Skip to Content

Artigos

Visita de Totan Kundu

Este curso, o alumnado de sexto de  primaria, está traballando e investigando sobre distintos paises do mundo, entre eles a India. Para profundizar no coñecemento deste país recibiron a visita de Totan Kundu, un xoven indio que vive na actualidade en Ourense. Totan faloulles da súa cultura, costumes e tradicións e o alumnado aproveitou  para realizar e gravar unha entrevista.

Moitas grazas Totan!!!! Agárdamos verte pronto por Baión!!

As mulleres nas STEAM

Teresa Rivas, profesora na facultade de enxeñería da universidade de Vigo, visitou o noso centro co obxectivo de fomentar a vocación científico-tecnológica entre as nenas. O alumnado de sexto sensibilizouse sobre o papel das mulleres no mundo da investigación, da ciencia e da tecnoloxía. Na charla abordáronse temas como os esterotipos que nos rodean e o traballo das mulleres na ciencia ao longo da historia. 

Seguro que hoxe nalgunhas das nosas nenas despertouse a motivación cara as carreiras científico-técnico e impúlsalles a iniciar este camiño nun futuro.

 

 

Charla de Iria Veiga

A pasada semana tiveron os alumnos y alumnas de 6º de primaria unha visita moi especial, a psiquiatra e divulgadora científica Iria Veiga.

   

A súa charla xirou sobre o papel da muller na ciencia, moitas veces esquecido e normalmente pouco valorado. Con ela coñeceron o papel e a importancia de científicas ao longo da historia, dende Hipatia, pasando por Ada Lovelace, Hedy Lamarr ... e tamén reflexionaron sobre os módelos de mulleres científicas que nos ofrecen os medios de comunicación.

A actividade foi moi interesante e serviu para romper prexuizos e coñecer o valor, as aportacións e o potencial das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.



by Dr. Radut