Skip to Content

Avisos e información

Arquivo das novas de actualidade do colexio

Canle de Telegram

Para mantervos ao día do que pasa no CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión, escanea este QR e recibirás avisos que tamén se colgan na páxina web. Prazos, solicitudes, avisos varios... 

SÍGUENOS!! 

ACOGES+ E ALDEAS INFANTILES SOS

Descarga o PDF para poder ler o documento.

Para máis información visita as páxinas:

Charla para as familias

Continuamos coas charlas de formación para as familias. Trataremos sobre o uso que fan os nosos cativos/as das tecnoloxías e de internet. Este tema preocupa ás familias  e aos docentes. O ponente Óscar Páramos orientaranos sobre como empregalas e educar aos nenos/as no seu uso.

Ven ó noso cole!!

 

FAI CLICK NA IMAXE PARA VELA MELLOR!! 

Pautas para a elección de agasallos de Nadal

As familias do Ceip Sestelo-Baión tiveron a oportunidade de coñecer pautas básicas para a elección dos agasallos infantís nas datas que se achegan e tamén compartir co psicólogo infantil, Óscar Páramos, as súas dúbidas e inquietudes. Foi unha formación moi amena e interesante

Óscar deixounos a presentación que empregou na  charla para así lembrar o tratado e afondar noutros contidos.

 

Pautas para a elección dos agasallos de Nadal


 

CHARLA PARA AS FAMILIAS

  • Día: Xoves 24 de novembro
  • Hora: 18:30 h
  • Lugar: Ceip Plurilingüe Sestelo-Baión

 

Xa falta pouco para o Nadal, datas nas que os/as nenos/as reciben unha chea de agasallos.

Nesta charla, o psicólogo Óscar Páramos, ofrecerá recomendacións para que o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos elixan ben os agasallos, acerten co gusto e necesidades dos/as cativos/as e  lles axuden na súa evolución.

Non a perdades! Agardámosvos!!

   

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Facemos pública a comunicación dos acordos da primeira acta oficial da xunta electoral xunto co modelo de presentación de candidatura para o consello escolar. Animádevos!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut