Skip to Content

Avisos e información

Arquivo das novas de actualidade do colexio

Pavillón para o alumnado de Baión

 

Este luns, 30 de maio, a  comunidade educativa concentrouse nas portas do centro para reivindicar que se nos dote das instalacións  que permitan realizar as actividades deportivas nun espazo digno, seguro e coas condicións axeitadas. O centro de Baión leva 30 anos con esta reivindicación e xa vai sendo hora que se atenda esta demanda!

Pavillón para a escola de Baión

A comunidade educativa do colexio de Sestelo-Baión chama á mobilización para reclamar un pavillón. Será cunha protesta o luns 30 de maio ás dúas da tarde na entrada do centro. Contamos co teu apoio!!

Xa somos centro E-Dixgal!!!!

O próximo curso o CEIP Sestelo Baión incorpórase ao programa E-Dixgal da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Este programa permite o uso do libro electrónico e da plataforma educativa EVA. A incorporación no programa será progresiva, no curso 2022/23 o alumnado de 5º de primaria e no curso 2023/24 o alumnado de 5º e 6º de primaria.

Ao comezo do curso faremos unha reunión informativa coas familias do alumnado de 5º de primaria para explicar como se levará a cabo o proxecto e resolver todas as dúbidas que poidades ter. (ver vídeo)

 

Novos protocolos de actuación Covid y detección de infección con test de antíxeno

Pincha sobre as imaxes para descargar os protocolos resumidos.

Experiencia eTwinning do noso alumnado

 

 

Se clicades neste enlace poderedes ver a experiencia formativa do alumnado de 6º de Primaria no proxecto  de eTwinning en colaboración con escolas portuguesas,  italianas e galegas. 

Ao final do artigo ao que accederedes clicando no enlace, tedes a opción de ver e descargar a revista "As árbores", non vola perdades!    

Esta experiencia e moitas máis están recollidas no blogue do equipo de dinamización da lingua galega do noso colexio, que tedes no bloque esquerdo desta páxina web.

Como empregar o servizo de videoconferencias Webex (alumnado)


AbalarMóbil. Como funciona?

No colexio empregamos a aplicación AbalarMóbil para comunicarnos coas familias. Nos seguintes enlaces e videotitoriais tedes máis información sobre todas as funcións que tedes dispoñibles na aplicación.

Pemede aquí para saber como rexistrarvos

Premede aquí para ver a guía completa.

Premede aquí para ver como comunicarvos cos mestres a través do servizo de mensaxería.

Distribuir contido


by Dr. Radut