos nunha rama perfectamente agarrada e a barbantesa no momento da posta e cando o capullo inda é líquido e blando.
A nosa compañeira Lucía Rodríguez deshidratou unha pataca tras pasar un día na auga co sal. A paraca da dereita enrugase polo efecto do sal na auga que absorbe todo o líquido e non pode máis que reducir o seu volume pero non a súa pel.
As papas arrugás, famosas nas illas Canarias co seu "mollo picón" teñen o mesmo proceso xa que se cocen coa auga do mar en troques de auga doce.
O noso compañeiro Adrián de 5º decolorou unhas flores brancas con colorante alimenticio natural de azafrán creando unha flor totalmente nova anaranxada. Pódese ver que esa cor non está presente na natureza con esa tonalidade de cor. Sorprendente que a flor inda seguía a tomar zume bruto despois de ser cortada.
O zume de cor laranxa subiu polos vasos leñosos ata os pétalos das flores e conservou esa cor incluso despois de murchar e morrer.
Por sorte a compañeira de clase de Alberto en 5º de primaria, Ainara, fixo a experiencia de metela nunha botella plástica co algodón xa oscurecido e cunha base de terra para que as raíces tiveran sales minerais e darlle un zume bruto con sustancia para que a planta elaborase pola súa conta o seu propio alimento.
Iste é o é o experimento do noso compañeiro Martín de 5º de primaria que nos explicou como se pode facer unha mascota planta viva e que lle creza o pelo sen parar.
Como creedes que deben de ser os pasos para que a nosa nova mascota non morra?
Outros compañeiros da clase de Martín xa o están intentando.
A que esperades para facelo vós tamén!
A nosa barbantesa seguía a ter fame. Por outra banda, xa estaba máis activa do normal escapando da planta da posta de ovos e buscando novos lugares abandoando ás súas crías no capullo.
Os de 5º de primaria fumos pais e nais, testigos da formación do capullo da barbantesa logo de comerse dous machos de barbantesa, que xuntaramos coa nosa protagonista Santa Teresiña. A nosa heroína liscou cara outras plantas e abandonou o capullo, ata que, coa chegada a primavera, eclosionen os ovos e saian as crias ao mundo.
A nosa mascota Santa Teresiña amosouse famenta cada día que pasaba. Démoslle de comer outros insectos vivos coma a bolboreta ou polilla que se está a comer e mesmo outra barbantesa coa que loitou durante o recreo.
Despois de traballar e estudar moito (jiji)
(Alumnado de 6º)